Roblox: Videoxogo de 2006

Roblox (/ˈroʊblɒks/) é unha plataforma de videoxogos en liña multiplataforma fundada por David Baszucki e Erik Cassel onde os usuarios poden crear, compartir e xogar a mundos virtuais denominados 'experiencias'.

Roblox
Roblox: Historia, Características, Economía
"Powering imagination" ("Potenciando á imaxinación).
Desenvolvedor(es)Roblox Corporation
Distribuidora(s)Roblox Corporation
Director(es)David Baszucki
Deseñador(es)Roblox Corporation
MotorRoblox Studio
Versión0.533.0.5330256 (Cliente de Roblox)
LanzamentoPC
1 de setembro de 2006
iOS
11 de decembro de 2012[Cómpre referencia]

Android
16 de xullo de 2014

Xbox One
27 de xaneiro de 2016

PlayStation 4

PlayStation 5
XéneroMMORPG e videoxogo multixogador masivo en liña
Modos de xogoMultixogador
Clasificación PEGI Roblox: Historia, Características, Economía
CERO Roblox: Historia, Características, Economía
USK Roblox: Historia, Características, Economía
Plataforma(s)Microsoft Windows
Xbox One
Xbox Series X e Xbox Series S
Android
iOS
macOS
Fire OS
PlayStation 4
PlayStation 5
Formato(s)Distribución dixital
ControisComputadora
* Rato e Teclado
Teléfono intelixente
* Pantalla táctil
Consola de videoxogos
* Gamepad ou Casco de realidade virtual
LicenzaFreemium
Na rede
https://www.roblox.com/
IMDB: tt6667676 Facebook: Roblox Twitter: Roblox Youtube: UCjiPEaapiHbJMoAdi_L8fNA Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Estas 'experiencias' están creadas no motor de videoxogos Roblox Studio, desenvolvido por Roblox Corporation e que non vén incluído xunto con Roblox porque é un programa independente.

Polo tanto, Roblox pode ser o programa lanzador dos xogos desenvolvidos no motor Roblox Studio ou a plataforma de videoxogos Roblox (que sería o conxunto dos dous).

Historia

Contexto previo

    Artigo principal: Knowledge Revolution.

Previo á creación de Roblox Corporation e Roblox, David Baszucki fundou en 1989 a compañía Knowledge Revolution, que se centrou en crear software para ensinar física e mecánicas de simulación.

Esa compañía creou un simulador de físicas xerais en 2D chamado Interactive Physics, outro en 3D chamado Working Model e finalmente un simulador de físicas 2D para videoxogos chamado Incredible Machine.

David dixo anos despois que a idea de Roblox veu precisamente deste último simulador, ao ver unhas bólao divertido que era o simulador.

Durante o seu tempo coma presidente da compañía ata 1998 uniuse á compañía Erik Cassel, que máis tarde se convertirá no cofundador de Roblox.

Finalmente, a compañía sería adquirida por MSC Software Corporation e David sería o vicepresidente ata o 2004, cando se foi con Erik Cassel para fundar a compañía Roblox Corporation en 2004.

Desenvolvemento e lanzamento

Durante os primeiros anos de desenvolvemento Roblox pasou por varios cambios de nomes. Durante a alpha tivo o nome de GoBlocks e cando saíu ao público na súa beta cerrada cambiou o nome a Dynablocks.beta. Finalmente, en 2005, obtivo o nome de Roblox —un acrónimo das palabras «Robot» e «Bloques» (Robot e Blocks)—.

Nestes dous anos de desenvolvemento houbo moitos cambios, malia a gran maioría foron para mellorar á calidade do usuario, a interface e o rendemento da plataforma. O máis destacable é que, en realidade, a moeda orixinal pensada para Roblox foron os 'Roblox Points' (abreviados 'RP') que se podían obter creando un xogo popular, por obter unha gran puntuación nun minixogo ou por ganar un concurso. Estes foron finalmente eliminados en 2007 coa adición dos Robux.

Finalmente, Roblox foi lanzado oficialmente en setembro de 2006.

