Paul Naschy

Jacinto Molina Álvarez, artisticamente coñecido como Paul Naschy, nado en Madrid o 6 de novembro de 1934 e finado o 30 de novembro de 2009 na mesma cidade , foi un actor, director de cine, guionista e levantador de pesas español.

Participou como actor en máis de cen películas e series de televisión, en 39 como guionista e en 14 como director.

Infotaula de personaPaul Naschy
Paul Naschy
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Jacinto Molina Editar o valor em Wikidata
6 de setembro de 1934 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de novembro de 2009 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de páncreas Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaBurgos cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , actor de cinema , actor de teatro , guionista , halterófilo , actor de dobraxe Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1955 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportehalterofilia Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeElvira Primavera
Premios

IMDB: nm0596701 Allocine: 26646 Allmovie: p103200
Dialnet: 3077681 Find a Grave: 45385996 Editar o valor em Wikidata

Segundo el mesmo, decidiu dedicarse ao cine de terror tras ver a película Frankenstein Meets the Wolf Man. Foi un dos máis famosos intérpretes do lobishome, realizando este papel en numerosas ocasións a partir de 1968.

A súa derradeira participación en cine como actor, de maneira póstuma, foi no filme galego de animación O Apóstolo, en 2012.

Traxectoria

Sendo mozo, practicou a ximnasia e máis adiante a halterofilia, deporte dentro do cal se proclamou campión de España en 1958 na categoría de peso lixeiro. Con ese triunfo foi seleccionado para representar ao país nos campionatos europeo e mundial de 1961, que se celebraron en Viena, e onde terminou como sexto lugar europeo e noveno mundial.

En 1960 acudiu a participar como extra na película estadounidense King of Kings (dirixida por Nicholas Ray), que se rodou en España e na cal foi seleccionado para facer dun servente de Herodes Antipas, debido ao físico que a práctica da halterofilia déralle. Esta foi a súa primeira participación parcialmente reconocible no cine. Con motivo da estrea a nivel mundial da película A marca do home lobo pedíuselle que escollese un sobrenome, para que o filme puidese ser vendido máis facilmente en todos lados. Lembrando a outro halterista, o húngaro Imre Nagy, tomou o seu apelido para compor o que sería o seu nome artístico, Paul Naschy.

Ao longo da súa traxectoria encarnou numerosas figuras do cine de terror clásico, como o home lobo, o chepudo, o conde Drácula, a momia... o que lle reportou o cualificativo do Lon Chaney español. Un dos seus personaxes máis famosos é Waldemar Daninsky, un lobishome que apareceu en varios dos seus filmes desde 1968. O nome do personaxe foi tomado dun levantador de pesas polaco ao que coñeceu nos campionatos mundiais, Waldemar Bachanvski. En 1994 creou o Festival de Cine Fantástico de Burgos (Fantastic Burgos).

En 2009 publicouse Alaric de Marnac, a súa única novela, na que falaba de personaxes e acontecementos xa inventados en filmes como El espanto resucita de la tumba (1972) ou El marshal del infierno (1974). O 30 de novembro de 2009 faleceu de cancro. Está enterrado en Burgos, a cidade natal da súa muller e onde pasou parte da súa infancia.

Recoñementos

Recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito en Belas Artes en 2001 pola súa traxectoria.

No documental de 2010 Las imágenes perdidas. A outra mirada do director galego Juan Pinzás, pódense ver as últimas imaxes de Naschy, nunha película que rematou de rodar un mes antes da súa morte. Neste documental aparece falando de vida, enfermidade, morte e cine xunto a Javier Gurruchaga, entre outros.

Filmografía

Como director

  • Inquisición (1976).
  • El huerto del francés (1977).
  • Madrid al desnudo (1978).
  • El caminante (1979).
  • Los cántabros (1980).
  • El carnaval de las bestias (1980).
  • El retorno del hombre-lobo (1981).
  • Latidos de pánico (1983).
  • La bestia y la espada mágica (1983).
  • El último kamikaze (1984).
  • Mi amigo el vagabundo (1984).
  • Operación Mantis (El exterminio del macho) (1984).
  • El aullido del diablo (1987).
  • La noche del ejecutor (1992).
  • Empusa (2010).

