Miguelanxo Prado: Debuxante galego

Miguelanxo Prado Plana, nado na Coruña o 16 de xullo de 1958, é un autor de banda deseñada galego.

As súas obras van desde a crítica social e as relacións persoais contemporáneas até a ciencia ficción.

Infotaula de personaMiguelanxo Prado
Miguelanxo Prado: Traxectoria, Estilo, Obra
Miguelanxo Prado durante a inauguración do festival Viñetas desde o Atlántico do ano 2017 (2017) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de xullo de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoIlustración Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónartista de banda deseñada , realizador , ilustrador , escritor Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioMiguel Ángel Prado
Miguel Anxo Prado Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Páxina webwww.miguelanxoprado.com/gl/
IMDB: nm0695046 Bitraga: 2781 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

De novo formou parte do Colectivo Xofre. Autor con gran proxección internacional, os seus libros e cómics foron traducidos a moitos idiomas. Outra faceta importante é a de ilustrador. Algúns dos seus traballos son os de La ley del amor (1995) de Laura Esquivel e para libros infantís e xuvenís, como Cando o mar foi polo río, de Manuel María; O centro do labirinto, de Agustín Fernández Paz; ou Bala perdida de Manuel Rivas. As súas historias adoitan ser emotivas e dotadas dunha forte sensibilidade galega.

Ademais da súa actividade artística, Miguelanxo Prado ten unha faceta coma divulgador. É o director, desde a súa creación en 1998, do salón Viñetas desde o Atlántico, que ten lugar anualmente no mes de agosto na Coruña.

Estilo

Jesús Cuadrado, pola súa banda, destacou o seu "catálogo tipolóxico" e situouno, xunto a Antoni Garcés, entre

os francotiradores que en todo grupo desorganizado conviven en harmonía: ambos teñen nos seus estilos esa dobre continuidade da defensa da estética da exteriorización da posta en escena, e a aventura como leit motiv na guionización.

Obra

A súa obra abrangue dende bandas deseñadas completas ata ilustracións de revistas ou filmes de animación.

Banda deseñada

  • Os compañeiros (A orde da pedra), con guión de Tino Fernández Maceiras (1980-1981): Editado como faldrón na páxina de "Cartas ó Director" de La Voz de Galicia. As tiras reeditáronse conxuntamente en 2008 por El Patito Editorial.
  • Fragmentos da enciclopedia délfica (1982-1983): Editado inicialmente por entregas por Toutain Editor na súa revista de BD de Ciencia ficción 1984, posteriormente reeditado de forma conxunta por Norma Editorial en 1996.
  • Stratos (1984-1985): Editado por entregas na revista Zona84 de Toutain Editor. Con Wiki Galegoprólogo de Xosé Luís Méndez Ferrín. Foi editado posteriormente nun único volume por Norma Editorial.
  • Crónicas Incongruentes: Historias publicadas entre 1985 e 1986 na revista Comix + Ilustración de Toutain Editor. Posteriormente serían publicadas nun único volume por Norma Editorial.
  • Tanxencias (1987-1996)
  • Quotidianía delirante: historias publicadas orixinalmente na revista El Jueves en 1988, 1990 e 1996. As historias foron publicándose xuntas en varios volumes en diferentes anos ata que en 2003 foron todas publicadas nun único volume por Norma Editorial co título Quotidanía derilante integral.
  • Manuel Montano. El manantial de la noche (1ª edición en 1988): Guión de Fernando Luna. Trala súa publicación seriada na revista Cairo, Norma Editorial publicou en 1989 o álbum Manuel Montano. El manantial de la noche como número 17 da súa colección Los Álbumes del Cairo (variaron título e portada). Foi reeditado numerosas veces, tanto en castelán coma noutras linguas.
  • Páxinas Crepusculares (historias inducidas) (1993): Recompilación de historias curtas de diferente orixe.
  • Trazo de xiz (1993). (ISBN 84-7904-199-4). Publicado por Norma Editorial.
  • Unha carta encontrada en Lisboa (1995): Tamén coñecido como Carta de Lisboa, con textos de Eric Sarner.
  • Pedro e o lobo (1997): (ISBN 84-7904-489-6). Publicado por Norma Editorial.
  • Fantasmagorie (2000): Francés (ISBN 978-2-908551-24-2) Publicado por Mosquito.
  • Nostalxias de Belo Horizonte (Cando fun outro) (2003): Publicado por Norma Editorial.
  • The Sandman, Noites eternas (2004): (ISBN 84-8431-912-1). Colaboración con guión de Neil Gaiman. Publicado por Norma Editorial.
  • A Mansión dos Pampín (2005): (ISBN 84-96415-87-2). Publicado por Norma Editorial.
  • Ardalén (2012) (ISBN 978-84-939434-5-5). Publicado por El Patito Editorial
  • Mar Interior (2014): (ISBN 978-84-942206-6-1) Publicado por El Patito Editorial.
  • Papeles dispersos II (2015): Castelán (ISBN 978-84-679-1940-0) (Norma Editorial)
  • Presas Fáciles (2016): (ISBN 978-84-945512-0-8) Publicado por El Patito Editorial.
  • O pacto do letargo (2020): (ISBN 978-84-122411-0-5) Publicado por Retranca Editora

Ademais, realizou colaboracións de maior ou menor importancia, como a historia curta para o álbum de BD que conmemora os douscentos anos da revolución francesa, ou as súas colaboracións coa desaparecida revista infantil-xuvenil de BD galega Golfiño.

Cine e animación

Foi o deseñador da mascota oficial do programa infantil da TVG, o Xabarín Club, así como de diferentes personaxes do programa e do elenco da serie de animación producida en Galicia Os vixilantes do Camiño.

