Nai: Muller con descendencia

Para o artigo sobre a aldea, véxase Nai, San Vicente de Paradela, Paradela

Nai: Tipos e características, Notas, Véxase tamén
Nai migrante de Dorothea Lange.

Unha nai, no contexto biolóxico, é o ser de sexo feminino que tivo descendencia.

No caso dos mamíferos como o ser humano, a nai xesta o seu fillo (primeiro chamado embrión e logo feto) na matriz, ata que o feto está desenvolvido dabondo para nacer. A nai entra en parto e dá a luz. Nun sentido máis amplo enténdese por nai a muller que concibe, xesta, da luz e cría un neno. En organismos asexuados, a palabra nai tamén pode significar pai; e no caso dos organismos unicelulares que se reproducen por división, a nai é unha célula que se divide para producir células fillas.

Tipos e características

O título de nai pode telo tamén a muller que cumpra o devandito papel sen ser propiamente a nai biolóxica, especialmente se é quen cumpre o papel social da cría do neno. É o habitual en mulleres que adoptan nenos ou con mulleres casadas con homes que previamente xa tiñan descendencia. O termo tamén se pode referir a unha persoa á que se lle identifica co estereotipo de nai.

Nai: Tipos e características, Notas, Véxase tamén 
Dándolle de mamar ao neno, escultura no parque da Fontevella, no Porriño.

Na actualidade, co avance en tecnoloxías reprodutivas, a función de nai biolóxica pode separarse entre a nai xenética (a que cede o óvulo), a que o xesta (coñecido como nai ou ventre de alugueiro), e a que servirá como nai social, criando o neno. A conexión entre nai e fillo forma unha base segura, dende a que o neno pode posteriormente aventurarse ao mundo.

As mulleres tiñan o principal papel dentro da crianza dos nenos, pero dende finas do século XX o rol do pai no coidado dos nenos ten maior relevancia e aceptación social nos países occidentais. Dende os anos 79, a fertilización in vitro fai posible os embarazos máis alá dos límites "naturais", xerando controversias éticas e xerando cambios no significado social da maternidade.

Nalgunhas sociedades o status de nai solteira ten connotacións negativas. Especialmente en América Latina e nos países mediterráneos, desenvolveuse unha complexa figura en torno á nai, na que é líder e vítima do tecido social, vinculada directamente co fenómeno do machismo.

O Día da Nai celébrase anualmente, en diferentes datas, en moitas partes do mundo. En Galicia celébrase o primeiro domingo de maio.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Jacqueline Rose. Madres: un ensayo sobre la crueldad y el amor.

Tags:

Nai Tipos e característicasNai NotasNai Véxase taménNaiNai, San Vicente de Paradela, Paradela

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Amy WinehouseOrdenadorMúsica tradicional galegaRocío DúrcalJosé López CamposCharles DarwinCélula procariotaMarisolDominio públicoAlexandre BóvedaMario CaneiroDavid MellaOcasoA-57José Benito Suárez CostaRoger MooreTraxe galegoSantiago Casares QuirogaDicionario biográfico de GaliciaGaio (ave)Entropía da informaciónPoloniaLamento da FrouseiraPratos combinadosThe ArtistRevolución de Asturias de 1934CarbohidratoShakiraBetanzosJuan CorralInternetRomaría dos CaneirosRevolución Rusa de 1917Alfabeto galegoMichelle ObamaAristótelesReino UnidoAP-9George PólyaContactOU-115O mar na cultura popular galegaArceCamilo Nogueira RománMasturbaciónElvin BishopSexo analBreixoRaíña LupaBubelaDaniel ChapelaLuísa VillaltaAurichu PereiraVilalbaBrasilDamascoCarlos SoberaIll NiñoDe NinghuresAmérica do NorteRamón Otero PedrayoPilar PonteLinguas indoeuropeasRaffaella CarràGoogle MapsWolfgang Amadeus MozartXogos popularesJosé Antonio Rueda CrespoPedro ChoscoManuel Jesús Vázquez Barca🡆 More