Mario Draghi

Mario Draghi, nado o 3 de setembro de 1947 en Roma, é un economista, banqueiro e político italiano.

Foi presidente do Banco Central Europeo dende 2011 até 2019. Previamente foi gobernador do Banco de Italia. Dende febreiro de 2021 exerce como presidente do Consello de Ministros de Italia no 67.º gabinete da República Italiana e o terceiro da XVIII lexislatura.

Infotaula de personaMario Draghi
Mario Draghi
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de setembro de 1947 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Roma, Italia Editar o valor em Wikidata
Presidente do Conselho de Ministros da Itália (pt) Traducir
13 de febreiro de 2021 – 22 de outubro de 2022
Nomeado por: Sergio Mattarella
Presidente do Banco Central Europeu (pt) Traducir
1 de novembro de 2011 – 31 de outubro de 2019
← Jean-Claude Trichet (pt) TraducirChristine Lagarde →
Governor of the Banca d'Italia (en) Traducir
16 de xaneiro de 2006 – 31 de outubro de 2011
← Antonio FazioIgnazio Visco → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts - Doutor en filosofía (valor descoñecido–1977)
Universidade de Roma La Sapienza (valor descoñecido–1970)
Liceo Classico Massimiliano Massimo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseFranco Modigliani Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEconomía Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Trento
Cambridge
Nova York
Turín
Florencia
Padua
Roma Editar o valor em Wikidata
Ocupacióneconomista , profesor universitario , banqueiro , político Editar o valor em Wikidata
EmpregadorGoldman Sachs (pt) Traducir (2002–2005)
Universidade de Florencia, catedrático (1981–1994)
Banco Mundial
John F. Kennedy School of Government (pt) Traducir
Universidade de Turín
Universidade de Padua
Universidade de Trento (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticopolítico independente Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
LinguaLingua italiana e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
20 de xaneiro de 2016World Economic Forum Annual Meeting 2016 (en) Traducir
22 de xaneiro de 2014Encontro Anual do Fórum Económico Mundial de 2014
World Economic Forum Annual Meeting 2013 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosFederica Draghi (en) Traducir, Giacomo Draghi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAndreina Draghi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Mario Draghi Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm8687775 Instagram: mario_draghi_official Editar o valor em Wikidata
Mario Draghi
Nunha reunión do G-7 en Istambul (outubro do 2009)

Biografía

Estudos e carreira académica

Nunha familia acomodada de Roma, perdeu aos seus pais durante a súa mocidade. Doutórase en 1970 en Economía na Universidade da Sapienza, baixo a dirección do profesor Federico Caffe. A continuación inicia estudos no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts con Franco Modigliani e Robert Solow, e obtén o doutoramento en 1976. Entre 1974 e 1978 imparte docencia como profesor encargado na Universidade de Trento, na Universidade de Padua e na Universidade de Venecia, e a continuación será profesor ordinario de economía política e monetaria na Facultade de Ciencias Políticas "Cesar Alfieri" da Universidade de Florencia (entre 1981 e 1991).

Cargos públicos

Foi o artífice das máis importantes privatizacións de empresas públicas italianas. Ocupou diversos cargos no Ministerio do Tesouro italiano durante a década do noventa. En 1991 foi nomeado Director Xeral do Tesouro, cargo no que se mantivo ata 2001, período durante o cal houbo dez gobernos. Entre 1991 e 2001 foi Presidente do Comité de Privatizacións. Durante este período Italia foi sacudida por graves escándalos de corrupción. Os italianos culparon a algúns políticos influentes, pero Draghi chegou á conclusión de que o risco era inherente a un sistema no cal o estado desempeña un papel relevante como empresario. Situouse a favor das privatizacións como unha solución permanente.

Formou parte do Consello de Administración de diversos bancos e empresas: Eni, IRI, Banca Nazionale do Lavoro e IMI.

