Sitatunga: Especie de mamífero artiodáctilo ruminante da familia dos bóvidos

O sitatunga (Tragelaphus spekii) é unha especie de mamífero artiodáctilo ruminante da familia dos bóvidos, subfamilia dos bovinos e tribo dos estrepsicerotinos que vive nas selvas e lugares pantanosos do centro de África.

Sitatunga
Tragelaphus spekii
Sitatunga: Taxonomía, Características, Hábitat e distribución
Tragelaphus spekii macho nun zoo
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Suborde: Ruminantia
Infraorde: Pecora
Familia: Bovidae
Subfamilia: Bovinae
Tribo: Strepsicerotini
Xénero: Tragelaphus
Especie: T. spekii
Nome binomial
Tragelaphus spekii
(Sclater, 1863)
Diastribución de Tragelaphus spekii
Diastribución de Tragelaphus spekii

Diastribución de Tragelaphus spekii
Subespecies
    Véxase o texto

Taxonomía

A especie foi descrita en 1863 polo avogado e Wiki Galegozoólogo británico Philip Sclater, nunha nota a pé de páxina na obra de John Hanning Speke Journal of the Discovery of the Source of the Nile, na honra do cal lle deu Sclater o seu nome específico.

Speke observou por primeira vez á sitatunga nun lago chamado "Pequeno Windermere" (agora, lago Lwelo, en Kagera, Tanzania), e chamou ao animal "nzoé" (o seu nome en suahili) ou "water-boc" (debido á súa semellanza co "waterbuck", o antílope acuático, Kobus ellipsiprymnus) e engadiu nunha nota a pé de páxina que a especie fora nomeada como Tragelaphus spekii por Philip Sclater.

Porén, segundo o artigo 50.1.1 do Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica da Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica, isto non sería suficiente para recoñecer a Sclater como o autor.

Subespecies

Na actualidade recoñécense as subespecies seguintes:

    Tragelaphus spekii
  • Tragelaphus spekii spekii
  • Tragelaphus spekii gratus
  • Tragelaphus spekii larkenii
  • Tragelaphus spekii selousi
  • Tragelaphus spekii sylvestris

Características

A sitatunga é un antílope de tamaño medio e hábitos solitarios, adaptado á vida nas rexións pantanosas. Excelente nadador, vive preferentemente en zonas de densa vexetación, para evitar aos seus depredadores.

A estes hábitos responden os nomes do animal en alemán, Watesserkudu, e afrikaans, Waterkoedoe ("cudú de auga"). E por iso o seu físico presenta algunhas particularidades que outras especies de antílopes non teñen; en primeiro lugar, a súa pelaxe é longa e mesta, similar á doutros mamíferos acuáticos, como o castor ou a londra, pero a principal característica son os seus singulares pezuños, cuns cascos alongados e curvos que lle permiten camiñar polo chan enlamado do seu hábitat sen afundir na lama.

Sitatunga: Taxonomía, Características, Hábitat e distribución 
Femia de sitatunga coa súa cría. Sen cornos, e coa pelaxe arrubiada, claramente marcada con raias e con pequenas manchas brancas.

As súas principais característica corporais son:

  • Lonxitude de cabeza e tronco: de 1,25 a 1,70 m nos machos e de 1,15 a 1,50 m nas femias.
  • Lonxitude da cola: de 18 a 30 cm.
  • Altura na cruz: de 85 a 125 cm nos machos e de 75 a 105 cm nas femias.
  • Peso: de 70 a 120 kg nos machos e de 40 a 105 kg nas femias.
  • Lonxitude dos cornos (presentes só nos machos): até 92,4 cm.
  • Coloración xeral: nos machos, varía segundo as subespecies, desde unha cor parda achocolatada á unha gris amarelada-apardazada, con marcas brancas, especialmente nas meixelas e na garganta; ás veces, presenta unhas raias brancas, moi tenues, nos flancos.
    As femias e os individuos xuvenís presentan unha cor parda máis clara, rubia, brillante, e raiada de forma máis notoria.

Hábitat e distribución

Hábitat

A sitatunga vive confinada estritamente nos grandes bosques tropicais africanos inundados, en illotes de zonas húmidas e pantanosas, con vexetación abundante en papiros, xuncos e canaveirais.

Distribución

A área de distribución desta especie africana esténdese desde os 10º N (ao redor do lago Chad, desde os 13º N) até os 18º S, desde o Sudán do Sur e o sur de Etiopía até o sueste de Angola, o norte de Botswana e o sur de Zambia, até os 34º E, abranguendo Benín, Burundi, Camerún, Chad, Gabón, Gambia, Ghana, Guinea, Guinea-Bissau, Guinea Ecuatorial, Kenya, Mozambique, Namibia, Nixeria, República Centroafricana, República Democrática do Congo República do Congo, Ruanda, Senegal, Tanzania, Uganda e Zimbabue.