Tamén traballou na serie de animación Men In Black, baseada no filme do mesmo nome protagonizado por Will Smith. Foi producida por Steven Spielberg a través de Dreamworks.

En xaneiro de 2007 presentouse nas salas cinematográficas españolas De profundis, unha longametraxe sen diálogos dirixida por Miguelanxo Prado e con música do compositor Nani García. Foi proposta para os premios Goya como mellor longametraxe de animación de 2006. Este traballo experimental foi debuxado enteiramente por el e animado con técnicas informáticas.

Galardóns

Miguelanxo Prado: Traxectoria, Estilo, Obra 
Miguelanxo Prado nunha entrevista no 2012.
  • Premio Diario de Avisos á mellor obra gráfica (Sta. Cruz de Tenerife en 1984).
  • Premio Semana de la Historieta de Madrid ao mellor libro do ano en 1986.
  • Premio Génie da Convention de Paris en 1988.
  • Premio Salão Internacional da BD do Porto, 1988.
  • Premio ao mellor libro do ano Charleroi en 1988.
  • Premio Buenaventura, Treviso Comics, Treviso en 1989.
  • Premio do Saló Internacional del Còmic de Barcelona á mellor obra de 1988 en 1989.
  • Premio Simão, no Porto en 1989.
  • Premio ao mellor autor no Salón Internacional de Grenoble en 1990.
  • Premio Grand Prix des Alpages no Salón Internacional de Sierre en 1990.
  • Premio Philip Morris no Salón Internacional do Libro de Xenebra en 1990.
  • Premio Max und Moritz do Salón Internacional de BD (Alemaña, 1990).
  • Premio l'Alph’Art ao mellor libro estranxeiro Salón Internacional de Angouleme en 1991.
  • Premio Asociación Nacional de Ilustradores (Madrid, 1992).
  • Premio ao mellor autor estranxeiro no Salón de BD de Chile en 1992.
  • Premio da Crítica (Artes), Fundación da Crítica Galega (Vigo, 1993).
  • Premio ao mellor libro do ano no Salón da BD (Francia, 1993).
  • Premio da Asociación de Libreiros Especializados de Francia ao mellor libro do ano en 1993.
  • Premio Diario de Avisos á mellor obra gráfica (Sta Cruz de Tenerife en 1993).
  • Premio Diario de Avisos ao mellor guión (Sta Cruz de Tenerife, 1993).
  • Premio Ourense de BD por toda a súa traxectoria en 1993.
  • Premio l'Alph-art ao mellor álbum estranxeiro no Festival de Banda Deseñada de Angoulême, por Trazo de Xiz en 1994.
  • Premio do Saló Internacional del Cómic de Barcelona á mellor obra de 1993 en 1994.
  • Premio Especial do Xurado do Festival Internacional de Sierre en 1994.
  • Premio ao mellor guión no Festival de Coxyde en 1994.
  • Premio de Honra da Câmara Municipal de Amadora no Festival de Amadora en 1994.
  • Premio da crítica ao mellor guión (Austria, 1994).
  • Premio da crítica ao mellor libro do ano (Austria, 1994).
  • Premio Fernández Latorre (A Coruña, 1996).
  • Premio de Honra ao mellor libro estranxeiro do Festival de Amadora.
  • Premio BD Boum (XVIII edición, Blois, Francia, 2001).
  • Premio ao mellor autor completo do Salón do Cómic de Granada en 2002.
  • Premio Eisner á mellor antoloxía en 2004.
  • Grande premio do Saló del Comic de Barcelona en 2007.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor ilustrador de 2012.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de Banda Deseñada do 2012, por Ardalén.
  • Premio Nacional del Cómic 2013, por Papeles dispersos II.
  • Prémios Bandas Desenhadas 2020 en Portugal: Melhor Publicação Estrangeira O Pacto da Letargia, o primeiro volume da Trilogia do Tríscelo, editada pola Ala dos Livros.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Miguelanxo Prado TraxectoriaMiguelanxo Prado EstiloMiguelanxo Prado ObraMiguelanxo Prado GalardónsMiguelanxo Prado NotasMiguelanxo Prado Véxase taménMiguelanxo Prado16 de xullo1958A CoruñaBanda deseñadaCiencia ficciónGalicia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

The ArtistLuís SeoaneIrmandades da FalaOtelo Saraiva de CarvalhoJava (linguaxe de programación)Lingua inglesaBaroso, Ambosores, OurolMemorias dun neno labregoFrancisco Porto MellaEduardo Blanco AmorEleccións municipais de 2023 en GaliciaO porco de péPadre CasaresOliveiraCreampieParasitoAlfiz25 de abrilPremio de Poesía Johán CarballeiraCentro público integradoParadigmas dos verbos irregulares galegosPedrafita do CebreiroSólido platónicoRafael NadalBechamelBidueiroCanle (comunicación)Josep CarrerasAs Carballas, Tabeirós, A EstradaCarlos NegroPaulino PedretFrancisco Castro VelosoPorto, PortugalCan de palleiroO Coello, Caldelas de Tui, TuiLingua intereslavaVeneciaCódigo QRPatricia Argerey VilarMahatma GandhiJenna JamesonHentaiXohana TorresLista de ríos de GaliciaXela AriasXosé Luís Mosquera CambaAndrés Mellado FernándezMondarizMaría a BalteiraRosalía de CastroDomingo VillarXosé Luís BernalXXX edición dos Premios GoyaAmazon Prime VideoArgimiro Marnotes RodríguezMatriz cadradaPDeportivo da CoruñaDía do LibroÆSalgueiroEscherichia coliDionisio Tejero PérezMaría Xosé QueizánCatedral de Santiago de CompostelaDaniel de la TorreJosé Calvo SoteloRías BaixasAgatha ChristieInterrogación retóricaEuskal Herria Bildu🡆 More