Monnaie De Paris: Ceca oficial de Francia

2°20′20.52″L / 48.8566083, -2.3390333

A Monnaie de Paris (en galego: "Casa de Moeda de París") é o establecemento público da República Francesa encargado da cuñaxe de moeda. Creada o 25 de xuño de 864, baixo o reinado de Carlos II de Francia (O Calvo), no Edicto de Pistres, é a institución francesa máis antiga en funcionamento.

Monnaie de Paris
Monnaie De Paris: A compañía, Historia, Xestión e dirección do establecemento
Edificio do Hôtel des Monnaies da
Monnaie de Paris
Tipo"Establecemento público de carácter industrial e comercial".
Fundación25 de xuño de 864 (1159 anos)
LocalizaciónHôtel de la Monnaie
11 quai de Conti.
Monnaie De Paris: A compañía, Historia, Xestión e dirección do establecemento París.
Monnaie De Paris: A compañía, Historia, Xestión e dirección do establecemento Francia.
FundadorCarlos II de Francia (O Calvo).
Persoas claveDirector:
Aurélien Rousseau (desde 2017).
IndustriaMetal.
ProdutosMoedas, medallas, fundición artística e xoias.
Beneficio117,20 millóns de euros (volume de negocios de 2017).
Número de empregados460 (2017).
Na rede
http://www.monnaiedeparis.fr/
Youtube: UCzRlFJukAXOkU5Mlt-c6RXQ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A compañía

Ata 2007, Monnaie de París non era máis que o nome comercial da oficialmente denominada Dirección de Moedas e Medallas (en francés: Direction des Monnaies et Médailles), encadrada dentro do Ministerio de Economía, Finanzas e Industria. Ese ano retomou o seu nome histórico e adquiriu personalizade xurídica a través da Lei 2006-1666 de finanzas.

A institución conta con 460 persoas empregadas, entre as súas dúas sedes: o edificio primitivo do Hôtel de la Monnaie, en París, e o novo establecemento monetario de Pessac, no departamento de Xironda (co 55 % e o 45 %, respectivamente, do cadro de persoal).

As competencias da Monnaie de París están establecidas no artigo L. 121-3 do "código monetario e financeiro francés" (CMF), que agrupa as disposicións de natureza lexislativa e regulamentaria concernentes ás actividades profesionais da banca, das finanzas e dos seguros. Fundamentalmente, encárgase da cuñaxe da moeda metálica circulante en Francia, á conta do Estado e en réxime de monopolio, aínda que ten tamén encomendadas outras actividades industriais e comerciais, como as seguintes:

  • Produción e venda de moeda metálica circulante estranxeira, moedas de colección, medallas e condecoracións.
  • Creación de pezas de fundición artística e xoias coa marca rexistrada Monnaie de Paris.
  • Xestión do Mussée de La Monnaie de Paris e mantemento do Hôtel de la Monnaie.
  • Loita contra a falsificación.

A nivel europeo, as instalacións de Pessac foron elixidas para acoller, ademais do Centro Nacional de Análise de Pezas (Centre national d'analyse des pièces -CNAP-), o Centro Técnico e Científico Europeo (Centre technique et scientifique européen -ETSC-), que analiza e clasifica as moedas falsas de euros de toda Europa. Este centro funciona no marco da Oficina Europea de Loita contra a Fraude e baixo a coordinación técnica dos Estados membros na loita contra o diñeiro falso.

Historia

Monnaie De Paris: A compañía, Historia, Xestión e dirección do establecemento 
Fachada principal o Hôtel de la Monnaie, da Monnaie de Paris, que acolle os talleres da casa de moeda, a tenda, o Musée de la Monnaie de Paris, as exposicións de arte contemporánea e o restaurante Guy Savoy.

A Monnaie de Paris foi establecida mediante o Edicto de Pistres o 25 de xuño de 864, durante o reinado de Carlos o Calvo.

