Juba

Juba (en inglés e oficialmente: Juba; en árabe: جوبا) é a capital da República do Sudán do Sur.

Está situada na ribeira do Nilo Branco, e é tamén a capital do estado de Ecuatoria Central.

Modelo:Xeografía políticaJuba
Imaxe

Localización
 4°51′N 31°36′L / 4.85, 31.631°36′L / 4.85, 31.6
EstadoSudán do Sur
State of South Sudan (en) TraducirEquatória Central (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación459.342 (2023) Editar o valor em Wikidata (8.833,5 hab./km²)
Xeografía
Superficie52 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porNilo Editar o valor em Wikidata
Altitude550 m Editar o valor em Wikidata
Creación1922 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Historia

Juba 
Hotel Juba en 1936.

No século XIX estableceuse un posto de comercio e unha misión chamada Gondokoro nas inmediacións de Juba. Era o posto de avanzada máis meridional da gornición turca, apoiada por un puñado de soldados, na súa maioría enfermos de malaria e da febre de augas negras que dominaban a rexión.

Gondokoro foi tamén a base do explorador e defensor Samuel Baker durante as súas expedicións ao que hoxe é o Sudán do Sur e o norte de Uganda, desde 1863 ata 1865 e desde 1871 ata 1873 respectivamente.

En 1922, un pequeno número de comerciantes gregos chegou á zona e estableceron Juba na beira occidental do Nilo Branco. Os gregos, que tiñan excelentes relacións coa tribo indíxena de Juba (os Bari), construíron o que hoxe é o Distrito de Negocios. Os edificios que hoxe albergan o Banco comercial de Buffalo, o Banco comercial do Nilo, o Hotel Paradise, a Casa do Cónsul de Noruega así como moitos outros, foron construídos orixinalmente polos gregos e foron as únicas estruturas permanentes que houbo ata principios da década de 1940.

Desde 1899 a 1956, Juba atopábase no Sudán Anglo-Exipcio que era administrado conxuntamente polo Reino Unido e Exipto. A esperanza británica de unir a parte sur do Sudán con Uganda desvaneceuse en 1947 debido a un acordo realizado en Juba, tamén coñecido como a Conferencia de Juba, para unificar o Norte e o Sur do Sudán. En 1955, unha rebelión de soldados do Sur da cidade Torit desencadeou a primeira guerra civil sudanesa, que non terminou ata 1972. Durante a segunda guerra civil sudanesa Juba era un lugar estratéxico que foi o centro de numerosos combates.

En 2005 Juba converteuse na sede provisional e a capital do goberno semiautónomo do Sudán do Sur, aínda que a capital proposta provisionalmente antes da firma do Acordo Xeral de Paz era Rumbek. Coa chegada da paz, as Nacións Unidas aumentaron a súa presenza en Juba, considerando que ata ese momento moitas operacións no Sudán do Sur foran xestionadas por Kenya. Baixo a dirección da Oficina Para a Coordinación de Asuntos Humanitarios (OCHA), as Nacións Unidas estableceron un campamento coñecido como "campamento OCHA", que serviu de base para moitos organismos das Nacións Unidas e organizacións non gobernamentais.

Demografía

Juba 
Vista aérea de Juba.

En 2005, a súa poboación era de 163.442 habitantes. En base a análise de fotos aéreas, a estimación de voluntarios que traballaron en Juba determinou que a poboación en 2006 era de aproximadamente 250.000. O 5º Censo de Poboación e Habitacional do Sudán realizouse entre abril e maio de 2008, pero os resultados foron rexeitados polo goberno do Sudán do Sur.

Evolución da poboación
Ano Poboación
1973 (censo) 56.737
1983 (censo) 83.787
1993 (censo) 114.980
2005 (estimación) 163.442
2006 (estimación) 250.000

Infraestruturas

Juba 
Ponte de Juba.

A cidade é un porto fluvial e o extremo sur do tráfico fluvial ao longo do Nilo, chamado con propiedade o Bahr al Jabal, que é unha sección do Nilo Branco. Antes da guerra civil, Juba era tamén un centro de transporte, coas estradas que conectan a Kenya, Uganda e a República Democrática do Congo.

Debido á guerra, Juba dificilmente puido ser denominado como un centro de transporte máis. As estradas e o porto fluvial non se atopan en uso debido a mal estado. As Nacións Unidas e o goberno do Sudán do Sur son os encargados da reparación dos camiños, pero a reparación completa espérase que dure moitos anos.

En 2003, a Fundación Suíza para a Acción contra as Minas (FSD), comezou a despexar a estrada que conduce de Juba a Uganda e Kenya. Esperábase que estes camiños fosen completamente desminados e reconstruídos no curso de 2006-2008. A reconstrución das estradas, que están na súa maioría sen pavimentar, precisan de traballo, esforzo e tempo debido á tempada de traballo limitado debido á prolongada tempada de choivas, que dura desde marzo ata outubro.

As estradas son bastante importantes para o proceso de paz no Sudán do Sur, a xente necesita regresar aos seus fogares e recuperar o que consideran unha vida normal outra vez. A primeira estrada que comezou a ser reconstruída é o camiño a Uganda. Este camiño é particularmente importante, xa que moitos dos habitantes orixinais de Juba, fuxiron a Uganda durante a guerra. A partir de 2009, hai tres camiños pavimentados en Juba, un deles recuperado en xullo dese ano. A principal é un camiño de cemento, construído polos británicos na década de 1950.

A cidade é sede da Universidade de Juba.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Juba HistoriaJuba DemografíaJuba InfraestruturasJuba NotasJuba Véxase taménJubaLingua inglesaLingua árabeRío Nilo BrancoSudán do Sur

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Paula ConsAutarquíaArteixoContraexemploElena Rivo LópezJosé Luís Valladares FernándezXogos popularesFrancisco de GoyaÁcido lácticoErnesto ValverdeVincent van GoghGolda MeirDavid MellaOU-125CisteínaRocío MosqueraLaura Ponte SantasmarinasHectágonoCospeitoBatallón LiterarioIsaac NewtonAs aves na cultura popular galegaJosé Luis Torres ColomerAristótelesFachada do ObradoiroBurt LancasterTeresa PortelaBarbanegraAbraham CupeiroFrancisco AsoreyDistritos de PortugalMarilyn MansonAitana OcañaAC/DCPaio de AsturiasClub Bosco de BaloncestoLeonardo da VinciEducaciónSergei EisensteinLudwig van BeethovenCataluñaJuan Constenla CarbónOrdenadorCoordenadas xeográficasOU-115Manuel FragaStingMiguel Anxo BastosLugoJuan CaamañoGatipedroMaría Xesús LorenzanaLluís LlachErros e TánatosBenjamin CompaoréMasturbación coas mamasGonzalo MellaVehículo aéreo non tripulado2018N-550Xosé Díaz Arias de CastroPoloniaRaúl García EscuderoSisnando DavídizEldiario.esAcivroLugares de PantónDepuración franquista do maxisterioA CoruñaCastro de Punta do BicoAurichu PereiraBen AffleckTito JacksonRibeiraBad Gyal🡆 More