Metuxalén: Personaxe da Biblia

Metuxalén (en hebreo: מתושלח) é a persoa máis lonxeva que se menciona no Antigo Testamento.

Na Xénese 5:27 afírmase que acadou a idade de 969 anos: "Foron, pois, os anos de Metuxalén, novecentos sesenta e nove anos; e morreu".

Metuxalén: Traxectoria, Morte antes do Diluvio, Notas
Metuxalén.

Traxectoria

Na Xénese menciónase coma fillo de Henoc e pai de Lámec (á súa vez, pai de Noé), a quen enxendrou con 187 anos. O seu nome converteuse nun sinónimo xeral aplicado a calquera criatura de idade avanzada, usado en frases como: "ter máis anos ca Metuxalén" ou "ser máis vello ca Metuxalén". Unha lectura atenta do Antigo Testamento revela que Metuxalén debeu finar no ano do Gran Diluvio.

Segundo o demógrafo James Vaupel, a esperanza de vida comezou a aumentar en 1840 coa diminución da mortandade infantil e mortandade adolescente e continuou imparábel, nun aumento medio de dous anos e medio cada década, co alongamento da vida madura. Para Vaupel a esperanza de vida dos nenos nacidos tralo ano 2000 chegará aos 100 anos no século XXII.

Os nosos coñecementos actuais sobre a duración da vida dunha célula lévannos a supor que o límite natural de lonxevidade no ser humano está por baixo dos 150 anos. O récord Guinness da persoa máis vella fica no rango dos 112 a 122 anos, mais o proceso para distinguir os individuos supercentenarios dos mitos de lonxevidades extraordinarias é complicado, pois os rexistros de nacemento de finais do século XIX son moitas veces cuestionábeis.

Algunhas investigacións sosteñen que as idades extraordinarias dos patriarcas bíblicos son resultado de erros na tradución: os ciclos lunares confundíronse cos solares, e as idades reais son 13,5 veces menores. Logo, en resumidas contas, Metuxalén acadou unha idade de: 969/13,5: 72 anos, que é unha cifra alta tendo en conta a esperanza de vida daquela. Neste sentido, crese que os seres humanos vivían preto de mil anos, até que, despois do diluvio, Deus acurtou a súa idade (Xénese 6:3. E dixo Yahweh: "Non contenderá o meu espírito co home para sempre, porque certamente el é carne; mais serán os seus días cento vinte anos").

Segundo o xudaísmo a primeira persoa que envelleceu foi Abraham pois naceu após o diluvio, sendo as persoas anteriores ás choivas máis lonxevas.

Morte antes do Diluvio

Segundo o Antigo Testamento, no Libro da Xénese 5:21-27, afírmase:

"21Henoc tiña setenta e cinco anos cando lle naceu Metuxalén. 22Andou o camiño con Deus. Despois de lle nacer Metuxalén viviu aínda trescentos anos, e tivo outros fillos e fillas. 23Por xunto viviu trescentos sesenta e cinco anos. 24Andou o camiño con Deus e logo desapareceu, porque Deus o levou. 25Metuxalén tiña cento oitenta e sete anos cando lle naceu Lámec. 26Despois viviu setecentos oitenta e tres anos, e tivo outros fillos e fillas.27Por xunto viviu novecentos sesenta e nove anos, e logo morreu."

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Metuxalén TraxectoriaMetuxalén Morte antes do DiluvioMetuxalén NotasMetuxalén Véxase taménMetuxalénAntigo TestamentoLingua hebreaXénese

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

AristótelesLeonardo da VinciFernando AramburuManuel RivasGabriel AlénPercebeCantares gallegosManuel MaríaACasas ColgadasO lapis do carpinteiroEduardo Blanco AmorMarisol Díaz MouteiraA ComarcaPCarlos V, Sacro Emperador Romano-XermánicoGarcía II de GaliciaJorge Sanz MirandaManuel Curros EnríquezSergio RamosLista de castelos de PortugalAsalto do bou EvaOvidio RodeiroNoiaTameiga, MosLuis Mateo DíezGuillermo Alonso BarciaGalego-portuguésXurxoSoberbiaPrimeira República GalegaFieito realTigreMovemento de independencia da IndiaTeléfonoLimaFerroAtlánticaAndorraOtelo Saraiva de CarvalhoSatélite de comunicaciónsMigración das avesArmando RequeixoColocación do pronome átono en galegoXavier AlcaláSobreiraKiwi (froita)Joaquín SabinaManuel María Puga PargaReino suevoGame BoyVilagarcía de ArousaAvesUrcoWilliam ShakespeareCirrioEuropaGoogleLeninRamón CabanillasJoël DickerMaría ReimóndezGatoPedrafita do CebreiroGuepardoVila de CrucesLondresDiada de Sant JordiOs pronomes persoais galegosSalgueiro Maia🡆 More