Tamarindo

Tamarindus indica L., 1753

Tamarindo (xénero Tamarindus)
Tamarindo
Tamarindo
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Subfamilia: Caesalpinioideae
Tribo: Detarieae
Xénero: Tamarindus
L.
Especies

Sinonimia
  • Tamarindus erythraea Mattei (1908)
  • Tamarindus somalensis Mattei (1908)

O tamarindo ou tamarindeiro (Tamarindus indica), do árabe تمر هندي tamr hindī, dátil da India), é unha árbore tropical, orixinaria do leste de África pero que agora existe en gran parte de Asia tropical así coma Iberoamérica. O xénero Tamarindus é monotípico, é dicir, só ten unha especie.

Descrición

A árbore pode chegar a acadar os 20 m de altura. As follas teñen polo xeral de 10 a 18 folíolos. Produce uns froitos marróns semellantes a saquetas, que conteñen unha polpa recuberta, dentro da cal se atopan as sementes. As sementes poden reladas para acelerar a xerminación.

Tamarindo 
Planta de tamarindo a xermolar con vestixios da semente.

Usos

A polpa da froita emprégase coma condimento na cociña asiática e na de Latinoamérica; tamén é un importante ingrediente do mollo inglés e algúns outros mollos. A polpa dun froito novo é moi acedo, e polo tanto recomendábel para moitos pratos, mentres que os froitos maduros son máis doces e poden ser utilizados en sobremesas, bebidas ou coma aperitivo.

Polpa e casca teñen aplicacións medicinais. Por exemplo, en Filipinas, as follas son tradicionalmente usadas en infusión para reducir a febre causada por malaria.

Por mor á densidade e durabilidade, a madeira do tamarindo pode ser utilizada para fabricar mobles e doelas. As árbores de tamarindo son moi comúns no sur da India particularmente en Andhra Pradesh. Utilízanse para dar sombra nas estradas e autoestradas do país. Os monos gustan dos froitos chegados. É parte da dieta básica do sur da India, onde se prepara Sambhar (sopa de verduras con especias) arroz Pulihora, e outros pratos.

Atópase dispoñíbel en tendas hindús, chinesas e mexicanas por todo o mundo. Tamén se vende como un doce, mesturando a súa polpa con azucre ou sal e chile, en Guatemala, Cuba, México, Honduras, Panamá, Venezuela, Colombia, Ecuador, Illa de Guadalupe e como ingrediente en gran variedade de botanas no sueste de Asia (secos e salgados, frescos e adozados, enchilados, como bebida etc). En México, Colombia, Guatemala, Perú, Nicaragua, Costa Rica, Porto Rico, República Dominicana, Venezuela, Bolivia e O Salvador fanse concentrados de polpa de tamarindo para a fabricación de refrescos e bebidas.

Grazas ás súas propiedades medicinais utilízase no āyurveda (medicina tradicional da India) para algúns problemas de dixestión ou estomacais. Tamén é un laxante eficaz, polo que pode axudar en casos de estrinximento pertinaz.

Valor nutricional

Tamarindo, cru

kcal=239

proteínas=2.8 g

graxas=0.6 g

glícidos=62.5 g

fibra=5.1 g

azucres=57.4

calcio_mg=74

ferro_mg=2.8

magnesio_mg=92

fósforo_mg=113

potasio_mg=628

sodio_mg=28

cinc_mg=0.1

vitC_mg=3.5

vitB1_mg=0.428

vitB2_mg=0.152

vitB3_mg=1.938

vitB5_mg=0.143

vitB6_mg=0.066

vitB9_ug=14

vitE_mg=0.1

vitK_ug=2.8

fonte_usda=09322

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Dassanayake, M. D. & Fosberg, F. R. (Eds.). (1991). A Revised Handbook to the Flora of Ceylon. Washington, D. C.: Smithsonian Institution.
  • Hooker, Joseph Dalton. (1879). The Flora of British India, Vol II. Londres: L. Reeve & Co.
  • Shiu-ying Hu: Food Plants of China. The Chinese University Press, Hong Kong, 2005. ISBN 962-201-860-2.

Ligazóns externas

Tags:

Tamarindo DescriciónTamarindo UsosTamarindo Valor nutricionalTamarindo NotasTamarindo Véxase taménTamarindo1753L.

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Estadio Municipal de RiazorRocco SiffrediPanteón de Galegos IlustresCarme ForcadellPeter PanMáquina de vaporSans-culottePorto da LúaAgustín Fernández PazOleirosCantigas de Santa MaríaLYaoiGerardo Criado GuizánEleccións municipais de 2023 en GaliciaA CoruñaMártires de CarralArgimiro Marnotes FernándezGonzalo LouzaoRío MiñoHLA-CVacaBreogánTextos das PirámidesVerbos galegos ser, estar e irISO 4217CohesiónHong KongQuerela das mulleresAvespa asiáticaAlexandre BóvedaCastro de BaroñaAndrea MaceirasAnder CanteroXián (nome)Luar na lubreCirrioLista de presidentes dos Estados Unidos de AméricaEsport 3K'inich Janaab' PakalTeixugoLista de nomes femininos en galegoSerés, Serés, CastroverdeMondariz-BalnearioÑFeísmoHarry S. TrumanAlgas verdesCerdeiraElba VeleiroHenrique VIII de InglaterraTaylor SwiftMaría PitaCastro de Punta do BicoAlejandro JodorowskyFentoAntonio LombaBurela, BurelaXabier DeiveVietnamOs vellos non deben de namorarseSelección de fútbol de GaliciaPortadaPardo de CelaVladimir PutinEl Eco de Pontevedra (1869)Paul VerhoevenEstados Unidos de AméricaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoGumersindo Rico GonzálezLedicia CostasOU-129Grupo NósAndoni OrtuzarLucie Idlout🡆 More