Tecnoloxía

A tecnoloxía (do grego, (τεχνολογια) techne (τεχνη) oficio + logía (λογια) que di) é o coñecemento técnico humano e as ferramentas creadas pola humanidade a partir de tal coñecemento, así mesmo é a suma de técnicas, habilidades, métodos e procesos utilizados na produción de bens ou servizos ou no logro de obxectivos, como a investigación científica.

A tecnoloxía pode ser o coñecemento de técnicas, procesos e similares, ou pode integrarse en máquinas para permitir o seu funcionamento sen un coñecemento detallado do seu funcionamento. Os sistemas (por exemplo, máquinas) que aplican tecnoloxía tomando unha entrada, cambiándoa de acordo con o uso do sistema e logo producindo un resultado denomínanse sistemas tecnolóxicos.

Tecnoloxía
Unha turbina de vapor coa caixa aberta. Estas turbinas producen a maior parte da electricidade que se utiliza na actualidade. O consumo de electricidade e os niveis de vida están altamente correlacionados.
Tecnoloxía
Robot Spirity en Marte, incorpora algunhas das tecnoloxías máis avanzadas para a exploración científica

A tecnoloxía é o conxunto de coñecementos e procedementos teóricos e prácticos que, debidamente organizados e sistematizados, satisfacen as necesidades humanas. A tecnoloxía é a transformación da natureza polos seres humanos, para resolver problemas e satisfacer as necesidades sociais. Todo nese mundo artificial, dende o máis simple e cotián até o máis novo e revolucionario, é tecnoloxía.

Dependendo do contexto, a tecnoloxía pode referirse a:

  • As técnicas, coñecementos, métodos, materiais, ferramentas, e procesos usados para resolver problemas ou ao menos facilitar a solución dos mesmos;
  • Un método ou proceso de construción e traballo (como a tecnoloxía de manufactura, a tecnoloxía de infraestrutura ou a tecnoloxía espacial);
  • A aplicación de recursos para a resolución de problemas;
  • O termo tecnoloxía tamén pode usarse para describir o nivel de coñecemento científico, matemático e técnico dunha determinada cultura;
  • Na economía, a tecnoloxía é o estado actual do noso coñecemento de como combinar recursos para producir os produtos desexados (e o noso coñecemento do que pode ser producido).

A tecnoloxía é, dunha forma xeral, o encontro entre ciencia e enxeñaría. Sendo un termo que inclúe desde as ferramentas e procesos simples, tales como unha culler de madeira e a fermentación da uva respectivamente, ata as ferramentas e procesos máis complexos xa creados polo ser humano, tal como a Estación Espacial Internacional e a desalinización da auga do mar respectivamente.

Frecuentemente, a tecnoloxía entra en conflito con algunhas preocupacións naturais de nosa sociedade, como o desemprego, a contaminación e outras moitas cuestións ecolóxicas, filosóficas e sociolóxicas.

Etimoloxía

É unha palabra de orixe grega, τεχνολογία, formada por téchnē (τέχνη, arte, técnica ou artesanía), que se pode traducir como destreza) e loxía (λογία, a ciencia de algo).

Historia

A historia da tecnoloxía é case tan vella como a historia da humanidade, e segue desde cando os seres humanos comezaron a usar ferramentas de caza e de protección. A historia da tecnoloxía ten consecuentemente embutida a cronoloxía do uso dos recursos naturais, porque, para seren creadas, todas as ferramentas necesitaron, antes de calquera cousa, do uso dun recurso natural adecuado. A historia da tecnoloxía segue unha progresión das ferramentas simples e das fontes de enerxía simples ás ferramentas complexas e das fontes de enerxía complexas, como segue:

As tecnoloxías máis antigas converteron recursos naturais en ferramentas simples. Os procesos máis antigos, tales como a arte rupestre e a raspaxe das pedras, e as ferramentas máis antigas, tales como a pedra lascada e a roda, son medios simples para a conversión de materiais brutos e "crús" en produtos útiles. Os antropólogos descubriron moitas cousas e ferramentas humanas feitas directamente a partir dos recursos naturais.

