Torre De Teodomiro: Castelo altomedieval no Monte do Gato

A Torre de Teodomiro, tamén denominada como o Castelo de Teodomiro, foi un castelo altomedieval situado no monte do Gato.

Coñecida unicamente a través de fontes documentais, foi declarada Ben de Interese Cultural no ano 1994. É, por tanto, un ben singular en Galiza.

Torre de Teodomiro
ben de interese cultural
ParroquiaFervenzas, Rodeiro
ConcelloAranga, Oza-Cesuras
ProvinciaA Coruña
Comunidade
autónoma
Galiza
Coordenadas43°11′59″N 8°07′13″O / 43.19968, -8.120288°07′13″O / 43.19968, -8.12028
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal(século VI)
Estado actualvestixios
Ben de Interese Cultural
DeclaraciónResolución DGBAA
Data17 de outubro de 1994
CategoríaMonumento
CódigoRI-51-0008825
Mapa de localización
Torre de Teodomiro en A Coruña
Torre de Teodomiro
Torre de Teodomiro
Véxase tamén
Castelos de Galiza
editar datos en Wikidata ]

En 2021 acháronse os seus posíbeis restos arqueolóxicos.

Historia

A fundación desta fortificación produciríase na Alta Idade Media, na época do reino suevo de Galiza. Segundo o Cronicón de Walfrido foi o rei suevo Teodomiro quen arredor do ano 550 encargou a súa construción no Monte Cato. Recibía o nome de Castrum Feacium, topónimo que hoxe dá nome á inmediata parroquia de Feás, e situábase fronte ao camiño que ligaba Betanzos con Curtis, Sobrado ou Lugo, isto é, nun contexto viario estratéxico.

Posteriormente houbo unha ocupación medieval dos condes de Présaras.

En 1892, Manuel Martínez Santiso na súa Historia de la Ciudad de Betanzos facía referencia á fortaleza e informaba de que xa non ficaban restos. En 1918, o historiador e arqueólogo Ángel del Castillo cría que non había «xeito nin de reducir a súa situación nin de probar a súa existencia». Na Geografía General del Reino de Galicia, publicada en 1928, Uxío Carré Aldao mencionábaa dentro da parroquia de Fervenzas (Aranga).

No ano 1994 foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC), malia non existir na altura indicio ningún sobre a localización nin estruturas. Recibiu esta declaración por mor dun decreto estatal que protexía tódolos castelos independentemente do seu estado. Tamén foi incluída no Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Aranga, que se aprobou en 2013. Aínda que sen xeolocalizar, situouse na parroquia de Fervenzas. A falla de indicios sobre os seus restos provocou a intención de analizar a súa baixa como Ben de Interese Cultural.

Torre De Teodomiro: Castelo altomedieval no Monte do Gato 
A estrutura elíptica achada por A. Malde apréciase na vista aérea do voo efectuado sobre a zona en 1985.

Diferentes autores seguiron a se referir á fortaleza ao escribir sobre Fervenzas. Francisco Pato Fandiño, na súa obra de 2018 sobre a parroquia de Santa María de Ois (Coirós), consideraba posíbel que se localizase no lugar denominado Cruz do Campo Xaneiro, onde converxen as parroquias de Ois, Fervenzas, Bandoxa e Rodeiro (estas dúas últimas do concello de Oza-Cesuras). En abril de 2021, o arqueólogo Antón Malde, seguindo a toponimia e empregando as modernas técnicas de análise xeográfica, achou «fortes indicios» dos restos algo máis ao sur, no lugar do Castelo de Arriba (Rodeiro). A radiografía do terreo, o cal estaba totalmente cuberto de vexetación, permitiulle apreciar o que semellaba unha «muralla elipsoidal e probabelmente un corpo central».

Ao mesmo tempo, as empresas Greenalia e Galernegy, que pretenden instalar até 40 muíños eólicos na mesma zona do castelo altomedieval, alén de omitiren a existencia dunhas mámoas no seu estudo arqueolóxico, tampouco facían referencia ao BIC. Perante esta situación, o BNG reclamou no Parlamento protección para a fortificación, así como medidas concretas para a súa conservación e posta en valor. Representantes da dirección xeral de Patrimonio, nunha xuntanza coa acabada de constituír plataforma Aire Limpo nas Mariñas-Mandeo, amosábanse remisos a explorar o terreo e mesmo chegaban a soster que a declaración como BIC fora un «erro», en referencia á posíbel descatalogación.

Após o achado, Malde presentou o proxecto técnico á Dirección Xeral de Patrimonio co fin de solicitar permiso para realizar unha prospección arqueolóxica mediante a cal poder levar a cabo a identificación e delimitación do ben. Esta prospección foi promovida pola asociación de veciños San Vicente de Fervenzas. Días despois o propio conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, confirmou a autorización no Parlamento ao responder unha pregunta da deputada Mercedes Queixas (BNG) sobre a cuestión. Os traballos de campo permitiron ao arqueólogo confirmar a existencia dun recinto fortificado altomedieval que se correspondería, segundo tódolos indicios, coa Torre de Teodomiro.

Notas

Tags:

1994Alta Idade MediaBen de Interese CulturalCastelo (fortificación)GalizaMonte do Gato

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Tonhito de PoiFranciaCelso Emilio FerreiroJosep BorrellEndomorfismoRuxe RuxeTMasturbaciónO sol do veránMaspalomasPadre CasaresArde BogotáLuis ZaheraCouto MixtoMemorias dun neno labregoDonald TrumpXabier DeiveHistoria da electricidadeDonicelaPili PampínDadaísmoBillardaCarlos MourizEstatuto de autonomía de Galicia de 1981BoroMiñocaPO-255FingeringDicionario biográfico de GaliciaSalvaterra de MiñoMiguel de CervantesChanéSainte-ChapelleRaffaella CarràPAlexandre BóvedaHorteláConflito das EncrobasLista de nomes masculinos en galegoRuta da pentosa fosfatoAbrilDolores DelgadoAC/DCMaverick ViñalesSegunda República EspañolaLista de códigos telefónicos internacionaisBudismoCamilo Nogueira RománAntonio ReigosaÁnxel CasalBurt LancasterEclipse solarLoureiroThomas Andrews (construtor naval)Xela AriasXosé Díaz Arias de CastroLucidio VimaranizCova de AltamiraStephanie KwolekThe Murder CapitalVienaPaís VascoRosa ParksPoloniaBoris IzaguirreGalizionarioGoretti SanmartínXogos floraisMitoloxía galegaFlorenciaManuel Lugrís FreirePaula ConsBossa nova🡆 More