Manuel Lueiro Rey: Escritor e xornalista galego

Manuel Lueiro Rey, nado en Fornelos de Montes o 9 de abril de 1916 e finado no Grove o 11 de outubro de 1990, foi un escritor e xornalista galego.

Formou parte da chamada Xeración do 36.

Infotaula de personaManuel Lueiro Rey
Biografía
Nacemento9 de abril de 1916 Editar o valor em Wikidata
Fornelos de Montes, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de outubro de 1990 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
O Grove, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , xornalista , funcionario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMaría Lores González
Premios
Sinatura
Manuel Lueiro Rey: Traxectoria, Vida persoal, Obra en galego Editar o valor em Wikidata

Páxina webmanuellueirorey.com
Galiciana: 244969 Bitraga: 4262

Traxectoria

Foi fillo de Albino Lueiro Soto, mestre, e mais de Adelaida Rey Couto. Aínda que naceu en Fornelos de Montes, por destino do pai, foi vivir ao Grove cando contaba con sete anos de idade. Con doce anos comezou a traballar nunha forxa, e aos 18 comezou a colaborar co periódico pontevedrés El País, que dirixía Roberto Blanco Torres.

Tralo Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, para evitar a represión refuxiouse en Fornelos e no Portovilán, e finalmente decidiu alistarse no bando nacional. Trala fin da guerra regresou a Fornelos, e despois marchou a Madrid a preparar oposicións para auxiliar do corpo técnico do Ministerio de Facenda. Aprobounas en 1942, e en 1944 conseguiu praza en Pontevedra. En 1948 participou na reestrea da peza teatral Quen matou o meco?. Militou na clandestinidade no Partido Comunista.

Escribiu na prensa co pseudónimo Gudea, e desde a posguerra colaborou en medios como Litoral, Diario de Pontevedra, La Noche, El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Galicia, Correo Gallego, Diario de León, Diario Regional de Valladolid, ABC, La Hoja del Lunes, A Nosa Terra, Sonata, Cartel, Chan, Ínsua, Coordenadas, Dorna, Espiral ou Congostra. Colaborou tamén con Radio España Independiente.

Publicou varias obras en castelán. En 1966 consegue o Premio de novela Ciudad de Oviedo coa obra Manso. O texto foi publicado en España en 1967, mutilado pola censura. Apareceu en edición íntegra en Buenos Aires en 1968 e en 1996 foi publicada en galego pola Editorial Galaxia, con tradución de María Xesús Vidal Alves e limiar de Xesús Alonso Montero.

Viaxou a América en 1968, 1972 e 1978, onde contactou con Luís Seoane, Lorenzo Varela, Arturo Cuadrado e Rafael Dieste. O seu primeiro libro en galego foi Un tempo de sol a sol (poemas do neno galego) (1971), ao que seguiu Non deberían medrar (1974), con prólogo de Seoane.

Na súa honra o Concello do Grove creou en 1992 o Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey e o Concello de Fornelos de Montes creou en 2012 o Premio Lueiro Rey de poesía e en 2017 o Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey.

Vida persoal

Casou no Grove con María Lores González en xaneiro de 1944, e tiveron cinco fillos: Manuel (1945), Francisco (1948), Adela (1952), Víctor (1958) e Eugenio (1962).

Manuel Lueiro Rey: Traxectoria, Vida persoal, Obra en galego 
Detalle da portada de O sol na crista do galo, edición de Ramón Nicolás.

Obra en galego

Poesía

  • Un tempo de sol a sol (poemas do neno galego) (Edicións do Centro de Betanzos, 1971)
  • Escolma ferida (Ediciós do Castro, 1977)
  • Nova escolma ferida (Ediciós do Castro, 1988)
  • Derradeira escolma ferida (Xerais, 2003; edición de Ramón Nicolás)

Narrativa

  • Non debían medrar (Ediciós do Castro, 1974).
  • O sol na crista do galo (Ediciós do Castro, 1982).

Ensaio

  • O Grove: canción do sal e do vento (Xerais, 2005)

Obra en castelán

Poesía

Manuel Lueiro Rey: Traxectoria, Vida persoal, Obra en galego 
Juncia de amor y vida.
  • Nacencia. Cuentos y poemas (Vigo, 1950). Publicado co pseudónimo Gudea.
  • Juncia de amor y vida (Pontevedra, 1959)
  • Sonetos a la ciudad de Vigo (Pontevedra, 1960)
  • La noche espera el alba (Botella al mar, 1971)
  • Vigo en tres paisajes (Vigo, 1990)
  • Camino de sueños, 1992.
  • Memoria de la raíz de las casas (Ediciós do Castro, 1992)
  • Mientras crece la hierba (Puente de la Aurora, 1997)

Narrativa

  • Manso (Oviedo, 1967; Oberón, 1968; Galaxia, 1996).
  • Vicente y el otro (Editorial Oberón, Buenos Aires, 1968).
  • Manos de ausencia (prosas) (Libertarias, 1986)
  • Un río que camina (Orígenes, 1987)
  • Hundezelle y otras vidas maltratadas (Ronsel, 1998). Póstuma.

Ensaio

  • Crónica de una transición intransigente (Ediciós do Castro, 1985)

Recoñecementos

  • Premio Casa de Galicia de Buenos Aires 1952 por Sinfonía de luz galaica.
  • Premio Ciudad de Vigo, por Sonetos a la ciudad de Vigo.
  • Premio Ciudad de Oviedo 1966, por Manso.
  • Unha Casa da Cultura do Concello do Grove leva o nome de Manuel Lueiro Rey.

Notas

    Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Manuel Lueiro Rey TraxectoriaManuel Lueiro Rey Vida persoalManuel Lueiro Rey Obra en galegoManuel Lueiro Rey Obra en castelánManuel Lueiro Rey RecoñecementosManuel Lueiro Rey NotasManuel Lueiro Rey Véxase taménManuel Lueiro Rey11 de outubro191619909 de abrilFornelos de MontesGaliciaO GroveXeración do 36

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Bandeira de GaliciaConflito das EncrobasPablo CasadoXunta de GaliciaBombardeo atómico de Hiroshima e NagasakiOs pronomes persoais galegosDavid WalliamsParadigmas dos verbos irregulares galegosLaura PonteCastro de Punta do BicoParísSerés, Serés, CastroverdeBeatriz MatoCamilo Díaz BaliñoTino SaquésAWStatsPortugalHard GZPraza da QuintanaCarlos MoyáSoloCouto MixtoElena CandiaJuan CorralPilar RojoVigoEl LuísBulgariaMeigaPartidos politicos de España inscritos de 1976 a 1980OriginMártires de CarralCelia DíazConvento de Santa Clara de Santiago de CompostelaHelena MuñozRelación transitivaPragaGaliciaCambrePauliñaFernando AlonsoTanxugueirasPrehistoriaEl Eco de Pontevedra (1852)Leonardo da VinciLituaniaLeninismoPedro Vázquez de NeiraPMartaInfinitivo conxugadoEstatuto de autonomía de Galicia de 1981DonicelaGuillade, PonteareasCastelaoPancho VillaNacho CastañoIES Sánchez CantónMonte do GaliñeiroMeteoGaliciaTribadismoNacionalismo galegoFrancisco de GoyaMasturbación coas mamasLingua cataláMoisés Rodríguez PérezGran Buda de LeshanTristán UlloaXosé Manuel PiñeiroTaylor SwiftJosé María García LeiraTonhito de PoiSuízaXoán Manuel PintosCarballoLamento da FrouseiraCantares gallegosVerza🡆 More