Primeiros anos

En marzo de 2007 Roblox comezou a cumprir coa lei COPPA engandindo un chat seguro e que limita aos usuarios menores de 13 anos de certas funcións e pouco máis tarde en agosto engadiuse a membresía Builders Club (BC) aínda que máis tarde sería substituído polo Premium..

En decembro de 2011 faríase a primeira Hack Week que foi un dos primeiros eventos da plataforma na que reuniu aos desenvolvedores dos xogos para que traballen en ideas innovadoras para incluílas na plataforma.

Época antiga

O 1 de abril de 2012 a plataforma foi hackeada masivamente e posteriormente parou o servizo durante varias horas e en decembro lanzaríase a primeira versión para iOS da plataforma.

O ano seguinte, en outubro de 2013, saíu á luz o programa Developer Exchange (en adelante DevEx), que permite aos desenvolvedores intercambiar os Robux que obtiveron por facer xogos, roupa e outro tipo de cousas por dólares.

Pouco despois o 15 de xullo de 2014 sacaron unha versión da plataforma para Android e ao ano seguinte, o 27 de xaneiro de 2016, saldría a versión para Xbox One, cunha selección inicial de só 15 xogos que debían pasar por un proceso de aprobación suxeitos aos estándares da Entertainment Software Rating Boarde en abril Roblox VR para Oculus Rift.

Para rematar o ano, en xuño a compañía lanzou unha versión compatible con Windows 10 (na Microsoft Store) e o 10 de diecembro de 2016 cambiaron o seu logotipo a un máis parecido ao actual.

En xaneiro de 2017 comezaría a vender xoguetes dos xogos creados polos desenvolvedores e que comezarían a estar dispoñibles ao mes seguinte.

Popularización

O samáin de 2021 a plataforma estivo sen servizo do 29 ao 31 dese mes converténdose na peor caída da plataforma na súa historia e cuxa causa aún é descoñecida.

En marzo do 2022 a plataforma é demandada por empresas discográficas debido ao copyright dos audios e música subidos polos usuarios que provocou que agora só se poidan usar audios e música creados por ti mesmo.

Pouco despois, en setembro do mesmo ano, no Roblox Developers Conference (RDC) a plataforma introduciu un sistema de cualificación de idade para os seus xogos. Posteriormente, en xuño do ano seguinte anunciouse a cualificación de xogos +17 nos que sería permitido contido máis adulto, como contido relacionado con apostas, alcohol e citas en línea e anunciou a chegada da plataforma ás consolas de PlayStation 4 e PlayStation 5 para o 10 de outubro do mesmo ano.

Características

Xogabilidade

En Roblox os xogadores exploran mundos tridimensionais creados por desenvolvedores de xogos. Nestes xogos as actividades que podes facer son diversas; Roblox non é un xogo, é unha plataforma parecida a servizos de distribución de xogos coma Steam polo que as actividades que se poden facer nestes xogos son diversas: explorar os mundos, recolectar recursos, falar con outros xogadores ou pelear contra eles...

O único que é independente dos xogos é o 'personaxe ' que leves (comunmente chamado avatar) no que podes personalizarlle as animacións que ten, a roupa que leva, a súa cara, a forma do corpo... Todas estas modificacións do noso personaxe pódense comprar na tenda de vestimentas.

Interacción social

A interacción social en Roblox é moi importante. Aínda que existen xogos singleplayer (dun xogador), a gran mayoría destes xogos son de calquera xénero existente (de disparos en primeira persoa (FPS), de construción, de supervivencia, de rol...) pero multixogador, é dicir, que requiren da acción doutros xogadores ou mesmo hai interacción entre eles.

Na gran mayoría deles, esta interacción se da simplemente por texto (por un chat) ou mesmo por voz (aínda que menos frecuente, xa que esta opción está limitada para usuarios de 13 anos ou máis).

Por outra banda, tamén están as interaccións fora dos xogos, como nos grupos, perfiles... Nestes casos os grupos funcionan coma un centro de distribución de mensaxes entre xogadores (parecido aos servidores de Discord) e os perfiles como algo máis persoal; para seguir a xogadores, ou mesmo para ser os seus amigos, tendo un límite máximo de 200.

