Músico De Sesión: Músico dispoñible para ser contratado

Un músico de sesión é un músico dispoñible para ser contratado, a diferenza dos que son membros permanentes dun grupo ou que se fixeron famosos.

Aínda que o termo xeralmente refírese a músicos con experiencia en estilos de música contemporáneos como o rock, jazz, country ou pop, tamén se pode usar para describir a músicos de estilos máis tradicionais.

Músico De Sesión: Músico dispoñible para ser contratado
Jimmy Page, quen traballou como músico de sesión, no Madison Square Garden nunha actuación con Led Zeppelin.

Aínda que os termos "músico de sesión" e "músico de estudio" úsanse indistintamente, o último xeralmente reservase para aqueles que traballan exclusivamente en estudios de gravación, ás veces para un único estudio ou selo discográfico.

A versatilidade é unha das características do músico de sesión. A maioría dos músicos de sesión teñen que ser capaces de traballar en distintos equipos, dándose a miúdo o caso de que non se coñecen uns a outros e proceden de distintas contornas.

Os músicos de sesión son utilizados en calquera situación na que se requiren habilidades musicais a curto prazo, desde unhas horas ata moitos meses. Exemplos típicos da utilización de músicos de sesión son:

  • Nun estudio de gravación, proporcionando acompañamento para anuncios e música de películas, e programas de televisión.
  • Para proporcionar acompañamento instrumental ou vocal a artistas ou grupos consolidados, tanto no estudio como en directo.
  • Para actuar como substitutos temporais de membros dun grupo.
  • Para proporcionar instrumentos ou voces adicionais cando un grupo os require.
  • En grupos de teatro.

Tags:

JazzMúsica countryMúsica rockPop

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

IndiaArt & CopyGalegoXabarín ClubLista de episodios de Dragon Ball ZCruz de BorgoñaPO-206TilacoideDavid BroncanoManuel RivasFreixoAnatemaGeorge SandPaulo CarrilFozSabela RamosFútbol Club BarcelonaToñito BlancoFelipe Senén LópezCristovo ColónRaquel AtanesCarádridosReal Club Celta de VigoAlba de Evan FreijedoBenito CorbalChiclana de la FronteraHistoria da lingua galegaProsthecobacterGhaleb Jaber IbrahimPrimeira guerra mundialLeonardo da VinciDesoxitimidina monofosfatoRamón NietoAna UllaArenicola marinaA PontenovaVilanova de ArousaHerminio BarreiroAmieiroCohesiónDaniel de la TorreGatipedroBurroDibencil cetonaVerínErecciónDani CarvajalEduardo Blanco AmorTarragonaSergio RamosEverestPaulino PereiroIlustrísimaPeneAlfonso RuedaNordésProfesiónLedicia CostasElena RivoLU-862María LadoJohn Wick 4Suso VaamondeVilalbaJavier CárdenasVilaboaArtrópodosMiguel Ángel RevillaMadonnaTorre de HérculesStourbridgeSuízaEstatua de Che Guevara en OleirosSecundino Fernández🡆 More