Ramón Franco

Ramón Franco Bahamonde, nado en Ferrol o 2 de febreiro de 1896 e finado en Mallorca en outubro de 1938, foi un político, militar e aviador galego.

Pasou á historia pola fazaña do voo do Plus Ultra, feito que o converteu nun heroe da súa época.

Infotaula de personaRamón Franco
Ramón Franco
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de febreiro de 1896 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de outubro de 1938 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Mar Mediterráneo Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata (Accidente ou incidente de aviación Editar o valor em Wikidata)
Ramón Franco Deputado nas Cortes republicanas

14 de xullo de 1931 – 29 de xullo de 1931

Circunscrición electoral: Barcelona (capital) (en) Traducir
Ramón Franco Deputado nas Cortes republicanas
9 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Sevilla (capital) (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia de Infantería de Toledo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmilitar , aviador militar , político Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1911 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarInfantry Forces of the Spanish Army (en) Traducir e Aeronáutica Militar Española (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militartenente coronel Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra do Rif e guerra civil española Editar o valor em Wikidata
Participou en
15 de decembro de 1930Sublevación do aeródromo de Cuatro Vientos
24 de xuño de 1926Sanjuanada Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeCarmen Díaz Guisasola (en) Traducir (1924–1930) Editar o valor em Wikidata
PaisNicolás Franco Salgado-Araújo Editar o valor em Wikidata  e Pilar Bahamonde Editar o valor em Wikidata
IrmánsPilar Franco, Nicolás Franco e Francisco Franco Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria

Era fillo do capitán da Mariña Nicolás Franco y Salgado de Araújo e de María del Pilar Bahamonde y Pardo de Andrade, e irmán de Nicolás, Pilar e Francisco Franco. Era o fillo que máis se parecía ao seu pai, destacaba polo seu carácter extravertido, alegre, despreocupado e rebelde. A nai esperaba que se dedicase á vida eclesiástica, aínda que finalmente optou pola carreira militar, como os seus irmáns. Ingresou na Academia de Infantaría de Toledo en 1911 e licenciouse no posto 37 de 413 alumnos.

En 1914 foi destinado como oficial de infantaría ao Protectorado español de Marrocos, onde serviu no corpo de Regulares. En 1920 foi destinado á Aeronáutica Militar Española como alumno da escola de pilotos. Obtivo o título de aviador e foi destinado á base de hidroavións de Atalayón, Melilla, onde pronto destacou polo seu apoio ás tropas de terra. As súas actuacións en África convertérono nun dos pilotos máis populares da Aeronáutica militar. En 1924 recibiu a Medalla Militar polas súas actuacións na Guerra do Rif.

Ramón Franco 
O hidroavión Plus Ultra no Museo Luján de Buenos Aires.

O 22 de xaneiro de 1926, o hidroavión Dornier Wal Plus Ultra partiu dende o peirao de La Calzadilla, en Palos de la Frontera, ás 7:55. En recordo da primeira viaxe colombina, a vila de Palos volveu ser escollida como inicio dunha aventura transoceánica, esta vez por vía aérea. Realizou paradas nas Palmas de Gran Canaria, Río de Xaneiro, Recife e Montevideo. A tripulación, liderada por Franco, estaba formada polo capitán de artillaría Julio Ruiz de Alda, o alférez de navío Juan Manuel Durán González e o soldado mecánico Pablo Rada Ustarroz. Leopoldo Alonso, fotógrafo do aeródromo madrileño de Cuatro Vientos, filmou a partida do avión dende As Palmas de Gran Canaria. O 10 de febreiro chegaron a Buenos Aires, logo de percorrer 10.270 km nunha travesía de 59 horas e 39 minutos. Este foi o primeiro voo en hidroavión que cruzou o océano Atlántico e pasou á historia como un dos grandes raids da aviación española. Ramón Franco converteuse nun heroe popular na España da década de 1920.

En decembro de 1930, xunto con outros aviadores como Ignacio Hidalgo de Cisneros, sublevouse contra a monarquía de Afonso XIII no aeródromo militar de Cuatro Vientos. Engalou cun avión e botou proclamas revolucionarias ameazando bombardear o Palacio Real, aínda que ao final só deu proclamas revolucionarias. Tralo fracaso da sublevación, marchou ao exilio a Lisboa xunto con outros aviadores rebeldes.

Coa chegada da Segunda República Española non só foi rehabilitado no seu posto. O goberno provisional republicano tamén o nomeou director xeral da Aeronáutica Militar e recuperou a súa condición de heroe. A diferenza do seu irmán Francisco, Ramón acolleu de maneira positiva a chegada da República.

Ramón Franco 
Ramón Franco contra 1934.
Ramón Franco 
Monumento ao Plus Ultra en Ferrol.