Conciertos virtuais

Un punto bastante importante dentro da interacción social en Roblox son os conciertos virtuais. Estes son, en realidade, eventos coma os xa mencionados pero que teñen unha relevancia maior aos habituais. Por mencionar a algúns temos:

One World: Together at Home

Foi un evento en colaboración con 'Xuntos na casa" para promover quedar na casa durante a pandemia da COVID-19 que se fixo dende o 17 de abril ata o 19 de abril de 2020. Contaba cun xogo propio especial e cunha campaña na que se podía comprar no catálogo roupa e accesorios relacionados co evento durante un tempo limitado.

Ava Max Heaven & Hell Launch party

Foi unha colaboración para promocionar o novo álbum de Ava Max 'Heaven & Hell' que durou dende o 24 de setembro ata o 25 de setembro de 2020. Ao igual co anterior tivo unha serie de accesorios por tempo limitado, malia este tivo certas queixas polo funcionamento do evento.

Lil Nas X Concert Experience

Foi unha colaboración entre Roblox e o artista Lil Nas X para promocionar á súa nova canción 'Holiday'. Este evento tivo un impacto significativamente maior aos anteriores pois contou cunha mellora técnica bastante mellor e, en xeral, un mellor deseño da experiencia, malia tivo certos problemas de conectividade polo seu éxito: 33 millóns de participantes.

Creación dos xogos

A plataforma de Roblox non podería existir sen os xogos que ten e estes sen o motor para facelos Roblox Studio. É por iso que é importante falar un pouco do seu motor.

Roblox Studio é un motor de videoxogos que usa unha linguaxe de programación propia chamada Luau que, en realidade, é unha versión propia de Lua 5.1 que inclúe moitas máis funcións sobre todo orientadas á POB. Ademais, conta cun sistema de modelaxe sinxelo aínda que tamén se poden importar modelos de herramientas externas coma Blender.

Economía

A economía da plataforma de Roblox pode referirse ou ben aos beneficios que obtén Roblox Corporation e de onde o obtén ou mesmo ao sistema de monetización da plataforma parecido ao de YouTube.

Moeda

A moeda de Roblox son os Robux (tamén abreviados coma R$). É a única moeda que hai actualmente e que nos permiten comprar calquera tipo de cousa coma roupa ou incluso 'pases' (que sería o equivalente aos DLC noutros xogos) e que son independentes de cada xogo de Roblox.

Tix

Os tíckets, chamados comunmente Tix, eran unha moeda antigua da plataforma que existía en simbiose cos Robux. Os obtiñas se te unías a diario a Roblox. Estes estiveron dispoñíbeis ata 2016, e crese que foron eliminados por xente que abusaba do sistema e por non ser sostíbel.

Íconos

A moeda (Robux) pasou por un cambio de deseño en novembro de 2019.

Funcionamento da economía

O funcionamento da economía de Roblox é sinxelo: podes comprar Robux (ou unha membresía mensual) mediante a páxina de compra e gastalo no que queiras: os mencionados pases, roupa, na creación de 'logros' para o teu xogo, para crear grupos ou roupa...

Tamén podes obtelos de maneira gratuíta. Cando compras artigos do catálogo, pases, entre outras cosas, o 30% dos Robux que gastas van de novo ás mans de Roblox mentres que o outro 70% é para o desenvolvedor que fixo roupa no catálogo, pases..., tendo un funcionamento moi parecido ao de Steam. Eses Robux son entón retidos de un a sete días ata que o usuario os recibe na súa conta.

Existe unha tercera forma para gañar Robux que usa un modelo parecido ao da bolsa. No catálogo hai artigos que se poden vender xerando así un sistema de compra-venda que se pode usar para investir: cómprase algo dun valor concreto e trátase de revendelo por un valor maior. Para isto normalmente úsanse artigos 'Limitados' (é dicir, que só están dispoñibles durante certo tempo ou hai un número de existencias limitado). Por todo isto, co pasar do tempo soben o seu prezo converténdose noutra boa opción para gañar Robux.