En 1998 asinou o texto único sobre finanzas, coñecido como "Lei Draghi", que introduciu en Italia a normativa en materia de ofertas públicas de adquisición e o auxe das sociedades cotizadas en bolsas de valores. Telecom Italia foi a primeira sociedade obxecto dunha opa, por parte de Olivetti, de Roberto Colaninno, que emprendeu a onda de privatizacións. Ata 1999, efectuáronse, en total, privatizacións por un valor total de mercado de 108.000 millóns de dólares estadounidenses. Os fondos provenientes das privatizacións axudaron a reducir a débeda pública e deste xeito cumprir cos criterios do Tratado da Unión Europea para a entrada no euro.

A esta seguíronlle a liquidación do IRI, a privatización de Eni, da cal Goldman Sachs adquiriu todo o patrimonio inmobiliario, Credito Italiano e Banca Commerciale Italiana.

Carreira internacional

Entre 1985 e 1990 foi director executivo do Banco Mundial. Entre xaneiro de 2002 e xaneiro de 2006 foi vicepresidente, para Europa, con cargo operativo, de Goldman Sachs, cuarto banco de investimento do mundo. Banco que perante esa época asesorou ao goberno grego na operación de falseamento dos datos de déficit e débeda do estado helénico, permitindo a Grecia simular que cumpría os requisitos orzamentarios da zona Euro.

Gobernador do Banco de Italia

O día 29 de decembro de 2005 foi nomeado gobernador do Banco de Italia.

Presidente do Banco Central Europeo

Draghi foi frecuentemente mencionado como sucesor potencial a Jean-Claude Trichet, cuxo prazo cando Presidente do Banco Central Europeo finalizaba en outubro do 2011. En xaneiro do 2011 o semanario alemán Zeit informou que políticos de alto nivel de Alemaña e Francia consideraban "improbable" que Draghi fora elixido para suceder a Trichet. Mais en febreiro do 2011 a situación volveuse máis favorable a Draghi cando o principal candidato alemán informou de que xa non estaba interesado no cargo, revivindo as posibilidades dos outros candidatos. O 13 de febreiro do 2011, Wolfgang Münchau, editora asociada do Financial Times, falaba xa de Draghi como o candidato mellor posicionado. Uns días máis tarde, The Economist escribía que "o vindeiro presidente do segundo banco central máis importante do mundo debería ser Mario Draghi". Ademais, o 20 de abril de 2011, The Wall Street Journal informou que "Wolfgang Schäuble, o ministro de finanza de Alemaña, está disposto a que Draghi sexa o Presidente de BCE". Uns días máis tarde, o diario alemán Bild apoiaba a Draghi definíndoo coma "o máis alemán dos candidatos". Contrariamente a informes anteriores sobre a postura de Francia, o 25 de abril sóubose que Nicolas Sarkozy vía en Draghi un candidato adecuado para o posto. O 17 de maio de 2011, o Consello da Unión Europea - Ecofin adoptou unha recomendación para o nomeamento de Mario Draghi como novo presidente do BCE. E o 24 de xuño é confirmado oficialmente polos líderes europeos logo a aprobación por parte do Parlamento Europeo e do propio BCE.

Mario Draghi 
Sinatura de Mario Draghi nun billete de 200 euros.

Ao longo dos seus oito anos á fronte do BCE estiveron marcados pola resposta ante a crise provocada pola débeda soberana dalgúns Estados da zona Euro e que ameazaba á viabilidade da propia moeda única. A acción de Draghi apoiouse en tres piares: baixada das taxas de interese, a compra de débeda e as poxas de liquidez para os bancos. Fronte a tendencia alcista dos últimos tempos de Trichet, en decembro de 2011, Draghi recortou ao 1% as taxas de interese, para rematar no 0% en 2016. Esta política foi apoiada pola inxección de diñeiro barato á banca mediante poxas (TLTRO) que tiñan coma fin reactivar o crédito e evitar a deflación. Paralelamente, deseñáronse operacións de compra da débeda soberana mediante diversos programas como os chamados APP.

Durante o seu mandato, o BCE foi reforzado ao quedaren baixo a súa autoridade o Mecanismo Único de Supervisión e o Mecanismo Único de Resolución, alicerces da Unión Bancaria. En 2019 rematou o seu mandato, sendo escollida presidenta Christine Lagarde.