Como actor

  • La esclava del paraiso (José María Elorrieta, 1967).
  • La marca del hombre lobo (Enrique L. Eguiluz, 1968).
  • Las noches del hombre lobo (René Govar, 1969). inacabada
  • Los monstruos del terror (Tulio Demicheli, 1970).
  • La noche de Walpurgis (León Klimovsky, 1971).
  • La furia del hombre lobo (José María Zabalza, 1971).
  • Jack el destripador de Londres (José Luis Madrid, 1972).
  • Dr. Jekyll y el Hombre Lobo (León Klimovsky, 1972).
  • Los crímenes de Petiot (José Luis Madrid, 1972).
  • El espanto surge de la tumba (Carlos Aured, 1972).
  • Disco rojo (Rafael Romero Marchent, 1972).
  • La rebelión de las muertas (León Klimovsky, 1973).
  • El jorobado de la Morgue (Javier Aguirre, 1973).
  • El gran amor del Conde Drácula (Javier Aguirre, 1973).
  • La orgía de los muertos (José Luis Merino, 1973).
  • La venganza de la momia (Carlos Aured, 1973).
  • El retorno de Walpurgis (Carlos Aured, 1973).
  • El asesino está entre los trece (Javier Aguirre, 1973).
  • Los ojos azules de la muñeca rota (Carlos Aured, 1973).
  • Tarzán en las minas del rey Salomón (José Luis Merino, 1973).
  • Las ratas no duermen de noche (Juan Fortuny, 1973).
  • Una libélula para cada muerto (León Klimovsky, 1974).
  • El mariscal del infierno (León Klimovsky, 1974).
  • La diosa salvaje (Miguel Iglesias, 1974).
  • La cruz del diablo (John Gilling, 1975).
  • Exorcismo (Juan Bosch, 1975).
  • La maldición de la bestia (Miguel Iglesias, 1975).
  • Los pasajeros (José Antonio Barrero, 1975).
  • Todos los gritos del silencio (Ramón Barco, 1975).
  • Muerte de un quinqui (León Klimovsky, 1975).
  • Ambición fallida (Christian-Jaque, 1975).
  • Último deseo (León Klimovsky, 1976).
  • Secuestro (León Klimovsky, 1976).
  • Inquisición (Jacinto Molina, 1976).
  • Pecado mortal (Miguel Ángel Díaz, 1977).
  • El francotirador (Carlos Puerto, 1977).
  • Muerte de un presidente (José Luis Madrid, 1977).
  • El transexual (José Jara, 1977).
  • El huerto del francés (Jacinto Molina, 1977).
  • Madrid al desnudo (Jacinto Molina, 1978).
  • El caminante (Jacinto Molina, 1979).
  • Los cántabros (Jacinto Molina, 1980).
  • El carnaval de las bestias (Jacinto Molina, 1980).
  • El retorno del hombre lobo (Jacinto Molina, 1980).
  • Misterio en la isla de los monstruos (Juan Piquer Simón, 1981).
  • La batalla del porro (Joan Minguell, 1981).
  • Buenas noches, señor monstruo (Antonio Mercero, 1982).
  • La espada del samurái (Jacinto Molina, 1982, TV).
  • Latidos de pánico (Jacinto Molina, 1983).
  • La bestia y la espada mágica (Jacinto Molina, 1983).
  • El último kamikaze (Jacinto Molina, 1984).
  • Mi amigo el vagabundo (Jacinto Molina, 1984).
  • Operación Mantis (El exterminio del macho) (Jacinto Molina, 1984).
  • Mordiendo la vida (Martín Garrido, 1986).
  • El aullido del diablo (Jacinto Molina, 1987).
  • Aquí huele a muerto (Álvaro Sáenz de Heredia, 1989).
  • State of Mind (Reginald Adamson, 1992).
  • La noche del ejecutor (Jacinto Molina, 1992).
  • Los Resucitados (Arturo de Bobadilla, 1995).
  • Licántropo: el asesino de la luna llena (Francisco Rodríguez Gordillo, 1996).
  • Científicamente perfectos (Francisco Javier Capell, 1996).
  • Cuando el mundo se acabe te seguiré amando (Pilar Sueiro, 1998).
  • El ojo de la Medusa (José Cabanach, 1998).
  • Érase otra vez (Juan Pinzás, 2000).
  • La gran vida (Antonio Cuadri, 2000).
  • School Killer (Carlos Gil, 2001).
  • El lado oscuro (Luciano Berriatúa, 2002).
  • Octavia (Basilio Martín Patino, 2002).
  • Mucha sangre (Pepe de las Heras, 2002).
  • Tomb of the Werewolf (Fred Olen Ray, 2004).
  • Countess Dracula's Orgy of Blood (Donald F. Glut, 2004).
  • Rojo sangre (Christian Molina, 2004).
  • Rottweiler (Brian Yuzna, 2004).
  • Um lobisomem na Amazônia (Ivan Cardoso, 2005).
  • Crímenes ejemplares de Max Aub (corto) (Carlos Grau, 2005)
  • The Edgar Allan Poe Collection: Vol. 1: Annabel Lee & Other Tales of Mystery and Imagination (2006). Segmento El corazón delator (Alfonso S. Suárez).
  • La duodécima hora (Rodrigo Plaza e Juanma Ruiz, 2007).
  • Lágrimas de papel (Ángel Gómez, 2007).
  • The Vampyre by John W. Polidori (Alejandro Ballesteros e Antonio Curado, 2007).
  • La herencia Valdemar (José Luis Alemán, 2009).
  • Nadie Inquietó Más - Narciso Ibáñez Menta (2009) ...el mesmo
  • La sonrisa del lobo (Javier Perea, 2009).
  • La herencia Valdemar II: La sombra prohibida (José Luis Alemán, 2010)
  • Empusa (Jacinto Molina, 2010).
  • Las imágenes perdidas. La otra mirada (Juan Pinzás, 2010)
  • O Apóstolo (F. Cortizo, 2012)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Agudo, Ángel: Paul Naschy: la máscara de Jacinto Molina, Editorial Scifiworld, 2009 (biografía), ISBN 978-84-937460-1-8
  • Esposito, Riccardo F.: Paul Naschy, en Il cinema dei licantropi, Fanucci, Roma (Italia), 1987, ISBN 88-347-0053-8, páxs. 83 a 89.
  • González Martínez, José Luis: Homenaje a Paul Naschy en la Filmoteca, artigo en Quatermass n.º 1 (Ed. Quatermass, Bilbao, febreiro de 1994), páxs. 44 a 46.
  • Naschy, Paul: Alaric de Marnac, 2009 (novela), ISBN 978-84-937460-0-1
  • Naschy, Paul: Cuando las luces se apagan, Fundación AISGE e T&B Editores (memorias de Paul Naschy), ISBN 978-84-92626-02-1
  • Naschy, Paul: Memorias de un hombre lobo, ISBN 84-920576-6-1.
  • Olano, Josu: La marca de Paul Naschy, entrevista en Quatermass n.º 0 (Ed. Quatermass, Bilbao, xuño de 1993), páxs. 28 a 36.
  • Parrado, Jesús: Entrevista a Paul Naschy, en Quatermass n.º 4/5, monográfico Antología del Cine Fantástico Español (Ed. Astiberri, Bilbao, octubre de 2002), págs. 17 a 26.
  • Romero, Javier G.: Paul Naschy, artigo en Quatermass n.º especial (Ed. Quatermass, Bilbao, novembro de 1999), páxs. 9 e 10.
  • Romero, Javier G.: El retorno de Waldemar Daninsky: Paul Naschy y Francisco Gordillo hablan de "Licántropo", reportaje/entrevista en Quatermass n.º 3 (Ed. Quatermass, Bilbao, outubro de 1998), págs. 5 a 7.
  • VV.AA.: Cine fantástico y de terror espáñol, 1900-1983 Editorial Donostia Kultura.