Tecnoloxía 
Avión de caza F-16 Falcon

As ferramentas máis sofisticadas inclúen desde máquinas simple como a panca (300 a.C.), o parafuso (400 a.C.), e a polea, ata a maquinaría complexa como o computador, os dispositivos de telecomunicacións, o motor eléctrico, o motor a inxección, entre moitos outros. As ferramentas e máquinas aumentan en complexidade na mesma proporción en que o coñecemento científico se expande.

A maior parte das novidades tecnolóxicas adoitan ser primeiramente empregadas na enxeñaría, na medicina, na informática e no ramo militar. Con iso o público doméstico acaba sendo o último a se beneficiar da alta tecnoloxía, xa que ferramentas complexas requiren unha manufacturación complexa, aumentando drasticamente o prezo final do produto.

A enerxía pode ser obtida do vento, da auga, dos hidrocarburos e da fusión nuclear. A auga fornece a enerxía co proceso da xeración do hidroenerxía. O vento fornece a enerxía usando correntes do vento que moven muíños de vento. Hai tres fontes principais dos hidrocarburos, ao lado da madeira e do seu carbón, gas natural, e petróleo. O carbón e o gas natural úsanse case exclusivamente como unha fonte de enerxía. O petróleo é amplamente usado como fonte de enerxía (gasolina e diésel) e é tamén un recurso natural usado na fabricación de plásticos e outros materiais sintéticos. Algúns dos máis recentes avances no ramo da xeración de enerxía inclúen a habilidade de usar a enerxía nuclear, derivada dos combustíbeis tales como o uranio, e a habilidade de usar o hidróxeno como fonte de enerxía limpa e barata.

Prehistoria

Tecnoloxía 
Unha persoa sostendo un machada de man

As ferramentas foron desenvoltas inicialmente por homínidos mediante a observación e o ensaio e erro. Fai ao rededor duns 2 millóns de anos, aprenderon a fabricar as primeiras ferramentas de pedra martelando lascas dun seixo, formando unha machada de man afiada. Esta práctica perfeccionouse fai 75 mil anos coa descamación a presión, que permitia un traballo moito máis fino.

O dominio do lume polos primeiros humanos foi un punto chave na evolución tecnolóxica do home, permitindo un mellor aproveitamento dos alimentos e o aproveitamento dos recursos naturais que necesitan do calor para seren útiles, o control do lume foi descrito por Charles Darwin como "posiblemente a maior fazaña xamais realizada polo home". As probas arqueolóxicas, dietéticas e sociais apuntan a un "uso continuo do lume [humano]" polo menos 1,5 millóns de anos. O lume, alimentado con madeira e carbón vexetal, permitiu aos primeiros humanos cociñar os seus alimentos para aumentar a súa dixestibilidade, mellorando o seu valor nutritivo e ampliando o número de alimentos que podían consumirse. A hipótese da cociña propón que a capacidade de cociñar promoveu un aumento do tamaño do cerebro dos homínidos, aínda que algúns investigadores consideran que as probas non son concluíntes. As evidencias arqueolóxicas das lareiras datan de 790 millóns de anos; os investigadores cren que é probable que isto intensificase a socialización humana e contribuíse á aparición da linguaxe.

A madeira, a arxila, e a rocha (tal como a pedra calcaria), estaban entre os materiais máis adiantados a seren tratados polo lume, para facer as armas, cerámica e cemento, entre outros. As mellorías continuas tales como a fornalla, permitiron a habilidade de derreter e forxar o metal (tal como o cobre, 8000 a.C.), e eventualmente á descubrimenro das aliaxes, tales como o bronce (4000 a.C.). Os primeiros usos do ferro e do aceiro, data de 1400 a.C..

Outros avances tecnolóxicos logrados durante o Paleolítico son o vestido e a vivenda. Non existe consenso sobre a época aproximada da adopción de ningunha das dúas tecnoloxías, pero os arqueólogos acharon probas arqueolóxicas de pezas de vestir de entre 90 e 120 mil anos e refuxios de 450 mil anos. A medida que avanzaba o Paleolítico, as vivendas fixéronse máis sofisticadas e elaboradas; xa desde fai 380 mil anos, os humanos construían cabanas temporais de madeira. A roupa, adaptada a partir de peles e coiros de animais cazados, axudou á humanidade para expandirse cara a rexións máis frías; os humanos comezaron a migrar fose de África ao redor de 200 mil anos, desprazándose inicialmente a Eurasia.

