Langur Dourado: Primate

O langur dourado (Trachypithecus geei) é un primate da familia dos Cercopithecidae que se pode atopar no estado indio de Assam e nas Montañas Negras de Bután.

Trátase da especie de primate máis ameazada da India a pesar de ser un animal sagrado para os habitantes do Himalaia.

Langur dourado
Langur Dourado: Descrición, Distribución e costumes, Subespecies
Langur dourado.
Estado de conservación
En perigo
En perigo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Cercopithecidae
Xénero: Trachypithecus
Especie: T. geei
Nome binomial
'Trachypithecus geei'
(Khajuria, 1956)
Área de distribución do langur dourado.
Área de distribución do langur dourado.

Área de distribución do langur dourado.

Descrición

O langur dourado caracterízase pola cor da súa pelaxe, que varía entre o dourado e o crema brillante. A súa face é completamente negra e ten unha cola longa de até 50 cm.

Distribución e costumes

A súa área de distribución está moi restrinxida na actualidade; con só uns 100 km² limitados no sur polo río Brahmaputra, no leste polo río Manas, no oeste polo río Sankosh e no norte polas Montañas Negras de Bután. Crese que esta barreira bioxeográfica é a responsábel da orixe da especie a partir do seu parente máis próximo, o Trachypithecus pileatus.

O número de individuos contabilizados en 2001 era de 1.064, que estaban divididos en 130 grupos. Destes, cando menos o 60% eran adultos, o que reflicte unha escaseza de individuos non maduros, sendo isto un indicador do declive de poboación da especie. A principal causa da súa desaparición e a degradación do seu hábitat pola actividade humana. Unha pequena poboación que se atopa nunha plantación de caucho en Kokrajhar, distrito de Assam, incrementou a súa poboación de 38 a 52 individuos entre 1997 e 2002. Esta poboación adaptouse para alimentarse de sementes secas das árbores de caucho.

O langur dourado é un animal gregario que se relaciona en grupos de varios individuos. Os grupos teñen un termo medio de 8,2 animais e a proporción de adultos é de 2,3 femias por cada macho. Non obstante, a meirande parte dos grupos só teñen un macho adulto. Na maior parte do seu hábitat, o langur dourado atópase confinado ás árbores de máis altura, onde a súa cola lle permite abanearse entre as pólas. Aliméntase de froita, sementes, flores, gromos e follas verdes.

Subespecies

Distínguense dúas subespecies:

  • Trachypithecus geei geei (Khajuria, 1956).
  • Trachypithecus geei bhutanensis (Wangchuk, 2003).

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Langur Dourado DescriciónLangur Dourado Distribución e costumesLangur Dourado SubespeciesLangur Dourado Galería de imaxesLangur Dourado NotasLangur Dourado Véxase taménLangur DouradoAssamButánCercopithecidaeFamilia (bioloxía)HimalaiaIndiaPrimate

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

PortadaNapoleón I de FranciaAguaneiroFrancisco FrancoCalemburSegunda guerra mundialAntón Riveiro CoelloLista de paísesRusiaEstados Unidos de AméricaVeneciaLuciano Pavarotti69 (sexo)Copia por contactoNubeiroHoliShinovaFerreiriño abelleiroAWStatsIdade de Bronce en GaliciaAmieiroVila de CrucesSéculos EscurosCarballoFrancisco Porto MellaMoinanteHTML5Sonsoles EspinosaAna MenaDon Quixote da ManchaEleccións municipais de 2023 en GaliciaAmorodoSydney SweeneyMonte de VenusBidueiroCatedral de MilánMemorias dun neno labregoReal Academia Galega de Xurisprudencia e LexislaciónFrancisco Fernández del RiegoMaría ReimóndezBimba y LolaBipartito galegoLista de palabras galegas de orixe celtaArmada InvencibleLista de voces dos animaisTomiñoDominio públicoHLA-CHistoria de GaliciaHistoria de CroaciaLeonardo da VinciBicarbonato de sodioAC-960Lista de países por superficieTameiga, MosPaulino FernándezMovemento de independencia da IndiaChachoFernando AramburuXureloVerbos galegos ser, estar e irAires da miña terraXabier FortesComarca da Mariña OrientalCastro de Punta do BicoHistoria de EspañaMiguel de CervantesFillas de CassandraEscherichia coliÁnxel CasalVladimir PutinRoisHistoria de LugoJoan BaezSolAntolín Faraldo🡆 More