Motor Síncrono

Os motores síncronos son un tipo de motor eléctrico de corrente alterna.

A súa velocidade de xiro é constante e depende da frecuencia da tensión da rede eléctrica á que estea conectado e polo número de pares de polos do motor, sendo coñecida esa velocidade como "velocidade de sincronismo".

Motor Síncrono
Esquema dun motor síncrono.

A expresión matemática que relaciona a velocidade da máquina cos parámetros mencionados é:

onde:

  • f: Frecuencia da rede á que está conectada a máquina (Hz)
  • P: Número de pares de polos que ten a máquina
  • p: Número de polos que ten a máquina
  • n: Velocidade de sincronismo da máquina (revolucións por minuto)

Por exemplo, se se ten unha máquina de catro polos (2 pares de polos) conectada a unha rede de 50 Hz, a máquina operará a 1.500 r.p.m.

Funcionan de forma moi similar a un alternador. Dentro da familia dos motores síncronos debemos distinguir:

    1. Os motores síncronos.
    2. Os motores asíncronos sincronizados.
    3. Os motores de imán permanente.

Os motores síncronos son chamados así, porque a velocidade do rotor e a velocidade do campo magnético do estator son iguais. Os motores síncronos úsanse en máquinas grandes que teñen unha carga variable e necesitan unha velocidade constante.

    Arranque dun motor trifásico síncrono.

Existen catro tipos de arranques diferentes para este tipo de motor:

    1. Como un motor asíncrono.
    2. Como un motor asíncrono, pero sincronizado.
    3. Utilizando un motor secundario ou auxiliar para o arranque.
    4. Como un motor asíncrono, usando un tipo de arrollamento diferente: levará uns aneis rozantes que conectarán a roda polar do motor co arrancador.
    Freado dun motor trifásico síncrono.

Por regra xeral, a velocidade desexada deste tipo de motor realízase por medio dun reostato. O motor síncrono cando alcance o par crítico deterase, non sendo esta a forma máis ortodoxa de facelo. O par crítico alcánzase cando a carga asignada ao motor supera ao par do motor. Como comento, non é a forma apropiada para deter o motor, estrágase se abusamos diso, porque se requenta. A mellor forma de facelo, é ir variando a carga ata que a intensidade absorbida da rede sexa a menor posible, entón desconectaremos o motor. Outra forma de facelo, e a máis habitual, é regulando o reostato, con iso variamos a intensidade e podemos desconectar o motor sen ningún risco.

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Corrente alternaFrecuenciaMotor eléctrico

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Paula CarballeiraMoncho ValcarceDolores IbárruriÁreas lingüísticas do galegoPeaky BlindersSítidosRía de FerrolLista de xentilicios de concellos galegosCarlos José Blanco SmithJennifer LopezSteve MartinReino suevoLicenza de documentación libre de GNUMontenegro (apelido)Laura PreponConcha VelascoÁ lus do candilLapisPanel solarXosé Manuel PiñeiroFigueiró, TomiñoRacing Club de FerrolSean ConneryAna RomaníManuel JaboisMariola (xogo)BuchenwaldFurónHospital CentralPep GuardiolaRedondelaTorre de HérculesGaliciaPedro ChoscoGwyneth PaltrowBeagleCircuíto Internacional de XangaiAlexandra DaddarioAmancio OrtegaPobo himbaManuel RivasAlcázar de San JuanLagarto arnalNomes da folla do piñeiro en GaliciaDonelleConcellos de GaliciaSeseoFermin MuguruzaAhí ven o maioYleDistritos de PortugalMexacánPapuxa comúnDeportivo da CoruñaSan Juan de OrtegaCangasNicolas CageKakiniitBatalla das Navas de TolosaCantanteA Silva, Rodís, CercedaDavid WalliamsJude BellinghamÉrbedoCarballoCarlo AncelottiCeltas CortosCarlos de Matos GomesAccidente de ChernóbilJosé López CamposCavalcade (filme de 1933)Álvaro García DiéguezGanesha🡆 More