Lusacia é unha rexión europea situada no leste de Saxonia e o sur de Brandeburgo, na actual Alemaña, ocupando tamén partes de Silesia en Polonia e na República Checa.
Nomeado en referencia a | pantano | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Brandeburgo | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 11.302 km² | ||||
O seu nome é Lausitz en alemán, Łužica en alto sorabo, Łužyca en baixo sorabo, Łużyce en polaco, Lužice en checo, Uůžyce en silesio e Lusatia en latín.
Ocupa unha extensión duns 11 000 km² aproximadamente. O nome, de etimoloxía soraba, significa territorio dos prados pantanosos ou país das brañas.
Hoxe en día vive nela a minoría étnica eslava dos sorabos, cuxos antepasados, os milceni, se instalaron no territorio no século IX. Unhas 60 000 persoas desta rexión (o 10 % da poboación) aínda falan o sorabo, unha lingua eslava.
Na rexión distínguense dúas partes:
O territorio limita ao sur co segmento dos Cárpatos chamado en sorabo Lužické hory e en alemán Lausitzer Gebirge (en ambos os casos, Montes de Lusacia), tendo unha altitude máxima de 793 m (monte Luž ou (Lausche). Ao norte o territorio transfórmase rapidamente nunha chaira brañenta.
As zonas máis ou menos naturais nas que se pode dividir a Lusacia alemá son:
A demanda de materiais combustíbeis medrou considerabelmente coa revolución industrial no século XIX e Lusacia transformouse nunha potencia na extracción mineira de lignito. As escavadoras dos xacementos avanzaron até que non se encontrou máis carbón, e o territorio da Baixa Lusacia quedou cuberto de cráteres.
Cando se esgotaron os xacementos de carbón, despois de varios anos comezaron a inundarse algúns cráteres e foron aparecendo os primeiros lagos, como o Silbersee, nos anos 1950. Nos anos 1970 comezou un plan de acondicionamento da rexión, e xurdiron os lagos Knappensee, Senftenberger See e Erikasee.
Tras a reunificación de Alemaña, nos anos 1990, os gobernos rexionais puxeron en marcha o proxecto Lausitzer Seenkette (actualmente Lausitzer Seenland) para recuperar as máis de cen mil hectáreas de terreo con alto contido en xofre e con falta de auga polo bombeo subterráneo das antigas explotacións mineiras.
A meta é transformar uns 130 km² en lagos artificiais para atraer o turismo e crear novas fontes de traballo, nunha das rexións máis castigadas polo desemprego en Alemaña. Os lagos estarán conectados entre si mediante unha rede de canles navegábeis, contando con distintas atraccións turísticas e deportivas. O proxecto, que supera os 5.000 millóns de euros, deberá estar completado en 2018, e 18 lagos conformarán a paisaxe.
As cidades máis importantes da Alta Lusacia son Bautzen, Görlitz, Löbau, Zittau, Hoyerswerda, Kamenz, Bischofswerda, Luban (Polonia) e Liberec (República Checa). Na Baixa Lusacia encóntranse Senftenberg e Cottbus. En Spreewald (lieralemente "bosque do Spree") están Lübben e Luckau.
Ao sur, cerca da fronteira de Bohemia, encóntranse algunhas grandes vilas, dedicadas á industria téxtil. Nesta rexión encóntranse construcións de madeira, representativas da arquitectura local tradicional. As vilas máis importantes son Großschönau, Ebersbach, Oppach, Sohland an der Spree e Wehrsdorf.
Algúns castelos e mansións antigas poden visitarse, e mesmo algúns, como o castelo de Lübbenau, están transformados en hoteis.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lusacia |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Lusacia, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.