Bioloxía

Costumes

Solitarias ou reunidas en parellas, aínda que ás veces poden reunirse en pequenos rabaños de até 15 canezas, as sitatungas son de hábitos nocturnos (pero tamén diúrnos en zonas onde non son molestados).

Tímidos e difíciles de ver na densa vexetación onde habitan, estes animais, cando son sorprendidos, foxen con gran axilidade entre as canaveiras, botándose á auga e mergullándose nela, deixando fóra tan só a punta do fociño.

A miúdo pasan as horas máis calorosas do día na auga. En terra seca, os seus longos pezuños fan que corran un pouco torpemente.

Alimentación

Normalmente, cando escurece, as sitatungas, estritamente fitófagas, aliméntanse de follas, ramas, herbas, plantas acuáticas e froitos.

Reprodución

A madurez sexual alcánzase ao ano ou ano e medio de idade nas femias, e ao ano e medio ou os dous anos nos machos. Os apareamentos poden ter lugar durante todo o ano, pero poden verse afectados polas condicións climáticas. A xestación dura 225 días, ao cabo dos cales as femias paren unha ou, rara vez, dúas crías.

A lonxevidade da sitatuga pode chegar até os 19 anos.

Inimigos

Os principais depredadores da sitatunga son os leopardos, os leóns, as hienas, os crocodilos e as serpes pitón. Para escapar dos felinos, foxe e somérsexe na auga. Para escapar do crocodilo, fai o contrario, corre cara a terreo seco.

Poboación e status

A natureza críptica da sitatunga e a relativa inaccesibilidade do seu hábitat dificultan as estimacións fiábeis da súa abundancia. Os censos aéreos tenden a subestimar grandemente o número de exemplares desta especie. Rexistráronse densidades de até 64 individuos por km² no Parque Nacional Akagera (Ruanda) e de 60 animais por km² nos pantanos Busanga, de Zambia. En 1999, East estimou unha poboación total de 170.000 individuos, pero é probábel que sexa unha sobrestimación. Parece ser que o número de exemplares probabelmente estea diminuíndo en áreas densamente poboadas, pero que é estábel noutros lugares, pero a magnitude desta diminución global probabelmente permanece por debaixo do 20 %, que indicaría unha categoría de NT (preocupación menor).

Destes probabelmente menos de 170.000 individuos, un 40 % encóntranse en áeras protexidas e ao redor delas. A día de hoxe, a presenza da sitatunga é rara e moi localizada en África occidental e xeneralizada e localmente común en África central e nalgunhas partes da oriental e da meridional. Dada a continua degradación do hábitat e a caza intensiva para apropveitar a súa carne en partes da súa área de distribución, se continúan as tendencias actuais, a sitatunga pode desaparecer de moitas zonas onde aínda se encontra.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
  • Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2.
  • Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
  • Nowak, R. (1991): Walker's Mammals of the World.Vol. 2. Baltimore, Maryland. EE. UU.: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8
  • Wilson, D. E., & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, EE.UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Sitatunga TaxonomíaSitatunga CaracterísticasSitatunga Hábitat e distribuciónSitatunga BioloxíaSitatunga Poboación e statusSitatunga NotasSitatunga Véxase taménSitatungaArtiodáctiloBovinosBóvidosEspecie (bioloxía)EstrepsicerotinosFamilia (bioloxía)MamíferoPantanoRuminanteSelvaSubfamiliaTribo (bioloxía)África

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Unión EuropeaÁnxel CasalK'inich Janaab' PakalAlternativa dos VeciñosNoor Inayat KhanLucie IdloutProfeta Habacuc (Donatello)Antonio LombaTrasar de Carballo, Cartelos, CarballedoEleccións municipais na EstradaRMS TitanicCantabriaContido libreFrancisco de GoyaAnder CanteroPeliqueiroBandeira de GaliciaFrancisco FrancoCulleredoEl Eco de Pontevedra (1869)Manuel González González (músico)Canle (comunicación)Xosé Manuel BeirasA memoria da choivaTribadismoBariLista de ríos de GaliciaCastro de BaroñaGalicia estremeiraOs pronomes persoais galegosLeninismoCarles PuigdemontEleccións ao Parlamento do País Vasco de 2020AlgodónCirrioMéxicoAlgoritmoCopa da CostaLugares de PantónBenito MussoliniVacalouraRamón CamposGuerra de Sucesión EspañolaLista de castelos de PortugalMiñato comúnAgustín Baamonde DíazHerbogo, RoisArandoCreampieMar MediterráneoSoloPontevedraDiego AnidoManuela ReyXogos popularesTeixugoCill GhallagáinEstatuto de autonomía de Galicia de 1936Game BoyDe NinghuresMarisol Díaz MouteiraJoselu MatoLista de palabras galegas de orixe celtaLugares de Monforte de LemosMexacánRelación sexual humanaPonteareasNós DiarioMRibeiraCayetana Guillén CuervoAlmudena ChacónCarballo común🡆 More