Neolítico

Tecnoloxía 
Conxunto de artefactos neolíticos, como brazaletes, cabezas de machada, ciceis e ferramentas puidas

A revolución neolítica (ou Primeira Revolución Agrícola) supuxo unha aceleración da innovación tecnolóxica e o consecuente aumento da complexidade social. A invención da machada de pedra puída foi un gran avance que permitiu a tala de bosques e a agricultura a gran escala . O uso de machadas de pedra puída aumentou moito no Neolítico, pero utilizouse orixinalmente no Mesolítico anterior nalgunhas zonas como Irlanda. A agricultura alimentou a poboacións máis numerosas, e a transición ao sedentarismo permitiu a crianza simultánea de máis nenos, xa que os nómades xa non tiñan que cargar cos bebés. Ademais, os nenos podían contribuír á agricultura máis facilmente que nas actividades de cazadores-recolectores. .

Con este aumento da poboación e da dispoñibilidade de man de obra produciuse un incremento da especialización laboral. Non se sabe de certo que foi o que desencadeou a progresión desde as primeiras aldeas neolíticas até as primeiras cidades, como Uruk, e as primeiras civilizacións, como Sumeria; con todo, crese que influíron a aparición de estruturas sociais cada vez máis xerárquicas e de man de obra especializada, do comercio e a guerra entre culturas adxacentes, e a necesidade dunha acción colectiva para superar retos medioambientais como a irrigación.

Ciencia e tecnoloxía

Tecnoloxía 
As cámaras dixitais son un exemplo de obxecto tecnolóxico

A ciencia e a tecnoloxía sempre estiveron moi próximas unha da outra.

Podemos falar de dous grandes campos vinculados á actividade humana, moi ligados entre si pero substancialmente diferentes: o campo da ciencia (a indagación) e o campo da técnica e da tecnoloxía (a acción).

Podemos dicir que a ciencia está asociada ao desexo de coñecer (coñecer e comprender o mundo que nos rodea), mentres que a técnica e a tecnoloxía se vinculan á vontade das persoas de facer (facer cousas para satisfacer as súas necesidades ou desexos).

No campo da ciencia, a motivación é a ansia de coñecementos, a actividade é a investigación e o produto resultante é o coñecemento científico. No campo da tecnoloxía, a motivación é a satisfacción de necesidades ou desexos, a actividade é o desenvolvemento de proxectos, o deseño e a execución, e o produto resultante son os bens e servizos, os métodos e os procesos.

É bastante corrente confundir tecnoloxía con ciencia aplicada: isto é un erro, xa que a tecnoloxía non é soamente ciencia aplicada. É certo que se basea en coñecementos científicos, pero tamén se basea na experiencia, utiliza moitas veces coñecementos empíricos e ten en conta moitos outros factores, algúns alleos á específica aplicación de determinados coñecementos científicos, como por exemplo os aspectos prácticos da construción ou da produción industrial, os modos e medios de produción, a factibilidade económica, a adaptación do produto aos costumes do usuario, a aceptación que o produto poida ou non ter no público etc. Ademais a tecnoloxía está, sobre todo, vinculada a cousas, físicas ou virtuais, que o ser humano fai, a cousas artificiais.

Como exemplo, un xeólogo aplicado pode predicir un deslizamento de terra (ciencia aplicada), mentres que un enxeñeiro, proxectando e supervisando axeitadas obras de defensa, pode chegar a evitar o deslizamento de terra (tecnoloxía).

Tecnoloxía e economía

Existe un equilibrio moi tenue entre as vantaxes e as desvantaxes que o avance da tecnoloxía trae para a sociedade. A principal vantaxe reflíctese na produción industrial: a tecnoloxía torna a produción máis rápida e maior, e, aínda así, o resultado final é un produto máis barato e con maior calidade.

As desvantaxes que a tecnoloxía trae son de tal forma preocupantes que case superan as vantaxes, unha delas é a contaminación, que, se non for controlada a tempo, evoluirá para un cuadro irreversíbel. Outra desvantaxe é en canto ao desemprego xerado polo uso intensivo das máquinas na industria, na agricultura e no comercio. A este tipo de desemprego, no cal o traballo do home é substituído polo traballo das máquinas, denominamos desemprego estrutural. Un dos países que máis sofren este problema é o Xapón, sendo aparentemente un dos principais motivos para o freo do crecemento da economía deste país a partir da década dos 90: xustamente, o desemprego estrutural.

