RuneScape é un xogo de rol multixogador masivo en liña (nas siglas inglesas é MMORPG, isto é, Massive Multiplayer Online Role-Playing Game), implementado en linguaxe Java, que conta con miles de xogadores activos.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
RuneScape foi lanzado por Jagex Ltd en xaneiro de 1999. Ofrece dúas opcións de xogo: Pay To Play ("P2P" ou "pagar para xogar") ou Free To Play ("F2P" ou "gratis para xogar"). Ao estar programado en Java, RuneScape non necesita instalación e pode accederse a el dende o sitio oficial.
RuneScape | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Jagex |
Distribuidora(s) | Jagex |
Deseñador(es) | Andrew Gower |
Lanzamento | 4 de xaneiro de 2001 |
Xénero | fantasy video game e MMORPG |
Modos de xogo | videoxogo multixogador |
Plataforma(s) | Plataforma Java, Máquina virtual Java, Android, Microsoft Windows e macOS |
Na rede | |
http://www.runescape.com e https://www.runescape.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Como moitos MMORPG, non ten unha historia lineal. Os xogadores na pantalla son avatares personalizables, coas súas propias metas e obxectivos. RuneScape ten dúas variantes, en calidade baixa e en alta calidade, as cales dependen da velocidade de conexión do usuario e da memoria RAM do equipo. Anunciouse que no futuro se disporá dunha versión acelerada por hardware, con gráficos moi mellorados en comparación aos actuais, incluíndo sombras dinámicas, efectos de iluminación, texturas de alta calidade e máis. Dita versión seguirá sendo browser based, é dicir, non se necesitará descargar nada ao PC.
DeviousMUD, o precursor a RuneScape, foi creado en 1998 por Andrew Gower. O xogo, que nunca foi lanzado ao público, utilizaba gráficos isométricos bastantes pobres. En 1999, Gower traballou nunha reescritura completa do xogo coa axuda do seu irmán, Paul Gower. A visión isométrica foi substituída por unha mestura de sprites tridimensionais en dúas dimensións. O xogo, retitulado RuneScape, foi lanzado ao público como versión beta o 4 de xaneiro do 2001 e funcionaba orixinalmente dende a casa de seus pais en Nottingham. En decembro de 2001, os irmáns Gower formaron Jagex para asumir o control dos aspectos do negocio de RuneScape.
O 27 de febreiro de 2002 aparece o servizo de pago, con características adicionais, incluíndo novas áreas, buscas e artigos.
As personaxes son sempre humanas, mais os xogadores poden elixir o seu xénero e aspecto dunha variedade de peiteados e cores, tipos de corpo, face etc.
O combate en RuneScape é en tempo real (é dicir, non é por veces) e ofrece diversas estratexias. A velocidade de ataque depende do tipo de arma que se use. Por exemplo unha espada é máis rápida que un brosa de combate. En RuneScape pódese combater tanto contra personaxes controlados por unha persoa de calquera parte do mundo ou contra personaxes controlados polo xogo (NPC's en inglés) por motivos de entretemento ou para conseguir novas riquezas e experiencia.
RuneScape dános a opción de combater por diversos medios:
En Runescape existen 3 tipos de maxia:
This article uses material from the Wikipedia Galego article RuneScape, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.