Kulturnav: Servizo dixital de almacenamento en nube

KulturNav é un servizo dixital de almacenamento en nube orixinario de Noruega.

O seu principal fin é que os seus usuarios poidan utilizar dita plataforma para crear e administrar un sistema de control de autoridades focalizado nas necesidades de museos e centros culturais. O proxecto foi creado e é dirixido polo Consello das Artes de Noruega. O proxecto iniciouse no 2013 e a páxina estivo completamente operativa o 20 de xaneiro de 2015. É utilizado por arredor de 130 museos de Noruega e Suecia.

KulturNav
Tipobase de datos en liña e terminology registry
Data de fundación20 de xaneiro de 2015
Na rede
http://kulturnav.org/
editar datos en Wikidata ]

Segundo o seu propio sitio web, KulturNav está deseñado para mellorar o acceso á información sobre o patrimonio cultural en arquivos, bibliotecas e museos, traballando con metadatos comúns. Así, distintas institucións poden colaborar para construír unha base de datos e terminoloxía estándar. Segundo o Centro de Arquitectura e Deseño Skeppsholmen, KulturNav posúe un rexistro bastante completo de arquitectos suecos.

Software

KulturNav emprega a tecnoloxía KulturIT, un software desenvolvido e mantido en conxunto entre o Museo de Cultura Popular de Noruega e o Museo Lillehammer, un proxecto sen fins de lucro. KulturIT baséase no sistema de datos con ligazóns, o que o fai compatible con outras fontes que utilicen a mesma tecnoloxía.

A API soporta consultas con HTTP GET, as cales non teñen un sistema de autentificación e autorización, o que significa que só se pode consultar contido que sexa público. O sistema foi desenvolvido baseándose en Play Framework, xunto con Solr e jQuery.

Proxectos

En marzo de 2015, o rexistro nacional de fotografía de Suecia iniciou o proceso de migración a KulturNav.

O proxecto de dixitalización do Museo de Historia Natural de Estocolmo, iniciado no 2016 e que se espera finalice no 2020, prevé subir o material obtido a KulturNav ou unha plataforma similar.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Kulturnav SoftwareKulturnav ProxectosKulturnav NotasKulturnav Véxase taménKulturnavControl de autoridadesNoruega

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Refraneiro galego sobre o panLalínXoán Manuel PintosSegunda guerra mundialRamón CamposLucía Calvo de la UzMonte MedulioLista de castelos de PortugalAlberto Núñez FeijóoSanta CombaPedro Vázquez de NeiraIsabel Díaz AyusoCarlos MoyáCifras e letrasCelso Emilio FerreiroA CoruñaUniversidade de Santiago de CompostelaVacalouraHórreo galegoMaruxa MalloInstituto de Tecnoloxía de MassachusettsBariCill GhallagáinLois PereiroCidade da Cultura de GaliciaCastelo da PicoñaCarles PuigdemontPartidos politicos de España inscritos de 1976 a 1980CedeiraPili PampínTomiñoJeltzaleCamiño dos FarosEl LuísAníbal MalvarAlecrínAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoFoca monxeOlympe de GougesDe NinghuresLingua cataláReino de GaliciaBélxicaAvesXogos popularesRacing Club de FerrolMáquina de vaporCastro de BaroñaCerdeiraOs adverbios galegosPapuxasProvincia da CoruñaAstérixTurquíaLeonardo da VinciCambreVíctor CoyoteOs pronomes persoais galegosAndoni OrtuzarLista das aves de GaliciaWikiquoteO comparativo galegoOvidio RodeiroLeninProfeta Habacuc (Donatello)Daniel BasteiroLuar na lubreHelena MuñozSalgueiroParlamento VascoNacho CastañoEspazo Común GaleguistaXián (nome)🡆 More