Un mod, do inglés modification (en galego, modificación), é a alteración do contido dun videoxogo co propósito de facer que funcione dunha forma diferente á da versión orixinal.
Os mods adoitan crearse para todo tipo de xéneros de videoxogos, sendo especialmente populares nos de FPS, rol e estratexia en tempo real. Estes mods non son software autosuficiente por si mesmos e requiren os videoxogos orixinais dos que parten para funcionar. Os mods adoitan incluír novos obxectos, armas, personaxes, inimigos, niveis ou reconversións do modo de xogo. Os que engaden novo contido ó xogo orixinal adoitan denominarse "conversións parciais", mentres que os crean novos xogos case por completo chámanse "conversións totais".
Lawrence Lessig describiu a creación de mods, chamada modding, como parte da "cultura remix". Os mods poden axudar a dar continuación ó éxito comercial do xogo orixinal, aínda cando este xa se considera anticuado.
Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Mod (videoxogos), which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.