Mar Ao Norde: Libro de poesía de Álvaro Cunqueiro

Mar ao norde é un libro de poesía de Álvaro Cunqueiro publicado en 1932 por Nós.

Foi reeditada pola Editorial Galaxia na Obra en galego Completa I (1980).

Mar ao norde
Autor/aÁlvaro Cunqueiro
Ilustrador/aLuís Seoane
CubertaLuís Seoane
OrixeGalicia
LinguaGalega
Xénero(s)Poesía
EditorialNós
Data de pub.1932
editar datos en Wikidata ]

Hai unha edición bilingüe con tradución ao castelán por Xavier Rodríguez Baixeras.

Características

Mar ao norde (1932) un libro de iniciación, a súa primeira obra, cun sincretismo vangardista con algo de cubismo ou creacionismo, reaccionando contra o imaxinismo de moda e con aproximacións a Manuel Antonio (no que hai maior fondura no tratamento do tema común do mar). Son poemas breves e concisos nos que se opoñen o mar e a terra, e a illa é o centro na última parte. É unha poesía xeométrica e fría, desde unha postura de deshumanización da arte, con escasas concesións á sentimentalidade.

Segundo Xosé Ramón Pena:

"Mais estoutro mar de Cunqueiro resulta, polo contrario, un mar situado "Máis alá", un mar abstracto, despoboado de calquera referencia que permita establecer os fíos entre a experiencia e a propia experiencia metaforizada: Mentres en en Manuel Antonio o mar é suxeito da poesía (activo) ou subxectiva de quen poetiza, no de Mondoñedo, o mar é simplemente obxecto (pasivo) onde poetizar."

Segundo o Diccionario da literatura galega:

"Obra ousada que cómpre adscribir a un deliberado sincretismo vangardista máis que ó cubismo ou ó creacionismo, malia deseñaren os breves poemas, case estampas, un simbólico itinerario que opón terra a mar, sendo a illa da terceira parte o eixo central, co que obtén, cunha grande economía de medios, un elevado rendemento poético. Trátase de compsocións case deshumanizadas, dun hermetismo consubstancial que intenta evita a imposición dun único sentido."

Poemas

-Porto

  • Cinco fiestras colgadas
  • Sin que naide o soupera (6 versos)
  • Sombra en presencia pura (8 versos)

-Mar outa

  • Illa: oco insumiso (7 versos)
  • Este é o punto mesmo (13 versos)
  • Unha, dúas, tres: a lancha (6 versos)
  • Unha cóxega morna: así (7 versos)
  • Tamén o mar, hoxe (10 versos)
  • Coma un ollo: Todo o branco do serán (10 versos)
  • Xa non hai aquela simple (7 versos)
  • Nidia dede a note (4 versos)
  • A vosa soedá óuvese (8 versos)

-Illa

  • Xa teño a noite e o día (7 versos)
  • E como doi a luz (11 versos)
  • ROSAL (3 versos)
  • Agora –van lendo- (5 versos)
  • Eu nona ollei nascer. Déronma (12 versos)
  • Lua mollada chegáballe do mar (9 versos)
  • Move. Corre. É a hora enteira (6 versos)

-Terra adentro

  • ¿Non coñeces o mar? ( 8versos)
  • Non sei si a fiestra hoxe (10 versos)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Tags:

Mar Ao Norde CaracterísticasMar Ao Norde PoemasMar Ao Norde NotasMar Ao Norde Véxase taménMar Ao Norde

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Aires da miña terraAbraham MateoHTML5Michael JacksonÁlvaro CunqueiroRamón CabanillasGallaeciaUniversidade de VigoO Coello, Caldelas de Tui, TuiAWStatsPedro Campos CouceiroPradairo comúnTomiñoA EstradaAntónio de Oliveira SalazarCastelo da PicoñaSéculos EscurosEva Iglesias MiguénsLista de siglas e acrónimosTigreA ComarcaAlmudena ChacónCerdedo-CotobadeEmilia Pardo BazánArco do Triunfo de ParísLuis Ferrer i BalsebreMicrosoftMontserrat García ChavarríaSalgueiro MaiaXavier AlcaláLista de paísesMario CaneiroThe ArtistNubeiroBragaHelena Bonham CarterFrancisco Porto MellaPeer-to-peerMontse DopicoGaliciaPraza da QuintanaJosep CarrerasLuis ZaheraCristiano RonaldoGatoPaulino FernándezCarlos de Matos GomesAndrés IniestaJesús Hidalgo BermejoJoan BaezTanxugueirasEuskal Herria BilduRefraneiro galego sobre o mes de maioTeresa García-SabellCSSCalemburBristolXosé FortesLista de nomes masculinos en galegoAciñeiraMahatma GandhiSólido platónicoRosalía Fernández RialUniversidade de Santiago de CompostelaCarmen Blanco GarcíaPaspallásDonicelaLista de voces dos animaisRondaCopia por contactoPúrpuraLuciano PavarottiProvincias de España🡆 More