Malia o seu novo posto militar, participou nas eleccións xerais de 1931 por dúas circunscricións, Sevilla-capital e Barcelona. Na primeira presentouse polo Partido Republicano Revolucionario (PRRev), xunto a candidatos como o andalucista Blas Infante, mentres que na segunda o fixo como independente federalista. Nos días previos aos comicios participou nos sucesos coñecidos como o complot de Tablada, aos que se sumou un aparatoso accidente durante un mitin en Lora del Río. Por estes incidentes foi destituído do seu cargo e acabou por solicitar a baixa voluntaria no exército. O 28 de xuño foi elixido deputado tanto por Sevilla como por Barcelona, con 91.731 votos. Converteuse en deputado por Barcelona e integrouse no grupo parlamentario de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), partido que o respaldaba. Nun mitin durante a campaña electoral en Barcelona chegara a declararse partidario dunha "Federación de Repúblicas Ibéricas".

Na súa primeira comparecencia mantivo un agre debate con Miguel Maura sobre o complot de Tablada. Esta primeira intervención pública reflectiu os seus escasos dotes parlamentarios e oratorios. Isto fíxolle perder gran parte da súa popularidade e credibilidade e xa non se presentou ás eleccións de 1933. Solicitou o reingreso na Aeronáutica Militar, o cal lle foi concedido. O novo goberno radical de Alejandro Lerroux, que pretendía mantelo afastado, nomeouno agregado aéreo na embaixada española en Washington (Estados Unidos).

Guerra civil

En 1936, tralo Golpe de Estado no que tomou parte o seu irmán, continuaba como agregado aéreo na embaixada española en Washington, D.C.. En vista da situación existente en España, púxose en contacto cun antigo amigo de seu, preguntándoo sobre unha hipotética volta á zona republicana e poñerse ás ordes do goberno. Este consultouno co presidente Manuel Azaña, que comentou «que non veña; pasaríao moi mal». Despois dalgunhas dúbidas, no mes de outubro, Ramón Franco trasladouse a Portugal e pasou á zona dominada polos sublevados, uníndose a eles. Téñense sinalado os lazos familiares como unha das razóns polas que se uniu ao bando rebelde, facendo prevalecer a lealdade familiar ás ideas políticas. Porén, hai quen defende que se uniu aos sublevados tralo asasinato do seu amigo Julio Ruiz de Alda na prisión Modelo de Madrid.

Foi destinado ás illas Baleares e nomeado xefe de Aviación polo seu irmán, o que provocou unha protesta escrita do xefe da Aviación Nacional, Alfredo Kindelán, xa que o nomeamento fora levado a cabo sen consultalo, pois era evidente que se oporía.

Morte

Franco faleceu en outubro de 1938 durante un voo desde a base de hidroavións do porto de Pollença, ao estrelarse o hidroavión de fabricación italiana CANT Z.506 Airone que pilotaba. Partiu da base con moi malas condicións atmosféricas e co avión cargado con case mil quilos de bombas. Ao internarse nun trebón e non ser quen de dominar o aparato, caeu en barrena sobre o mar.

A súa morte deu lugar a rumores sobre unha posible sabotaxe, ben procedente do bando republicano ou do bando sublevado. Especúlase con que verían nel un personaxe molesto, debido ao seu pasado, o seu prestixio na aviación e o seu parentesco co líder do bando sublevado. Segundo a súa irmá, foi asasinado pola masonaría porque quería publicar un libro antimasónico, La burla del grado 33.

Obras

  • De Palos al Plata (1926).
  • Madrid bajo las bombas (1931).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Ramón Franco TraxectoriaRamón Franco Guerra civilRamón Franco MorteRamón Franco ObrasRamón Franco NotasRamón Franco Véxase taménRamón Franco189619382 de febreiroFerrolMallorcaOutubroPobo galego

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Parroquias de GaliciaLareiraRoko (actriz)SeseoRaquel AtanesTelevisión de GaliciaLeBron JamesBenito KamelasPeneAs Pontes de García RodríguezMorgadoPaís VascoRafael NadalEscudo de GaliciaChris HemsworthVedraRa verdeTameiga, MosDavid GuettaBosquePosicións sexuaisOU-903Alexandre o GrandeEdicións A Nosa TerraRodrigo Díaz de VivarRosalía de CastroGheadaJoan CrawfordBad GyalPO-206As NevesCarme Giralt i RosésMaría ReimóndezCortizaSabugueiroXabier DeiveLondrinaRevolución IndustrialRaíña LupaOcéano ÍndicoPO-213Cecilia (cantante)ProxyHannah ArendtOU-405Abu ZabiRevolución galega de 1846Festa dos maiosFozOU-411Ander IturraspeGonzalo Rodríguez MourulloKevin De BruyneArsenal F.C.NaturezaIndonesiaEva MejutoInside Llewyn DavisDe NinghuresEscherichia coliBaldo RamosLista de palabras galegas de orixe celtaCarles PuigdemontOs PinosOU-622Ollos de augaLista de paísesCándido HermidaCatedral de la Seu d'UrgellPaíses BaixosJesús Vázquez AlmuíñaPedro ChoscoEtruscos🡆 More