Ligazóns externas

Tags:

Paul Naschy TraxectoriaPaul Naschy RecoñementosPaul Naschy FilmografíaPaul Naschy NotasPaul Naschy Véxase taménPaul Naschy BibliografíaPaul Naschy200930 de novembro6 de novembroActuaciónDirector de cineEspañaGuionistaHalterofiliaMadrid

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Aliança CatalanaJodie FosterXXX edición dos Premios GoyaHistoria de LimaO Coello, Caldelas de Tui, TuiNapoleón I de FranciaJohnny ThomsonXosé Luís BernalMario CaneiroSalgueiro MaiaCulleredoBaloncesto nos Xogos OlímpicosAmorodoManuel MaríaCatedral de Santiago de CompostelaMaría José Gómez RodríguezPontevedraQEDEladio SantosA fiestra valdeiraRoisAntiga CartagoDereito de autoríaLoboLagarto arnalBloque Nacionalista GalegoC++Concellos de GaliciaCeleste CaeiroContactSexo anal23 de abrilArantza PortabalesOtto von BismarckOs EoasOs PinosGarcía II de GaliciaPremio PlanetaGrupo EroskiHindemburg Melão Jr.AWStatsInterrogación retóricaRoberto Vidal BolañoGuepardoDía do LibroDominio públicoLeninRaquel AtanesAmy WinehouseVila de CrucesTaylor SwiftRías BaixasArgimiro Marnotes FernándezTerraOs pronomes persoais galegosCarlos NegroVilagarcía de ArousaFernando AlonsoVicente RiscoLista de ríos de GaliciaVillablinoLingua galegaAlfabetizaciónCando petan na porta pola noiteMarcos CarbonellSergio RamosSolHLA-DRBuxoAlberto Pombo🡆 More