Tipos de tecnoloxía

Tamén podemos clasificar a tecnoloxía de acordo cos seus campos de estudo:

Lista de tecnoloxías

Tecnoloxía 

Tecnoloxías clásicas

Tecnoloxía 

Tecnoloxías avanzadas

Tecnoloxía 

Tecnoloxías de comunicación

Tecnoloxía 

Tecnoloxía eléctrica fundamental

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Alemany, Carme; Tecnología y género. La reinterpretación de la tecnología desde la teoría feminista; en Barral M.J, Magallón C., Miqueo C., Sánchez M.D.; (eds.): Interacciones ciencia y género. Discursos y prácticas científicas de mujeres; Icaria Edit. S.A.; Barcelona, pp.81-99; 1999.
  • Álvarez, Charo; Reflexiones en torno a la participación de las mujeres en la ciencia y la tecnología. Artículo de referencia: Ciencia, Tecnología y Género; Marta I. González García y Eulalia Pérez Sedeño; http://www.uv.es/~reguera/etica/genero-ciencia.htm
  • Arregui Noguer, Beatriz; Sabaté Grau, Xavier (coord.) (2004) Tecnología y discapacidad visual : necesidades tecnológicas y aplicaciones en la vida diaria de las personas con ceguera y discapacidad visual. Madrid: ONCE, Consejo General. ISBN 84-484-0125-5
  • Ashton, T. S.; La Revolución Industrial: 1760-1830; Fondo de Cultura Económica; México; 1950.
  • Bernal, John D.; Historia social de la ciencia 1. La ciencia en la historia; Ediciones Península; Barcelona (España); 1967.
  • Bernal, John D.; Historia social de la ciencia 2. La ciencia en nuestro tiempo; Ediciones Península; Barcelona (España); 1967.
  • Buch, Tomás; Sistemas tecnológicos; Editorial Aique; Buenos Aires (Argentina); 1999.
  • Crónica de la Técnica, Plaza & Janes Editores, Barcelona (España), 1989.
  • Camp, Sprague de; The ancient engineers. Technology and invention from the earliest times to the Renaissance; Dorset Press; Nueva York (Estados Unidos); 1960. ISBN 9780880294560
  • Childe, V. Gordon; Los orígenes de la civilización; Fondo de Cultura Económica; México; 1971. OCLC 651284709
  • Ciapuscio, Héctor; Nosotros & la tecnología; Edit. Edit. Agora; Buenos Aires (Argentina); 1999; ISBN 9789879623558.
  • Derry T. K. - Williams, Trevor I.; Historia de la Tecnología 1. Desde la antigüedad hasta 1750; Siglo Veintiuno de España Editores; Madrid (España); 1977. ISBN 9788432302824
  • Derry T. K. - Williams, Trevor I.; Historia de la Tecnología 2. 1750 hasta 1900; Siglo Veintiuno de España Editores; Madrid (España); 1977. OCLC 689543600
  • Derry T. K. - Williams, Trevor I.; Historia de la Tecnología 3. 1750 hasta 1900; Siglo Veintiuno de España Editores; Madrid (España); 1977. ISBN 9788432302817
  • Ducassé, Pierre; Historia de las técnicas; Editorial Universitaria de Buenos Aires; Buenos Aires (Argentina); 1961.
  • Freedom Club, La sociedad industrial y su futuro, Ediciones Isumatag, 2011. ISBN 978-84-615-0761-0.
  • Enguix Grau, Begonya; Seminari A. 1 Gèneres i contemporaneïtats; FUOC: PID_00176383; Barcelona; 2014.
  • Ferraro, Ricardo A. - Carlos Lerch, ¿Qué es qué en tecnología?, Granica, cop. 1997; Buenos Aires. ISBN 9789506412463
  • González García, Marta I.; Pérez Sedeño, Eulalia; Ciencia, Tecnología y Género; Revista Iberoamericana de Ciencia, Tecnología, Sociedad e Innovación; Número 2 / enero - abril de 2002 Artículos; ISSN 1681-5645. http://www.oei.es/revistactsi/numero2/varios2.htm
  • Jacomy, Bruno; Historia de las técnicas; Editorial Losada; Buenos Aires (Argentina); 1991.
  • Leroi-Gourhan, André; El hombre y la materia. Evolución y técnica I; Edit. Taurus; Madrid (España); 1988. ISBN 9788430660070
  • Organización de las Naciones Unidas para la Educación, la Ciencia y la Cultura; Ciencia, tecnología y género : Informe internacional; UNESCO; 2007; http://www.unesco.org/new/fileadmin/MULTIMEDIA/HQ/SC/pdf/sc_stg_executive_summary-es.pdf
  • Pounds, Norman J. G.; La vida cotidiana: historia de la cultura material; Editorial Crítica; Barcelona (España); 1989. ISBN 9788474235395
  • Sabanes Plou, D; Género y tecnología. Capacitación para el activismo de las mujeres; Revista Icono14; 2011, Año 9 Vol. 1, pp. 110-128; ISSN 1697-8293. Madrid (España); http://www.icono14.net/ojs/index.php/icono14/article/view/221/98
  • Shanker, R; Culture and development. International Development Information Centre; Development Express; Canada Communication Group; 1998.
  • Simon, Herbert; Las ciencias de lo artificial; Edit. A. T. E.; España; 1973. ISBN 9788485047109
  • Solivérez, Carlos E.; Ciencia, Técnica y Sociedad; Facultad Latinoamericana de Ciencias Sociales; Buenos Aires (Argentina); 1992.
  • Toffler, Alvin; Future shock; Daily Press; Londres (Gran Bretaña); 1970.
  • Toffler, Alvin; La tercera ola; Plaza y Janés; 1980. ISBN 9788401370663
  • Westby, C. & Atencio, D.J.; Computers, culture, and learning; Top Land Disord, 22; (4), 70-87; 2002.
  • Williams, Trevor I.; Historia de la Tecnología 4. Desde 1900 hasta 1950; Siglo Veintiuno de España Editores; Madrid (España); 1982 y 1987. ISBN 9788432306136
  • Williams, Trevor I.; Historia de la Tecnología 5. Desde 1900 hasta 1950; Siglo Veintiuno de España Editores; Madrid (España); 1987. ISBN 9788432302824