Developer Exchange

O Developer Exchange ou DevEx é unha empresa emerxente que Roblox usa para pagar con dinero real aos seus desenvolvedores convertendo así o desenvolvemento de xogos na súa plataforma en algo rendible.

Para entrar ao programa necesitas cumprir unha serie de requisitos para entrar malia. O programa funciona coma un conversor de divisas dos teus Robux en dinero real. Para facelo tan só tes que elixir a cantidade de Robux que queres retirar da túa conta e o programa mostra automaticamente canto dinero sería en dólares.

Representación da compañía

Logos

Iconas

Recepción

Roblox recibiu críticas maiormente positivas grazas a súa variedade de xogos que se poden atopar e tamén por permitir que calquera persoa poida participar na creación destes xogos. Common Sense Media deulle unha puntiación de 4/5 estrelas eloxiando esta variedade e a capacidade de fomentar a creatividade dos cativos e a natureza descentralizada da plataforma que facía seguro a calidade dos xogos.

Usuarios activos

Dende outubro de 2019 a plataforma xa rexistraba máis de 5 000 000 de creadores de xogos e máis de 200 millóns de xogadores activos mensuais que xogaron máis de 450 millóns de horas aos xogos da plataforma, pero este crecemento incrementou aínda máis a partir da pandemia da COVID-19 onde Roblox obtivo máis usuarios activos de maneira mensual que Minecraft.

Actos de caridade

Roblox donou parte das súas vendas a causas benéficas coma para o Terremoto de Haití, o Terremoto de Tohoku, o Tsunami de 2011 e para enfermidades coma a COVID-19, a investigación para encontrar curas para o cancro e a ELA.

Críticas de medios de comunicación e da comunidade

Roblox ao longo da súa historia pola adición de novo contido, por certas decisións entre outras cousas estivo envolto en polémicas e críticas por parte da comunidade e, en especial, dos medios de comunicación.

Eliminación de contido.

Durante o tempo de existencia de Roblox a mesma tivo que eliminar moitas cousas nas que algunhas causaron molestia na comunidade. A eliminación das contas de invitados e dos Tix criticáronse moito, pois era considerado que se facía polo ben empresarial de Roblox.

Notas

    Referencias

Tags:

Roblox HistoriaRoblox CaracterísticasRoblox EconomíaRoblox Representación da compañíaRoblox RecepciónRoblox NotasRoblox

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

O lapis do carpinteiroRelación sexual humanaÁrbores senlleiras de GaliciaNacionalidade históricaA Illa, EntrimoEnciclopediaAbrilXestaMeteoGaliciaCarlos NegroCanle (comunicación)Primeira República GalegaAs Carballas, Tabeirós, A EstradaAWStatsSantiago de CompostelaSobreiraLista das aves de GaliciaJesús Hidalgo BermejoTreboadaSonia MéndezTamara CanosaFelaciónPremio Miguel de CervantesItä-Helsingin KiekkoKiwi (froita)CascudaFederico García LorcaHTMLAves non voadorasPremio de Poesía Johán CarballeiraEladio SantosGonzalo LouzaoCantares gallegosMovemento de independencia da IndiaXosé Luís Méndez FerrínO Barco de ValdeorrasAvesIndependentismo galegoGaliciaNapoleón I de FranciaJosé Luis GilDía de San XurxoJosé López CamposJenna JamesonPadre CasaresBristolNCISAsalto do bou EvaRondaLuís SeoaneO Pino, O PinoBaloncesto nos Xogos OlímpicosManuel Gallego VilaA Ponte do Porco, Miño, MiñoReino suevoAntón Villar PonteGuillermo Alonso BarciaRaquel AtanesLista de países por superficiePortadaMicenasMaría Teresa PérezMigración das avesDiada de Sant JordiXabier DíazOs vellos non deben de namorarseBlogLauren BacallComarca da Mariña OrientalConcellos de GaliciaParque Nacional das Illas AtlánticasLucas VázquezManuel TurizoAlfonso Basterra Camporro🡆 More