Xa a partir de 1358, instaurouse unha estrutura que, en principio, se mantivo ata 1879: dunha parte unha administration dotada dun poder xurisdicional e dunha regulamentación en materia monetaria e, por outra banda, talleres establecidos baixo o control do Estado.

A institución está instalada no edificio actual do Hôtel de la Monnaie desde 1775, ano en que concluíu a súa construción, e nel esténdese por unha superficie de 12.000 metros cadrados.

En maio de 1871, o edificio foi incendiado e destruído durante os sucesos da Semana Sanguenta da Comuna de París. Posteriormente foi reconstruído reproducindo fielmente a súa forma anterior.

La Monnaie de París está adscrita ao Ministerio de Finanzas desde as leis do 22 e 23 de vendimario do ano IV (setembro de 1796). As leis do 31 de xullo e do 20 de novembro de 1879 determinaron que a fabricación de moeda recaese exclusivamente no propio Estado, co nome de "Administración de Moedas e Medallas".

Desde 1848 a xuño de 1876 montouse nas instalacións da casa de moeda o taller onde se produciron as primeiras series de timbres postais de Francia.

Monnaie De Paris: A compañía, Historia, Xestión e dirección do establecemento 
Moedas francesas en euros para a súa posta en circulación en 2002, producidas pola Monnaie de Paris

En 1973, o Goberno francés determinou a construción en Pessac, na Xironda, dunha nova fábrica para realizar conxuntamente todas as fases da fabricación de moedas, tanto as destinadas á circulación (naquela época en francos) como as de colección e investimento. A partir de 1998 comezaron a cuñarse nesta nova planta todas as moedas francesas co seu valor facial en euros.

En 2017, a entidade xerou unha facturación de 117,20 millóns de euros, cun cadro de arredor de 460 empregados. Os seus talleres fabrican anualmente uns mil millóns de moedas (delas, 700 millóns co facial en euros) e produce tamén pezas de arte e artesanía, o que supón arredor dun 20 % do seu volume de negocio.

A finais de setembro de 2017, o Hôtel des Monnaies de París reabriu logo dun período de traballos de mantemento e renovación do edificio, dentro dun proxecto denominado Métalmorphoses, o que permitiu abrir ao público amplos espazos. Grazas a esta reconstitución, posibilitouse a exhibición no museo de 2.000 pezas non expostas con anterioridade (das aproximadamente 170.000 que constitúen os seus fondos), entre medallas, moedas e outros obxectos, como é o caso de lingotes recuperados dun naufraxio.

Xestión e dirección do establecemento

Os arquivos documentais máis antigos que se conservan da Monnaie de Paris remóntanse ata 1225. Desde esas datas aos nosos tempos, os cargos e as súas responsabilidades relacionadas variaron moito. A seguir, preséntase unha listaxe dos máximos representantes da entidade ao longo destes séculos.

Monnaie De Paris: A compañía, Historia, Xestión e dirección do establecemento 
Pierre Dehaye no seu despacho de director da Monnaie de Paris (1962-1984)

Prépositus monetae Parisiansis

Cussorum Moneta

Presidentes da Cour des Monnaies

  • (1555): C. Bourgeois.
  • (1558): J. Le Lieur.
  • (1571): F. du Lion.
  • (1590): C. Fauchet.
  • (1599): G. Le Clerc.
  • (1610): G. Lusson.
  • (1637): J. Poitevin.
  • (1642): A. du Pajot.
  • (1662): N. Cotignon.
  • (1664): J. Hosdier.
  • (1715): L. Hosdier.
  • (1727): É-A. Choppin.
  • (1772): R. Choppin.
  • (1781-1791): É. Thevenin.
  • (1791): J. Dupeyron.

