Theodore Roosevelt Jr, tamén coñecido como Teddy Roosevelt, nado en Nova York o 27 de outubro de 1858 e finado en Sagamore Hill o 6 de xaneiro de 1919, foi presidente dos Estados Unidos de 1901 ata 1909.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2021.) |
Theodore Roosevelt, Jr. | |
---|---|
Theodore Roosevelt Jr. | |
26º Presidente dos Estados Unidos | |
Período | 14 de setembro de 1901 – 4 de marzo de 1909 |
Antecesor | William McKinley |
Sucesor | William Howard Taft |
25º Vicepresidente dos Estados Unidos | |
Período | 4 de marzo de 1901 14 de setembro de 1901 |
Antecesor | Garret Augustus Hobart |
Sucesor | Charles Warren Fairbanks |
33º Gobernador de Nova York | |
Período | 1 de xaneiro de 1899 31 de decembro de 1900 |
Antecesor | Frank Swett Black |
Sucesor | Benjamin Barker Odell, Jr. |
Datos persoais | |
Nacemento | 27 de outubro de 1858 |
Nova York | |
Falecemento | 6 de xaneiro de 1919 |
Cove Neck, Nova York | |
Organización | Partido Republicano Partido Progresista |
Pai | Theodore Roosevelt Sr. |
Nai | Martha Bulloch Roosevelt |
Cónxuxe | Alice Hathaway Lee (m. 1880–84; morte dela) Edith Kermit Carow (m. 1886–1919; morte del) |
Fillos | Alice Lee Roosevelt Theodore Roosevelt III Kermit Roosevelt Ethel Carow Roosevelt Archibald Bulloch Roosevelt Quentin Roosevelt |
Alma máter | Harvard College, Universidade de Columbia, Columbia Law School e Friends Seminary |
Profesión | Político Autor Historiador Explorador Conservacionista |
Relixión | Igrexa reformada neerlandensa |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi un político americano que viña dunha rica familia de colonos holandeses establecida en América desde o século XVII, entrou no Partido Republicano e converteuse no líder da tendencia imperialista.
Secretario agregado á Mariña (1897-98), dimitiu para encabezar un corpo de cabaleiros voluntarios, o "Rough Riders" que se destacarían contra os españois durante a guerra de Cuba. Feito un heroe popular, elixírono gobernador de Nova York (1899-1900), logo vicepresidente dos Estados-Unidos (1900) e, a partir de setembro de 1901, sucedeu ao presidente McKinley, que acababa de ser asasinado. Reelixido en 1904, permaneceu na presidencia durante oito anos (1901-09).
Campión dos dereitos "do pequeno home", contra o gran capitalismo, fixo máis eficaz a lexislación "anti-trusts" e interveu en favor dos obreiros nos conflitos sociais. Reforzou o goberno federal e aumentou a influencia do poder executivo a costa do lexislativo.
Nos asuntos exteriores, efectuou unha política activa e enérxica, afirmándoa, por unha referencia un tanto abusiva da doutrina de Monroe, o dereito dos Estados Unidos a intervir en todos os asuntos latinoamericanos; logo de fomentar unha secesión en Colombia, obtivo da nova República de Panamá a concesión necesaria para construír unha canle e unha franxa de territorio de 15 quilómetros de ancho, para unir o mar Pacífico ao mar Caribe. A canle sería inaugurada en 1914. Rompendo así co longo illamento no que se atopaban os Estados-Unidos, interveu activamente na política mundial, proporcionou a súa mediación na guerra ruso-xaponesa, fíxose representar na conferencia de Alxeciras e erixiuse como o campión da arbitraxe internacional, o que lle valeu o Nobel da Paz (1906).
En desacordo co seu propio partido, Roosevelt creou o Partido Progresista e presentouse de novo á presidencia en 1912, pero desta vez xa non foi elixido.
O presidente Theodore Roosevelt en 1904 engadira á doutrina Monroe un "corolario" que xustificaba a política da gran bastonada (big stick) pensando en aplicala respecto a América Latina.
O imperialismo norteamericano manifestouse durante estes anos en ben outros países. Tras o presidente Roosevelt (1901-1909), William Howard Taft (1909-1913) inaugurou a diplomacia do dólar, máis directamente preocupada pola defensa dos intereses económicos.
Para os pequenos países de Centroamérica e o Caribe, a diferenza pasou un tanto inadvertida, ata 1933, foron numerosos os países que se converteron en protectorados financeiros norteamericanos. Así pois, en 1905, un Tratado asinado coa República Dominicana permitiu aos Estados Unidos tomar o control dos dereitos de aduana deste país ata 1941. Haití coñeceu a mesma situación entre 1915 e 1934. En 1920, o National City Bank xa controlaba as finanzas da facenda pública.
Presidente dos Estados Unidos | ||
---|---|---|
Segue a: William McKinley | Theodore Roosevelt, Jr. | Precede a: William Howard Taft |
Partido Republicano |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Theodore Roosevelt, Jr., which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.