Nuria Rábano: Futbolista galega

Nuria Rábano Blanco, nada en Ames o 15 de xuño de 1999, é unha futbolista galega que xoga de lateral esquerda no VfL Wolfsburg, da Bundesliga.

Nuria Rábano
Nuria Rábano: Traxectoria, Palmarés, Notas
Información persoal
Nome Nuria Rábano Blanco
Nacemento 15 de xuño de 1999
Lugar de nacemento Santiago de Compostela
Altura 1,65 m.
Posición Lateral esquerda
Información de club
Club actual VfL Wolfsburg
Número 14
Carreira xuvenil
Milladoiro SD
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2015–2016 Atlético Arousana
2016–2020 Deportivo da Coruña 20+
2020–2022 Real Sociedad 57 (0)
2022–2023 FC Barcelona 19 (0)
2023– VfL Wolfsburg 7 (0)
Selección nacional
2015 España sub-17 3 (0)
2017 España sub-19 5 (0)
2018 España sub-20 1 (0)
2021– España 1 (0)
Na rede
Instagram: nuriaarblanco_ Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 1 de xaneiro de 2024.
Selección: actualizado a 1 de xaneiro de 2024.editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Nada en Ames, comezou a xogar ao fútbol no Milladoiro SD, onde exercía como adestrador seu pai, o ourensán Javier Rábano. Xogou con nenos durante máis dunha década, ata que aos 16 anos deu o salto a un equipo puramente feminino, o Atlético Arousana de Vilagarcía.

Despois dunha soa tempada no club vilagarcián, foi fichada polo Deportivo da Coruña, que viña de crear a súa nova sección feminina. Xogou de inicio o primeiro partido oficial da historia do club e a pesar da súa xuventude, axiña se converteu en titular indiscutible. Comezou xogando como extremo e incluso dianteira, ata que Manu Sánchez atrasou a súa posición ata o lateral, onde as súas actuacións a levaron ás categorías inferiores da selección española. En 2019 debutou na Primeira División, despois de conseguir o ascenso na tempada anterior.

En 2020, fichouna o Real Sociedad, equipo co que na tempada 2021/22 conseguiu un subcampionato de liga e a clasificación para xogar a Liga de Campións o próximo ano.

O 17 de xuño de 2022 anunciouse a súa fichaxe polo FC Barcelona. Co equipo adestrado polo tamén galego Jonatan Giráldez conquistou o título de liga de xeito asoballante, con 28 vitorias en 30 partidos e despois de encaixar só 10 goles durante a competición. Chegou tamén á final da Liga de Campións, onde se proclamou campioa ao derrotar ao VfL Wolfsburg, aínda que permaneceu no banco todo o partido. Foi a segunda Champions para o club e o terceiro título da tempada, despois de gañar tamén a Supercopa de España.

En agosto de 2023 anunciouse a súa fichaxe polo VfL Wolfsburg, da Bundesliga.

Selección española

Foi internacional coas categorías inferiores da selección española e proclamouse subcampioa do Mundial sub-20 de 2018. En outubro de 2022 debutou coa selección española absoluta, nun partido ante Suecia no Estadio Nuevo Los Cármenes, onde substituíu na segunda metade a Olga Carmona.

Palmarés

    Deportivo da Coruña
    FC Barcelona
  • Primeira División (1): 2022/23.
  • Supercopa de España (1): 2023.
  • Liga de Campións (1): 2022/23.

Notas

Tags:

Nuria Rábano TraxectoriaNuria Rábano PalmarésNuria Rábano NotasNuria Rábano15 de xuño1999AmesFutbolistaPobo galego

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Albert EinsteinNana MouschouriAs aves na cultura popular galegaCarrizo (paxaro)AWStatsLista de WikipediasNayib BukeleEva FernándezJagoba ArrasateDaniel Vega PérezMonte CaxadoTailandiaTransistorOTANDiciopedia do século 21ForcareiLingua latinaPatronato de Protección da MullerO comparativo galegoAntón LopoÁsturesXenómicaSiaComunidade ValencianaSpotifyMadonnaJosé Ortega y GassetReino de LeónLeopoldo García DuránSitio webCadros de Leonardo da VinciFederico García LorcaPili PampínLlavianaLingua italianaMorteLousameCanle (enxeñaría)AlénRodrigo VázquezHervásRaquel AtanesBatalla de MidwayMúsica tradicional galegaPremio Nobel de FísicaNeymarComunidade autónomaFernando HierroFútbolGoldhutSleim AmmarAmieiroRevolución de 1934MedicinaXunta Xeral do Principado de AsturiasNicolás MaduroTraxe galegoXosé Manuel PiñeiroLlaneraPremio Nobel de Fisioloxía ou MedicinaAmador Vázquez VázquezCangas de Onís1987María VázquezXesús Alonso MonteroMáximo Ramos2024Santiso de AbresLeiroJunts per Catalunya (partido político)As Pontes de García Rodríguez8 de marzoA-6ContactorComuñón anglicana🡆 More