One Piece: Serie de banda deseñada e animación xaponesa

One Piece (ワンピース, Wanpīsu?) é unha serie xaponesa de manga shōnen creada por Eichiro Oda e publicada na revista Shūkan Shōnen Jump.

Conta cunha adaptación a serie de anime creada por Toei Animation.

One Piece
FormatoAventuras, Acción, Comedia, Drama, Shōnen
Creado porEichiro Oda
IntérpretesAnimación
País de orixeOne Piece: Historia, Sinopse, Personaxes Xapón
EpisodiosAínda en emisión (+600)
Produción
Duración24'x Cap.
DistribuidorArait Multimedia
Emisión orixinal
Canle de orixeFuji TV
Formato de imaxe4:3 / 16:9
Primeira emisión20 de outubro de 1999
Derradeira emisión? de ? de 2???
Na rede
https://one-piece.com/comicsanime/comics.html
Twitter: Eiichiro_Staff Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

O manga comezou a súa publicación o 19 de xullo de 1997 na revista semanal Shūkan Shōnen Janpu e ata o 31 de outubro de 2012 apareceron máis de 700 capítulos que se publican tamén como tankōbon, polo de agora 70. A serie de televisión, producida por Toei Animation, principiou a súa emisión en 1999 e ata o 2013 leva emitidos 600 episodios. En Galicia, a TVG e máis tarde TVG2 emiten a serie dentro do espazo Xabarín Club.

One Piece presenta as aventuras de Monkey D. Luffy, un adolescente de 17 anos que adquiriu habelencias sobrenaturais ao comer un froito do demo e que pretende conseguir o seu máis gran devezo, o gran tesouro One Piece o que o transformaría no Rei dos Piratas.

Sinopse

Monkey D. Luffy comeu de neno, accidentalmente, un froito do demo. Luffy, inspirado polo pirata Shanks, sae ao mar para atopar o gran tesouro "One Piece" e converterse así no Rei dos Piratas. Vinte e dous anos atrás, un pirata, Gol D. Roger, coñecido como o "Rei dos Piratas", foi executado, pero antes de morrer, falou acerca do seu famoso tesouro "One Piece". A súa morte propiciou o inicio da Era das Grandes Travesías, pois lanzou incontables corsarios na procura do tesouro perdido.

Luffy converteuse nun deles, ansiando ser o próximo "rei" e levantando áncora para coñecer amigos e ter aventuras con eles, tendo como meta o ansiado tesouro.

Nas súas aventuras, Luffy derrota a numerosos adversarios e, na súa viaxe pola Gran Ruta, coñece os diferentes personaxes que acaban formando parte da súa tripulación.

Personaxes

Episodios

Dobraxe

  • Estudio: Sodinor S.A. (Vigo).
  • Data: 2008-2012.
  • Dirección: Matías Brea.
  • Tradución: María Alonso Seisdedos.
  • Elenco da dobraxe:
Personaxe Actor de dobraxe
One Piece: Historia, Sinopse, Personaxes 
Actor orixinal
(Seiyū) One Piece: Historia, Sinopse, Personaxes 
Monkey D. Luffy Daniel Lema Mayumi Tanaka
Zoro Rorona Nacho Castaño Kazuya Nakai
Nami Montse Davila Akemi Okamura
Usopp Manuel Pombal Kappei Yamaguchi
Sanji Gaspar Somoza Hiroaki Hirata
Nefertari Vivi / Miss Wednesday Beatriz García Misa Watanabe
Reni Reni Chopper Charo Pena Ikue Ootani
Nico Robin / Miss All-Sunday Teresa Santamaría Yuriko Yamaguchi
Coby Ana Lemos Mika Doi
Helmeppo Antón Olmos Koichi Nagano
Shanks Óscar Fernández Shuichi Ikeda
Gol D. Roger Antón Cancelas Chikao Ohtzuka
Capitán Fumeta Alfonso Valiño Ginzo Matsuo / Mahito Oba
Tashigi Xermana Carballido Noda Junko
Capitán Buggy Andrés Bellas Shigeru Chiba
Alvida (gorda) Amelia Rodríguez Yoko Matsuoka
Alvida (fraca) Miriam Aldrei Yoko Matsuoka
Zeff Pés Vermellos Alfonso Valiño Koji Yada
Don Krieg Luís Iglesia Tachiki Fumihiko
Ollos de Falcón Xosé Tanas Takeshi Aono
Nojiko Isabel Vallejo Wakana Yamazaki
Bellemere Teresa Santamaría Noriko Hidaka
Arlong Miguel Pernas Jurota Kosugi
Mr. 3 Matías Brea Nobuyuki Hirayama
Miss Goldenweek Helena Amoedo Akiko Nakagawa
Mr. 0 / Crocodilo Gonzalo Faílde Ryuzaburo Otomo
Mr. 2 / Bon Clay Antón Rubal Kazuki Yao
Wapol Paco Barreiro Bin Shimada
Portgas D. Ace Gelos Rosado Toshio Furukawa
Koza Chema Gagino Takeshi Kusao
Mr. 1 Óscar Fernández Tetsu Inada

Música de One Piece

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

One Piece HistoriaOne Piece SinopseOne Piece PersonaxesOne Piece EpisodiosOne Piece DobraxeOne Piece Música de One Piece Véxase taménOne Piece

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

CreampieO imperio do solDaniel Vega PérezVómito (grupo musical)Lingua portuguesaMyanmarTraxe galegoTerra Eo-NaviaBaltimoreBruxaríaÁreas lingüísticas do galegoTransición EspañolaMiguel de Unamuno1976ValladolidUnión AfricanaHemoReal Sporting de XixónLista de WikipediasProvincia de HuescaDepósito de Metais Preciosos dos Estados UnidosPartido dos Socialistas de GaliciaJuan TouzónMúsica tradicional galegaJulian AssangeShirley ChisholmSiemens AGGuepardoMelillaColocación do pronome átono en galegoCastela e LeónLa Voz de GaliciaUceiraLingua inglesaLandete5 de setembroFolha de S. PauloAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoAnuroPartido Popular de GaliciaPorto da LúaHervásSiaDune (filme de 2021)Pena TrevincaA Cortella, Cedrón, LáncaraMadridAllarizTemplo expiatorio da Sagrada Familia22 de marzoRelación sexual humanaÉxtase (droga)CSSAna Rosa QuintanaMedicinaReal OviedoWikipedia1911HarénIntelixencia artificialBrahim DíazCasco de LeiroMundial de Fútbol de 2010Parroquias de GaliciaTeixugoDoubanMaría ReimóndezAlfred Hitchcock25 de agostoRoscón de CaldasEdurne PasabanThe WireRomán Rodríguez GonzálezCallitriche brutia🡆 More