Lingua En Perigo De Extinción

Falar dunha lingua en perigo de extinción é referirse a aquelas linguas do mundo que son susceptibles de desaparecer por variadas causas, que poden clasificarse conforme ao seguinte esquema:

Lingua En Perigo De Extinción
Máis do 50% das linguas do mundo atópanse en só oito países (sinalados en vermello no mapa): India, Brasil, México, Australia, Indonesia, Nixeria, Papúa Nova Guinea e o Camerún. Nesas áreas e os seus arredores están os lugares máis diversos lingüisticamente do mundo (sinalados en azul no mapa).

Substitución da lingua

Acontece cando os usos e funcións dunha lingua van perdendo distribución nunha poboación a favor doutra. Isto é o que leva acontecendo os últimos séculos coa perda do galego fronte ó castelán, fenómeno coñecido coma diglosia no sentido co que se coñece este termo na sociolinguística das linguas minorizadas peninsulares (o seu senso orixinal partindo dos traballos de Joshua Fishmann é o mesmo que o que a Xunta de Galicia e Regueira[quen?] vén chamar Bilingüísmo harmónico, onde dúas linguas reparten os seus usos na poboación en distribución complementaria sen contextos de conflito). Este proceso pode avaliarse a nivel individual ou a nivel demográfico. Ó inverso do primeiro chámaselle lealdade lingüística, mentres que o segundo é o proceso substitutorio sensu stricto. Este fenómeno dáse normalmente nos casos nos que os falantes da lingua minorizada teñen certa consciencia de comunidade de falantes e existe certa lealdade lingüística;

Desaparición da lingua

Desaparición física dos falantes

Estes procesos poden deberse a dúas causas: naturais ou humanas. Un exemplo de causas naturais pode ser o tsunami acontecido no Índico a finais do 2004: xa que había linguas faladas por moi poucos habitantes (v. Demografía lingüística), os cales residían en zonas costeiras, unha catástrofe destas dimensións é quen de matar a tódolos falantes desas linguas. A outra causa, a humana, pode ser involuntaria ou non: mentres que os colonizadores ibéricos provocaron un verdadeiro masacre en América (fálase da desaparición de ata o 90% da poboación) debido ás enfermidades que exportaron ata alí, o caso da guerra dos Balcáns foi de verdadeiro xenocidio.

Desaparición da transmisión familiar

Prodúcese cando os falantes non lles aprenden a falar ás novas xeracións na lingua que se está extinguindo. Isto prodúcese adoito en combinación coa substitución lingüística enriba mencionada. Os casos máis coñecidos de extinción lingüística son os seguintes (por orde cronolóxica):

  • 1877: Dolly Pentreath, derradeira falante de córnico (Reino Unido);
  • 1898: Tuone Udaina (ou Antonio Udine), derradeiro falante de dálmata vegliota, (entre Italia e Croacia);
  • 1916: Ishi (que significa "home" e de quen nunca se soubo o nome propio xa que para eles era tabú mencionalo), derradeiro falante de yahi (Estados Unidos);
  • 1918: Marie Smith Jones, derradeira falante de eyak (Alasca), morta o 21-01-2008;
  • 1951: John Albert, derradeiro falante do alsea (Estados Unidos)
  • 1974: Edward "Ned" Maddrell, mariñeiro (grazas ó cal conservouno ata a morte xa que o utilizaba para falar cos gaélicos irlandeses) e derradeiro falante da lingua céltica manx (Reino Unido);
  • 1981: Jinbilnggay (tamén chamado Alf Palmer), derradeiro falante de warrungu (Australia);
  • 1986: Jack Butler, derradeiro falante de jiwarli (Australia);
  • 1992: Tevfik Esenc de 88 anos, derradeiro falante de ubikh (Turquía);
  • 1996: Red Thunder Cloud (traducible por "Nube de raio vermello", tamén chamado Carlos Westez), derradeiro falante de catawba (Estados Unidos).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Lingua En Perigo De Extinción Substitución da linguaLingua En Perigo De Extinción Desaparición da linguaLingua En Perigo De Extinción NotasLingua En Perigo De Extinción Véxase taménLingua En Perigo De Extinción

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

GuimarãesOU-412Reino UnidoThe Artist69 (sexo)ListenbourgPremio Vidal BolañoDoraemonDescomposición de matricesJoselu MatoSalvador Puig AntichOU-621As NevesClint EastwoodAsturiasAlgodónA Pobra do CaramiñalDaniel de la TorreXosé Luís Méndez FerrínLana Del ReyEstrella GaliciaAmando Suárez CoutoAbellaMaría ZambranoPorno duroShinovaChandrexa de QueixaGallaeciaGame Boy MicroCortizaLista das canles de YouTube máis subscritasBriónPorto da LúaChairaUkiyo-eXosé Luís BernalWilliam ShakespeareMascatoO. J. SimpsonHenry CavillSalman RushdieIlustrísimaMártires de CarralConcellos de GaliciaVilagarcía de ArousaRa verdePoloniaElvira Suanzes FernándezAndorraHerminio BarreiroRefraneiro galego sobre o panMaría Antonieta de AustriaPartido LibertarioEnrique LísterLuis EnriqueNoruegaOU-414Antonio Martínez AneirosMaría Xesús LorenzanaMiguel Ángel RevillaOs biosbardosIrene Urdangarin y BorbónMiriam Beizana VigoRichard GereLuis ZaheraEuropaFragas do EumeXoán MontesChus NogueiraHeraldo GuardésChorimaSegunda República EspañolaDavid BroncanoHTMLCélulas A549George SandCanle (comunicación)🡆 More