Libra Escocesa: Antiga unidade monetaria escocesa

Xacobe VI (1567-1625)

Moeda de 6 libras escocesas

Libra Escocesa: Historia, Notas, Véxase tamén
· IACOBVS · 6 · D · G · R · SCOTORVM ·, escudo de armas coroado. · SALVS · POPVLI · SVPREMA · LEX · 1602; espada e cetro coroados, flanqueados por cardos.
Sword & sceptre (= 6 libras escocesas) . 1602. AU. 29 mm. 5,09 g.

A libra escocesa (en inglés: pound scots; en scots: pund scots) foi unha moeda escocesa base do sistema monetario do Reino de Escocia con anterioridade á súa unificación co Reino de Inglaterra en 1707.

Historia

A libra escocesa foi introducida no século XII polo rei escocés David I (1124-1153), tomando como modelo a moeda de Inglaterra e de Francia, e dividiuse desde entón en 20 xilins, e cada un destes en 12 peniques (240 peniques por libra). A moeda escocesa sufriu posteriormente un proceso de desvalorización en relación coa libra esterlina e xa en tempos de Xacobe III (1460-1488) esta última equivalía xa a catro libras escocesas.

O penique (penny) foi a única denominación monetaria deste sistema cuñada ata 1280, cando comezaron a emitirse moedas da metade do seu valor (half penny) e tamén da súa cuarta parte (farthing), introducidas por Alexandre III (1249-1286). As emisións baseáronse neses tres valores ata a reforma monetaria de David II (1329-1371), producida en 1357, que deu lugar á aparición de novos valores en ouro (como o noble, de 6 xilins e 8 peniques) e en prata (como o groat, de 4 peniques).

A partir de aí, nos séculos seguintes xurdiu unha ampla variedade de denominacións en cobre, billón, prata e ouro, como fraccións e múltiplos da libra escocesa e co seu valor expresado en xilins e en peniques (bawbee, merk, unicorn, etc).

Coa subida do monarca escocés Xacobe VI (1567-1625) ao trono de Inglaterra, co nome de Xacobe I de Inglaterra, en 1603, reformouse o sistema monetario escocés para o harmonizar co sistema inglés, e estableceuse unha equivalencia de 12 libras escocesas por cada libra esterlina.

Logo da Lei de Unión de ambos os reinos de 1707, a libra escocesa foi abolida e substituíuse pola esterlina mantendo a mesma relación de 12 a 1 (unha libra escocesa equivalía, xa que logo, a 1 xilin e 8 peniques ingleses), e a libra escocesa continuou utilizándose e Escocia unicamente como unidade de conta ao longo de todo o século XVIII, en tanto que a moeda real era xa a unificada para todo o Reino Unido.

A partir dese momento non volveu existir unha libra escocesa diferente da libra esterlina. Así e todo, os tres bancos principais de Escocia (Royal Bank of Scotland, Bank of Scotland e Clydesdale Bank) imprimen aínda hoxe os seus propios billetes. A denominación do seu valor facial está, no entanto, expresada en libras esterlinas e os billetes teñen curso legal en todo o Reino Unido (aínda que se atopan con máis frecuencia en Escocia), e representan o mesmo valor en libras esterlinas que os billetes emitidos polo Banco de Inglaterra en Inglaterra e en Gales.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Stewart, I. (1955). The Scottish Coinage. Londres. Spink & Son.

Ligazóns externas

Tags:

Libra Escocesa HistoriaLibra Escocesa NotasLibra Escocesa Véxase taménLibra EscocesaXacobe VI de Escocia e I de Inglaterra

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Gastronomía de GaliciaXixónNoam ChomskyIbiasCosta do MarfilCDC42FeixónApéndice vermiforme1942José Pérez-ArdáPonte das PíasVideoxogoEconomíaProvincia da CoruñaCarles PuigdemontInditexColombiaRianxoProvincia de HuescaHuelvaPremio Nobel de FísicaLinguas indoeuropeasMarie CurieCuncas de AxtrokiIBBYErnst Otto FischerPonferradaLingua casteláProvincia de OurenseAsturiasXosé Manuel PiñeiroO Castrillón, A CoruñaConor McGregorWikiLeaksÁngel Pardo PuzoAlexandra TargaryenJuan Sarmiento PatiñoFranciaDoubanLuis ZaheraGallaeciaTerra Eo-NaviaLlanesAlgoritmo8 de maioBarcoRacing Club de FerrolArquitectura do RenacementoItalo SvevoBilbaoSleim AmmarComunidade autónomaDaniel Vega PérezCurtisMercurio (planeta)País VascoDavid VillaPascua cristiáCastro CaldelasXabier DeiveMDécada de 1930Miguel TelladoXestaCambadosRuxe RuxeLugoBoiroAlto do FioucoUnión SoviéticaTeléfonoBurgosDistrito de BragaClara CampoamorNova YorkComunidade de Madrid🡆 More