Outros artigos

  • Ciencia e tecnoloxía medieval
  • Invención

Tags:

Tecnoloxía EtimoloxíaTecnoloxía HistoriaTecnoloxía Ciencia e tecnoloxíaTecnoloxía e economíaTecnoloxía Tipos de tecnoloxíaTecnoloxía Lista de tecnoloxíasTecnoloxía NotasTecnoloxía Véxase taménTecnoloxía

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Illa da CrebaAbrilArnaldo OtegiBanquete de ConxoDomingo VillarMSNMadeleine StoweAntiga CartagoAC-960PortugalMasturbaciónIago AspasHistoria da lingua galegaListenbourgEstados Unidos de AméricaBruce SpringsteenGeorge ClooneyShakiraToxo arnalFernando VerdascoEscudo de GaliciaCucoCecilia RothGalería de imaxes de arañas de GaliciaPosición do misioneiro invertidaXesús Alonso MonteroXosé Neira VilasPonte CaldelasMártires de CarralPonte das PíasAs NevesLista de programas de Televisión EspañolaFermín Gutierrez LadaFundación WikimediaManuel de FallaLista de nomes masculinos en galegoFentoLingua rutena panónicaCirrioÁlvaro García DiéguezDos arquivos do trasnoKate WinsletTupolev Tu-22MRianxoBen McLemoreChus PatoCarles PuigdemontAvespa asiáticaWikiquoteDua LipaGerardo Pardo de VeraTribadismoLeninAlondras Club de FútbolO divino saineteRosp CorunnaAntonio García CondePrimeira división española 1997/98World Wide WebBimba y LolaCarlos CasaresLingua casteláSteve MartinClub Baloncesto BreogánAccidente de ChernóbilConstantino Nikolaevich de RusiaNósFA CupTemplo expiatorio da Sagrada FamiliaTeorema de Lucas🡆 More