José Luis Pensado: Filólogo e lingüista galego

José Luís Pensado Tomé, nado en Negreira o 6 de marzo de 1924 e finado en Salamanca o 15 de decembro de 2000, foi un filólogo e lingüista galego que entre outros aspectos dedicou parte da súa vida á edición da obra do ilustrado frei Martín Sarmiento.

Foi membro de número da Real Academia Galega, correspondente da Real Academia Española e membro de honra da Academia de la Llingua Asturiana.

Infotaula de personaJosé Luis Pensado
Biografía
Nacemento6 de marzo de 1924 Editar o valor em Wikidata
Negreira, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de decembro de 2000 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Salamanca, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade Central Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilólogo , lingüista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoXesús Alonso Montero Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosCarmen Pensado Ruiz Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1801824

Traxectoria

Rematados os seus estudos secundarios, iniciou en Santiago de Compostela os de Filosofía e Letras durante os dous primeiros cursos comúns, para pasar logo á Universidade Central de Madrid, onde acabou os de Filoloxía Románica, na que tivo como profesor, entre outros, a Dámaso Alonso. Catro anos despois, en 1954, presentou a súa tese doutoral na mesma universidade.

Tres anos despois accedeu á cátedra da súa especialidade na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Oviedo, na que exerceu até 1963, ano no que accedeu á mesma cátedra na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Salamanca, na que exercería até o seu falecemento.

Era membro correspondente da Real Academia Galega desde 1967 e académico de honra da mesma desde 1987; co mesmo rango érao da Academia de la Llingua Asturiana desde 1982.

O labor investigador

A finais dos anos da década de 1960, o profesor Pensado, coñecedor das dimensións e da importancia que tiña a obra do monxe beneditino galego Martín Sarmiento (1694-1772) para coñecer a historia da lingua galega (na súa maior parte inédita ou mal editada), emprendeu a tarefa de editala debidamente, consonte os requisitos da moderna crítica filolóxica, confrontando as diversas variantes manuscritas e impresas, anotándoas e iluminándoas con rigorosas introducións que ordinariamente constitúen de por si fermosos libros. Paralelamente, o Dr. Pensado Tomé encontrouse coa non tan brillante obra lingüística doutro ilustrado galego, frei Juan Sobreira Salgado (1746-1805), mais tamén importante para a historia do galego dos séculos escuros. Ambas obras ficaron así accesíbeis de aí en adiante a estudosos e afeccionados interesados en coñecela, ademais de que parte dos escritos de Sarmiento constitúen extraordinarios exemplos do pensamento ilustrado español en xeral e galego en particular. Ese interese do profesor Pensado, mostrado xa desde anos antes, levouno a dar ao prelo diversos vocabularios do prerrenacemento galego, como o de Antonio de Olea (1536) e algúns anónimos de comezos do século XIX.

Pensado Tomé estendera o seu saber a outros campos, editando diversas obras galegas, senlleiras, do período medieval, ou investigando sobre o asturiano-leonés. O seu coñecemento do conxunto da historia do galego, levouno a dar unha crítica profunda da transmisión do léxico galego a través do comentario da edición do primeiro dicionario da lingua galega: Contribución a la crítica de la lexicografía galega, I (1976), no que desvelaba a desfeita na edición do dicionario por parte do bibliotecario Francisco Javier Rodríguez Gil, e que falecido este deixou a súa responsabilidade a Francisco María de la Iglesia, que o deu a coñecer en 1863.

"¿Palabras inventadas? As que queira. Como exemplo direi que unha palabra grega como 'ergaleión', que significa instrumento, a toma Rodríguez mal e converteuna en 'ergaleirón'. Así, os dicionarios galegos recollen ese termo como sinónimo de ferramenta ou instrumento"

Aínda que Pensado prometía análises similares para os dicionarios de Xoán Cuveiro Piñol (1876) e Marcial Valladares (1884), o absorbente labor que supuña a edición da obra de Sarmiento e as ramificacións que aparellaba, impedíronlle cumprir a súa promesa.

Publicacións (selección)

José Luis Pensado: Traxectoria, O labor investigador, Publicacións (selección) 
Catálogo de voces vulgares y en especial de voces gallegas de diferentes vegetales, 1996.

Edicións críticas

  • Miragres de Santiago. Madrid. CSIC, 1958.
  • Fragmentos de un Libro de Tristán galaico-portugués. Santiago de Compostela. Anexo XIV de Cuadernos de Estudios Gallegos, 1962.
  • Bachiller Olea, Vocábulos gallegos escuros: lo que quieren dezir. A Coruña. Real Academia Galega, 2003.
  • Tratado de Albeitaria. Santiago de Compostela. Centro Ramón Piñeiro, 2004, 415 páxs, ISBN 84-453-3859-5 .

Edicións críticas de obras do P. Sarmiento

Unha relación maior pódese ver no artigo adicado a frei Martín Sarmiento.

