Ragdoll

O ragdoll (en inglés literalmente boneca de trapo) é unha raza de gato característica pola súa docilidade extrema.

Os ragdolls adoran os seus donos humanos e non lles gusta estar sós.

Ragdoll
Exemplar de ragdoll.

Mutacións naturais e cruzamentos selectivos forzados entre razas moi domésticas coma a siamesa, a persa e a birmana privaron a este gato de calquera instinto de defensa. Reacciona pouco ó perigo, móstrase dócil e tranquilo. É un gato caseiro e moi intelixente.

Unha particularidade do ragdoll consiste no feito de que cando se colle no colo é capaz de afrouxar os músculos e relaxarse de todo, ata volverse inerte e con consistencia de boneco. Esta característica é a que xustamente explica a orixe da súa denominación. Outra característica é a súa voz, que é debilísima, e raramente miaña, ata o punto de que é necesario vixialo para asegurarse de que non teña ningún problema.

Características

O ragdoll é un gato de pelaxe longa ou semilonga, con tres variedades de patrón: colorpoint, bicolor, e mitted. Os colorpoint (tamén coñecido como xene siamés) identifícanse porque teñen unha cor diferente ó branco nas extremidades, os bicolor dúas cores e os mitted porque teñen o queixelo branco e "luvas" brancas.

As cores da pelaxe poden ser marrón (seal), agrisado (blue), chocolate, e lila, tanto na cara coma nos pes. Tamén existen con outras cores menos tradicionais coma crema, avermellado coma unha chama (flame) e tipo lince.

A súa pelaxe necesita un coidado mínimo, e non se anuda se se peitea regularmente.

Os gatos da raza Ragdoll tardan uns tres anos en alcanzar por completo o desenvolvemento físico maduro. Un Ragdoll adulto macho pode pesar entre 5,4 e 9 quilogramos e chegar a medir 90 centímetros de longo mentres que o peso da femia oscila entre os 4,5 e 6,8 kg.

Referencias

  • Ragdoll Standar FIFe.
  • Ragdoll J. Anne Helgren (2006). Telemark Productions.
  • "Welcome to the Governing Council of the Cat Fancy",
  • Understanding Cat Behaviour. The Complete Feline Problem Solver Roger Tabor (2003). P 33.
  • Do cats always land on their feet Gina Spadafori, Marty Becker.
  • The Cat: Its Behaviour, Nutrition and Health Linda P. Case, Kerry Helms, Bruce Macallister (2003). P 31.
  • Ragdoll Breed standard Governing Council of Cat Fancy.
  • Ragdoll Breed Standard Cat Fanciers' Association.
  • Breed Profile Cat Fanciers' Association.

Notas

Tags:

Lingua inglesa

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

BidueiroAdolfo SuárezPonte NafonsoCerdedo-CotobadeXestaLista de filmes en galego con maior recadaciónC (linguaxe de programación)DodroCarlo AncelottiElena FuriasePegaSpice GirlsLeninNacho CastañoPortadaAlec BaldwinBuxoRaffaella CarràFidel FernánCanal de SuezMatthew McConaugheyMichael DouglasThe ArtistNicolas CageRubén BarajaPúrpuraLista de nomes femininos en galegoJosé Ángel JuradoGalería de imaxes de arañas de GaliciaLuísa VillaltaIolanda MuíñosTECOR societarioA lingua das bolboretasTamara CanosaMareas vivasAterínidosMosteiro de Santa María de OseiraAturuxo (folclore)Estados Unidos de AméricaTereixa NavazaDolores IbárruriManuel Gómez CantosGarbiñe MuguruzaDavid Álvarez ReyDonald SutherlandMiguel de LiraVicente RiscoJulián Bustelo AbuínCarlomagnoLista de castelos de PortugalCirrioXosé Antonio TouriñánImanol IdiakezChimpínComarca do XallasRianxoLista de programas de Televisión EspañolaFrancisco FrancoFascismoIria MorgadeFacultade de Xeografía e Historia de Santiago de CompostelaXXXTentacionFernando AlonsoGeorge ClooneyFelipe Senén LópezRibeiraParadigmas dos verbos irregulares galegosLingua coreanaRafael DiesteReikiAlfonso Basterra CamporroTrese (serie de televisión)🡆 More