Microfluídica: Estudo do comportamento de líquidos e gases nas escalas máis pequenas

A microfluídica estuda o comportamento de líquidos e gases nas escalas máis pequenas.

Este comportamento diferénciase de maneira fundamental do observado en fluídos macroscópicos porque a esta escala algúns efectos normalmente considerados insignificantes en mecánica de fluídos clásica poden ser dominantes. Se por exemplo as forzas de fricción son predominantes con respecto ás forzas inercias, o que se corresponde cun fluxo a baixo número de Reynolds, o fluxo resultante é laminar sen turbulencias apreciables. Isto dificulta a mestura de líquidos, que só pode ocorrer neste caso a través da difusión. Unha diferenza adicional é o posible dominio de forzas capilares sobre as forzas gravitatorias. Isto tradúcese nun número de Bond pequeno e como resultado o efecto do peso no transporte de pequenas cantidades de líquido é insignificante, o que contradí a experiencia cotiá.

Microfluídica: Estudo do comportamento de líquidos e gases nas escalas máis pequenas
Dispositivos microfluídicos a base de polímero de silicona e vidro. Arriba: fotografía dos dispositivos. Abaixo: imaxes en contraste de fases dun canal en serpentina de ~15 μm de largura.

Exemplos de aplicacións

A microfluídica utilízase en moitas areas da bioloxía e da medicina, a miúdo baixo a etiqueta de Lab on a Chip. Así, os compoñentes microfluídicos pódense utilizar para o cultivo e análise de células, tecidos ou partes de órganos ou para a investigación de novos medicamentos. Atopa ademais aplicacións en campos como sensores, e máis recentemente, bens de consumo. Para isto utilízanse diferentes tecnoloxías e materiais, incluíndo vidro, materiais compostos ou silicio, así como o transporte, mestura e separación de fluídos. Estes procesos poden ocorrer de forma pasiva, por exemplo con estruturas que empregan forzas capilares, ou activas con microbombas hidráulicas, microválvulas e micromesturadores.

Microfluídica de gotas

Ao inxectar dous líquidos inmiscibles nun mesmo microcanal fórmase unha interface, ou límite de fase, e baixo certas condicións un dos líquidos pode formar gotas no interior do outro. Esta técnica denominase “microfluídica de gotas”. Neste proceso prodúcense habitualmente secuencias enteiras de gotas. Estas gotas representan microreceptáculos independentes nos que se poden investigar milleiros de reaccións químicas ou procesos biolóxicos. Adicionalmente, esta técnica pódese empregar para o procesamento lóxico de información.

Notas

Tags:

DifusiónFricciónGravidadeLei da inerciaMecánica de fluídosNúmero de ReynoldsTurbulencia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

FentaniloConcellos de GaliciaSegunda República EspañolaCongreso dos Estados Unidos de AméricaLareiraRosalía de CastroRamón Otero PedrayoReal Academia GalegaFariña (serie de televisión)David GuettaParroquias de GaliciaGame Boy MicroJosé Luís Baños de CosGheadaParadigmas dos verbos irregulares galegosLuka ModrićMoañaLingua casteláJosé Darse SobrinoPortadaMarlon BrandoXabi AlonsoRepública ChecaVómito (grupo musical)Célula pancreática acinarSydney SweeneyFentoErupción volcánica de La Palma de 2021Luís Pérez BarralPedro Calderón de la BarcaLStourbridgeGatipedroJosé Caamaño LouroVicente RiscoErros e TánatosMegalitismo en GaliciaLiña Verde (Chipre)Dev PatelHelmut NewtonProvincia da CoruñaSanta CompañaVacaHenrique López VeigaCantares gallegosBrais RuanovaXestaPosición do canSarriaXosé Manuel PiñeiroVincent van GoghParaneópterosJannis KounellisDe NinghuresO incerto señor Don HamletEscáncerChus NogueiraEuskal Herria BilduEstricninaGustave CourbetCrecenteBaionaAsturiasRaúl Santamaría GonzálezOcéano ÍndicoMartin Luther KingJohn Wick 4TeruelWayback MachineToñito BlancoBárbaroMiguel Ángel RevillaNintendo DSBaixa Limia - Serra do XurésPardo de CelaDeci-🡆 More