Serie De Televisión The Last Of Us: Serie de televisión estadounidense

The Last of Us é unha serie de televisión dramática estadounidense creada por Craig Mazin e Neil Druckmann para HBO.

Está baseada no videoxogo homónimo de 2013 desenvolvido por Naughty Dog. A serie está ambientada no ano 2023, vinte anos despois dunha pandemia global causada por unha infección fúnxica masiva que converte os hóspedes en criaturas semellantes a zombis e fai colapsar a sociedade moderna. A serie conta as aventuras de Joel (Pedro Pascal), un contrabandista a quen se lle asigna o traballo de escoltar a adolescente Ellie (Bella Ramsey) a través dos Estados Unidos.

The Last of Us
Serie De Televisión The Last Of Us: Elenco, Notas, Véxase tamén
FormatoSerie de televisión
Creado porCraig Mazin
Neil Druckmann
IntérpretesPedro Pascal
Bella Ramsey
Tema de apertura"The Last of Us"
País de orixeEstados Unidos de América
Lingua(s)Inglés
Temporadas1
Episodios9
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Craig Mazin
Neil Druckmann
Carolyn Strauss
Rose Lam
Evan Wells
Carter Swan
Asad Qizilbash
Duración45–81 minutos
DistribuidorWarner Bros. Television Studios
Emisión orixinal
Canle de orixeHBO
Primeiro episodio15 de xaneiro de 2023
Na rede
https://www.hbo.com/the-last-of-us
IMDB: tt3581920 Filmaffinity: 205905 Allocine: 26316 Rottentomatoes: tv/the_last_of_us Metacritic: tv/the-last-of-us
Twitter: TheLastofUsHBO Instagram: thelastofus Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

The Last of Us rodouse en diferentes lugares do estado canadense de Alberta entre xullo de 2021 e xuño de 2022. É a primeira serie de televisión de HBO baseada nun videoxogo. Trátase dunha produción conxunta de Sony Pictures Television, PlayStation Productions, Naughty Dog, the Mighty Mint e Word Games. Druckmann, que escribiu o guión e dirixiu o xogo orixinal, axudou a Mazin co guión dos nove episodios da primeira tempada. A canción de inicio foi composta por Gustavo Santaolalla, quen tamén compuxo para o videoxogo xunto con David Fleming.

The Last of Us estreouse o 15 de xaneiro de 2023 con capítulos semanais. Foi ben acollida pola crítica, que gabou a intepretación, o guión, a produción, chegando a ser cualificada como a mellor adaptación dun videoxogo con actores reais.

En xaneiro de 2023, renovou contrato para unha segunda tempada.

Elenco

Pedro Pascal e Bella Ramsey interpretan os personaxes principais, Joel e Ellie.

Protagonistas

Secundarios

  • Nico Parker como Sarah, filla de Joel.
  • John Hannah como Doutor Newman.
  • Merle Dandridge como Marlene.
  • Josh Brener como Murray.
  • Christopher Heyerdahl como Doutor Schoenheist.
  • Brendan Fletcher como Robert.
  • Anna Torv como Tess.
  • Gabril Luna como Tommy.
  • Christine Hakim como Ratna Pertiwi.
  • Nick Offerman como Bill.
  • Murray Bartlett como Frank.
  • Lamar Johnson como Henry.
  • Melanie Lynskey como Kathleen Coghlan.
  • Keivonn Montreal Woodard como Sam.
  • Jeffrey Pierce como Perry.
  • John Getz como Eldelstein.
  • Rutina Wesley como Maria.
  • Graham Greene como Marlon.
  • Elaine Miles como Florence.
  • Storm Reid como Riley.
  • Scott Shepherd como David.
  • Troy Baker como James.
  • Ashley Johnson como Anna.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Serie De Televisión The Last Of Us ElencoSerie De Televisión The Last Of Us NotasSerie De Televisión The Last Of Us Véxase taménSerie De Televisión The Last Of Us

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Andrea MaceirasNicky HaydenCopia por contactoMiguel Ángel Zabalza BerazaXabier DeiveVaxinaEucaliptoFrancisco, papaXeración do 27O porco de péTamarindoOs outros feirantesTrastorno do soñoVigoMuxíaXosé Luís Méndez FerrínÁreas lingüísticas do galegoPaula CarballeiraSeixo, MarínPorto do SonPercebeBueuRusiaRoko (actriz)Winston ChurchillHimenópterosJosé Antonio DonoOs Diplomáticos de Monte-AltoEthel VázquezBorja Martínez GinerListenbourgCanle (comunicación)FiúnchoCarlos PadínTeixugoArxentinaXián (nome)Carolina MarínAlejandra MurguíaJorge Luis BorgesMurosLugares de VilamarínBandeira de GaliciaPep GuardiolaFederico García LorcaÚrsula CorberóArturo Vila MoureRock FMRevolución dos CaraveisLugares do SaviñaoFollas novasJosé López CamposNeymarMario Blanco FuentesCinema pornográficoRosario DúrcalPardo de CelaGramática da lingua franca novaAnxo Lorenzo SuárezArceCarlos Blanco VilaPortugalAguiño, RibeiraManuel Veiga TaboadaJosep BorrellÑClint EastwoodVerbos galegos ser, estar e ir🡆 More