Destacouse polas súas habilidades comunicativas, que en ocasións permitiron mandar sinais tranquilizadoras aos mercados financeiros. Un exemplo disto foi a súa insinuación de que o BCE faría o necesario para salvar o euro, o que acabou producindo alzas nos índices bursátiles europeos e baixadas nos intereses dos títulos de débeda. Por todo isto, nos medios de comunicación empregáronse denominacións como "Super" Mario para referirse a el, ou "draghinomics" para as súas decisións.

Aínda que as políticas de Draghi permitiron superar as tensións xeradas pola crise económica sobre a moeda única, para algúns sectores as políticas de Draghi provocaron un exceso de liquidez: a multiplicación do balance do BCE, que acada o 40% do PIB da Zona Euro, para custear as medidas non convencionais desenvolvidas, foi criticado dentro do BCE e por Estados como Alemaña, Países Baixos e os chamados "falcóns". Para outros sentaron as bases dunha xaponización da economía europea con escasa inflación, intereses baixos e crecemento reducido. Con todo, a súa acción tamén é louvada por ser responsable da "salvación" do euro.

Primeiro Ministro de Italia

En xaneiro de 2021 o goberno de Giuseppe Conte perdeu a maioría parlamentaria logo de que o grupo político de Matteo Renzi lle retirase o seu apoio. O presidente da República, Sergio Mattarella, logo da consulta cos partidos políticos, optou por encargar a Mario Draghi a formación dun goberno técnico o 13 de febreiro de 2021. Inicialmente a acción o executivo centrouse na resposta á pandamia do covid-19 e administración dos fondos europeos de recuperación Next Generation. Ademais, en decembro de 2021, pronunciouse a favor da reforma das regras fiscais da Unión Europea de acordo co presidente francés, Emmanuel Macron.

No contexto da elección dun novo presidente da República Italiana, en xaneiro de 2022, o nome de Mario Draghi foi sinalado como un serio candidato. Con todo, a falta de consenso levou a reelección de Sergio Mattarella.

Predecesor:
Jean-Claude Trichet
 Presidente do BCE 
2011 - 2019
Sucesor:
Christine Lagarde

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Mario Draghi BiografíaMario Draghi NotasMario Draghi Véxase taménMario Draghi19473 de setembroBanco Central EuropeoItaliaRoma

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lista de episodios de DoraemonAlberto Núñez FeijóoPascual VeigaMargarita PerveņeckaTraxe galegoManuel RivasPosicións sexuaisPazo de XelmírezGoretti SanmartínMontserrat Fernández PrietoÁngel Alvariño SaavedraPeste negraAs aves na cultura popular galegaEmilio Pérez TouriñoMaverick ViñalesCanle (comunicación)Nacionalismo étnicoXXX edición dos Premios GoyaIván BarberoHungríaPíntega comúnO. J. SimpsonConcellos de GaliciaDeportivo da CoruñaXXXTentacionMaría RamalloLinguas indoeuropeasAndrea MaceirasTalia Shire2003Lingua galegaÁlex FidalgoCarlos Martínez CarrilloXerardo Fernández AlborRocío JuradoSabela SilvaTecnoloxías da información e a comunicaciónAurora Sampedro PiñeiroRosario Porto OrtegaBoborásFátima PegoCouto MixtoLugares de VereaIgnacio VarelaRoko (actriz)Regulamento xeral de protección de datosEl Pinell de BraiAustraliaÉmile ZolaCanle (enxeñaría)Sandra BullockRevolución dos CaraveisPobo xitanoRobert RedfordProvincias de EspañaPosición do misioneiro invertidaEstados Unidos de AméricaRobin WilliamsPercebeBudapestMadridEl TeaProteínaJesús CintoraApolo e Dafne (de Bernini)Rosalía de CastroAurora SampedroMosteiro de Santa María de MeiraFelaciónLolita FloresXibraltarFauna de GaliciaPontevedraJ🡆 More