Directores de fabricación de La Monnaie

Directores de moedas e medallas

  • (1871): Z. Camélinat.
  • (1875-1891): J-L. Ruau.
  • (1891-1893): G. de Liron .
  • (1893-1900): A. de Foville.
  • (1900-1907): F. Arnauné.
  • (1914-1915): É. Jacquin.
  • (1915-1918): L. Martin.
  • (1918-1925): S. Bouvier.
  • (1925-1927): L. Formerie.
  • (1927-1934): M. Dally.
  • (1934-1946): É. Moneclaey.
  • (1946-1952): L. Vallon.
  • (1951-1952): M. Renaud.
  • (1952-1957): Y. Malecot.
  • (1957-1962): R. Labonnelie.
  • (1962-1984): P. Dehaye.
  • (1984-1987): J. Campet.
  • (1987-1991): P. Cahart.
  • (1992-1995): P. Consigny.
  • (1995-1999): E. Constans.
  • (1999-2002): F. Saliou.
  • (2002-2007): D. Zerah.

Directores Xerais de La Monnaie

  • (2007-2017): C. Beaux.
  • (Desde 2017): A. Rousseau.

Museo da Monnaie de Paris

Monnaie De Paris: A compañía, Historia, Xestión e dirección do establecemento 
Prensa monetaria (1775), de bronce, ferro e latón, antigamente utilizada na Monnaie de Paris e hoxe exposta no seu museo

Tamén coñecido como Musée du 11 Conti (por ter o seu enderezo no número 11 de Quai de Conti, de París) comparte as súas instalacións coas dos talleres de cuñaxe de moeda do edificio

A visita ao museo estrutúrase en tres bloques temáticos: o de "ciencia e técnica" (o proceso de elaboración de moedas e outros obxectos), "tesouros e historia da arte" (as propias moedas e outros obxectos que forman parte do patrimonio da institución) e "historia e economía" (o comercio e a circulación da moeda).

O museo alberga arredor de 170.000 obxectos nas súas coleccións: moedas, medallas, tesouros, utensilios e máquinas antigas, documentos de arquivo, pinturas e esculturas.

Galería de imaxes

Esta é unha mostra das moedas e medallas cuñadas na Monnaie de París en diversos momentos da historia de Francia:

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Monnaie De Paris A compañíaMonnaie De Paris HistoriaMonnaie De Paris Xestión e dirección do establecementoMonnaie De Paris Museo da Monnaie de ParisMonnaie De Paris Galería de imaxesMonnaie De Paris NotasMonnaie De Paris Véxase taménMonnaie De ParisCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Fátima IglesiasDios ke te crewSergio RamosMelideXurxo de CapadociaSelección de fútbol de GaliciaRacing Club de FerrolMouro (mitoloxía)Cifras e letrasCategoría Primera ALucía Calvo de la UzLuis Mateo DíezSarriaGarbiñe MuguruzaCSSJosep CarrerasMaría do Socorro Ortega RomeroPorto da LúaVitorino NúñezMexacánAlfabeto galegoCabo VerdeEleccións municipais na EstradaEleccións municipais de 2023 en GaliciaJoaquín ReyesDía das Letras GalegasWilliam ShakespeareJosé López CamposDe VacasSalvador DalíPardo de CelaLeninIlíadaBombardeo atómico de Hiroshima e NagasakiCinema pornográfico2003Carlos de Matos GomesCopia por contactoGlaucus atlanticusPosicións sexuaisRMS TitanicXosé Lois Maceda VilariñoIgrexa de Santa María do AzougueCill GhallagáinMeritocraciaXosé Neira VilasCampo Labrado, Naraío, San SadurniñoIrene FerrerasAristótelesPresidio de San FranciscoFariña (serie de televisión)La Libertad (Betanzos)MurosEstoniaBenigno Gómez TadínRafael LouzánTomás Pérez VidalInternetMaggie SmithOU-129Beatriz MatoIberia Líneas Aéreas de EspañaAlfredo García RamosLiga ÁrabeGuepardoEl 33Manuel Gallego VilaPLingua cataláYaoiElba VeleiroTereixa NavazaLista de nomes femininos en galegoISO 3166-1Miguel Primo de RiveraSinestesiaNoelia ReyAlternativa dos VeciñosXesta🡆 More