Sucesos De Casas Viejas

Coñécese como Sucesos de Casas Viejas un dos episodios máis tráxicos polos que pasou a Segunda República Española e foi o catalizador da caída do goberno de Manuel Azaña, aínda que posteriormente volvería á Presidencia da República en 1936.

Sucesos De Casas Viejas

Historia e características

O 11 de xaneiro de 1933 tivo lugar na localidade gaditana de Casas Viejas (hoxe coñecida como Benalup-Casas Viejas) unha revolta protagonizada por un grupo de anarquistas da CNT que decidiu facer a revolución pola súa propia conta e impor o comunismo libertario, destituíndo ao alcalde e intentando tomar o cuartel da Garda Civil onde se atopaban un sarxento e tres números. Feren de morte ao sarxento e a un dos números, pero non conseguen os seus propósitos.

Inmediatamente, decatado o goberno, enviou forzas da Garda Civil e da Garda de Asalto que entraron a tiros na vila, incendiaron a casa na que se refuxiaban algúns dirixentes da insurrección, entre eles o coñecido como "Seisdedos" (de nome real Francisco Cruz Gutiérrez, carboeiro de 72 anos), e logo procederon cunha serie de xuízos sumarísimos, fusilando a participantes e sospeitosos de participar nos feitos. O balance definitivo foi de dezanove homes, dúas mulleres e un neno, así como tres gardas mortos.

Coñecidos os feitos en toda España, produciuse un grande escándalo parlamentario e periodístico que produciu a caída do goberno de Azaña e favoreceu a chegada da dereita ao goberno.

O periódico da CNT describiu os feitos como:

Fue una razzia de mercenarios de la legión en un aduar rifeño.

Véxase tamén

Bibliografía

Tags:

Manuel AzañaSegunda República Española

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

SuízaGeorg Wilhelm Friedrich HegelLila (planta)Satélite de comunicaciónsMahatma GandhiCanle (enxeñaría)BubelaBeatriz MatoRosalía de CastroVladimir PutinSéchu SendeZendayaAntón Riveiro CoelloSonia MéndezOs PinosAbraham MateoPeer-to-peerAbruñoSonsoles EspinosaDon Quixote da ManchaCarbohidratoFederico García LorcaLista de programas de Televisión EspañolaDía de San XurxoDaniel de la TorreLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingNacionalismo galegoEscudo de Galicia2004María Victoria Fernández-EspañaUniversidade de Santiago de CompostelaTomiñoContactAmeixa (froito)CascudaWikipediaProtocolo de transferencia de arquivosLista de WikipediasJosé López CamposPrimeira República GalegaXavier AlcaláAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoO Pino, O PinoDitongoLista de castelos de PortugalLuís MenorVigoCerdedo-CotobadePúrpuraGonzalo Fernández de CórdobaPadre CasaresDiada de Sant JordiCaralloJude BellinghamAlberto AvendañoVillablinoOtto von BismarckArgimiro Marnotes FernándezEva MejutoHindemburg Melão Jr.Caso Asunta BasterraMasculino e feminino en galegoFala de EstremaduraAna BelénLicenza de documentación libre de GNUAbril na cultura popular galegaJéssica BouzasXogo da chave🡆 More