Metropolitan Opera

73°59′03″O / 40.7727216, -73.9841644

A Ópera do Metropolitan (tamén coñecido simplemente como o Metropolitan, o Met ou o Metropolitan Opera House) é un teatro de ópera situado no Lincoln Center de Nova York, e é un dos máis coñecidos do mundo, famoso polas súas producións fastuosas, detallistas. É toda unha institución no mundo da ópera, xunto a A Scala de Milán, Ópera Garnier de París, o Teatro Colón de Buenos Aires ou o Gran Teatre del Liceu de Barcelona. Foi fundado en abril de 1880.

Metropolitan Opera
Metropolitan Opera
A Ópera do Metropolitan no Lincoln Center for the Performing Arts

O teatro estivo situado antes noutra área da cidade, nun edificio deseñado por J. Cleveland Cady. Foi destruído por un incendio o 27 de agosto de 1892. Logo de ser renovado, seguiu funcionando alí ata 1966, cando se mudou á localización actual no Lincoln Center. O edificio orixinal foi demolido en 1967.

O actual teatro de ópera do Metropolitan foi deseñado polo arquitecto Wallace K. Harrison. Foi inaugurado o 16 de setembro de 1966, coa estrea da ópera Anthony and Cleopatra de Samuel Barber. No recibidor exhíbense dous inmensos murais creados especialmente para o espazo por Marc Chagall. A capacidade do edificio é de case catro mil persoas. O teatro ten a tecnoloxía necesaria para substituír diariamente o escenario da ópera que se representa, utilizando un complexo sistema de escenarios, tremoias e cicloramas. Esta calidade permite que no Metropolitan haxa funcións case todos os días do ano.

Metropolitan Opera
Teatro co aforao completo o 28 de novembro de 1937

O Met ofrece un servizo de transmisión radiofónica en directo. A primeira transmisión realizouse o 25 de decembro de 1931, cunha produción da ópera Hänsel und Gretel de Engelbert Humperdinck.

Véxase tamén


Tags:

Coordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lingua casteláPokémonMitoloxía galegaVertoBorja IglesiasLinguas indoeuropeasEpisodios NacionalesXabier DeivePardo de CelaSecundino FernándezCarlos BauteQueiroaReis de EspañaManuel Curros EnríquezPatricia HighsmithLista de nomes femininos en galegoEtruscosErling HaalandDani CarvajalNaturezaO divino saineteOU-603ViveiroAturuxo (folclore)Arquitectura gótica en GaliciaVoltaireSalgueiroRusiaO. J. SimpsonMiguel Ángel RevillaFC Bayern MünchenEva MejutoEstatua de Che Guevara en OleirosEstrella GaliciaXII Lexislatura do Parlamento de GaliciaMoañaSuízaPosición do misioneiro invertidaCopia por contactoIrene Urdangarin y BorbónFachada do ObradoiroBenito MussoliniEnciclopedia (homónimos)AntártidaEl Heraldo Gallego (Buenos Aires)Liceo BrigantinoSuso de ToroEstadio Municipal de RiazorNieuport NighthawkSonDeSeuAna BarberoEucaliptoFentoMazaricosChus NogueiraEuropaJulio García ComesañaAntonio Martínez AneirosMeigaFederico ValverdeMichael JacksonHeraldo GuardésLois Pérez DíazSociedade Arqueolóxica de PontevedraThe WeekndBitcoinMoreno VelosoOs vellos non deben de namorarseFran AlonsoÁlex FidalgoRenaud SéchanPontevedraA Nosa Terra (1916)Hannah ArendtMadonna🡆 More