  • Catálogo de voces y frases de la lengua gallega. Salamanca. Universidade de Salamanca, 1973, 620 páxs ISBN 84-600-5838-7.
  • Viaje a Galicia, 1745. Pontevedra. El Museo de Pontevedra. 1975, 217 páxs ISBN 84-600-1878-4
  • La educación de la juventud. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia, 1984, 168 páxs ISBN 84-505-0138-5.
  • Catálogo de voces vulgares y en especial de voces gallegas de diferentes vegetables. Salamanca. Universidad de Salamanca, 1986, 588 páxs ISBN 84-7481-374-3,
  • Elementos etimológicos según el método de Euclides. A Coruña. Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1998 ISBN 84-89748-50-0.
  • Onomástico etimológico de la lengua gallega, 2 vols. A Coruña. Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1998, 531 + 345 páxs ISBN 84-89748-51-9.

Sarmiento e Sobreira

Edicións de obras do P. Sobreira

José Luis Pensado: Traxectoria, O labor investigador, Publicacións (selección) 
Papeletas de un diccionario gallego, 1979.
  • Papeletas de un diccionario gallego. Tono I. Texto. Ourense. Intituto de Estudios Orensanos "Padre Feijoo", 1979, 517 páxs ISBN 84-600-1469-X.

Estudos de lexicografía galega

  • Estudios etimológicos galaico-portugueses. Salamanca. Universidad de Salamanca. 1965, 94 páxs.
  • Contribución a la crítica de la lexicografía gallega. I. El diccionario gallego-castellano de F. J. Rodríguez y su repercusión en la lexicografía gallega. Salamanca. Universidad de Salamanca, 1976, 413 páxs ISBN 84-600-0715-4.

Estudos de filoloxía galega

  • Interferencias estructurales castellano-gallegas: el problema de la geada y sus causas, in Revista de Filología Española, Madrid, t. 53, fasc. 1-4, 1970, páxs. 27-44.
  • en colaboración con Carmen Pensado Ruiz, Gueada y geada gallegas, Anexo 21 da revista Verba, Santiago de Compostela, 1983, 130 páxs.

Estudos de lexicografía astur-leonesa

  • Estudios de lexicografía asturiana, I e II, in rev. Archivum, Oviedo, X (1960), páxs. 53-120 e XI(1961), páxs. 17-64.
  • Adiciones al léxico asturiano, in rev. Archivum, Oviedo, XIII (1963), páxs. 67-78.
  • Contribución al estudio del léxico leonés, in Philologica Hispaniensia in Honorem M. Alvar, t. I. Madrid. Gredos, páxs. 523-529.

Filoloxía astur-leonesa

  • Textos asturianos diociochescos, I, in Lletres Asturianes, Oviedo, 21, páxs. 83-107.
  • Textos asturianos diociochescos, II, in Lletres Asturianes, Oviedo, 22, páxs. 83-88.
  • Estudios asturianos. Oviedo. Academia de la Llingua Asturiana, 1999, 413 páxs ISBN 84-8168-180-6.

Varia

  • El gallego, Galicia y los gallegos a través de los tiempos: ensayos. A Coruña. La Voz de Galicia, 1985. ISBN 84-85287-41-X.
  • Galicia en su lengua y sus gentes: ensayos. A Coruña. La Voz de Galicia, 1991. ISBN 84-85287-86-X.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Tags:

José Luis Pensado TraxectoriaJosé Luis Pensado O labor investigadorJosé Luis Pensado Publicacións (selección)José Luis Pensado NotasJosé Luis Pensado Véxase taménJosé Luis Pensado15 de decembro192420006 de marzoAcademia de la Llingua AsturianaGaliciaMartín SarmientoNegreiraReal Academia EspañolaReal Academia GalegaSalamanca

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Código QRDragon BallCando petan na porta pola noiteIrene FerrerasEmilia Pardo BazánOtto von BismarckEstadio Municipal de BalaídosEva MejutoJulio Alén MontesConcepción ArenalEconomía de EspañaEladio SantosAlfabeto galegoGeorg Wilhelm Friedrich HegelSólido platónicoCamilo Díaz BaliñoPeer-to-peerMártires de CarralPontevedraDavid PerdomoIdade MediaFollas novasAvesAguaneiroPaddington 2Manchester United Football ClubCinema pornográficoBlanca RomeroJodie FosterTereixa ConstenlaTigreGrândola, Vila MorenaMontserrat García ChavarríaInternetMonte de VenusEster ExpósitoO Milladoiro, Biduído, AmesNarónRedondelaAlmudena ChacónLondresLoboXabier DíazCalemburBAmazonArantza PortabalesOurenseLingua xavanesaNacionalismo galegoSonia FerrerLucía VeigaVilasantarAs dúas MaríasRoisAndrés IniestaAna MenaRastroProxyLuciano PavarottiPercebeComarca da Mariña OrientalVillablinoSexo analGaliciaMiguel Ángel Zabalza BerazaÁnxel CasalGuerra das Comunidades de CastelaUbaldo RuedaO xardín das deliciasFillas de CassandraBuxoCSS🡆 More