José Barral Souto: Economista, estatístico e actuario galego nacionalizado arxentino

José Barral Souto nado en Oleiros o 23 de outubro de 1903 e finado na Arxentina o 15 de novembro de 1976, foi un economista, estatístico e actuario galego nacionalizado arxentino en 1928.

Está considerado o anticipador do método da programación linear na teoría económica.

José Barral Souto
Nacemento23 de outubro de 1903
Lugar de nacementoOleiros
Falecemento15 de novembro de 1976 (73 anos)
Lugar de falecementoArxentina
NacionalidadeGalicia galego/arxentino
Alma máterFacultade de Ciencias Económicas da Universidade de Buenos Aires
Ocupacióneconomista, estatístico e actuario
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

José Barral Souto realizou os estudos universitarios e de doutoramento na Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Buenos Aires, e na Facultade de Ciencias Físico-Matemáticas da Universidade Nacional de La Plata, doutorándose en 1934 cunha tese titulada Expresión de la renta vitalicia mediante una serie potencial entera de la variación del tipo de interés. En 1925 recibiu o título de Contador Público Nacional, e entre 1929 e 1931 fixo a carreira de actuario. En 1927 ingresou no Instituto de Economía Bancaria, en 1930 no Instituto de Biometría e en 1933 acadou o posto de profesor adxunto de Estatística.

Relevancia científica

Entre 1939 e 1940 José Barral Souto reformulou e obtivo unha nova solución do problema dos custos comparados, mediante inecuacións lineais, co que, en palabras do Premio Nobel de Economía Wassily Leontief, anticipou en esencia a aproximación mediante programación linear á teoría económica que foi redescuberta anos máis tarde nos Estados Unidos

Foi un dos fundadores en 1936 da Unión Matemática Arxentina.

Recoñecementos

  • Presidente honorario (1965) do Instituto Interamericano de Estatística
  • Membro co sitial 19 da Academia Nacional de Ciencias Económicas da Arxentina
  • Profesor emérito (1971) da Universidade de Buenos Aires.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • BARRAL SOUTO, J. (1941): “Principios fundamentales de la división del trabajo”, Revista de Ciencias Económicas, ano XXIX, serie II, núm. 236, (marzo), pp. 175–191 e (abril), pp. 285–315. Buenos Aires. Versión inglesa: “Fundamental Principles of the Division of Labour”, International Economic Papers, núm. 12. Londres, Nova York, 1967).

Tags:

José Barral Souto TraxectoriaJosé Barral Souto Relevancia científicaJosé Barral Souto RecoñecementosJosé Barral Souto NotasJosé Barral Souto Véxase taménJosé Barral Souto15 de novembro1903197623 de outubroArxentinaOleirosProgramación linear

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Provincias de EspañaFelaciónDominio públicoAgenGaivotaPascua cristiáEscáncerPosición do canFrancisco FrancoAna Rosa QuintanaÁsturesArvo PärtNavarraPaleolítico SuperiorJulio Carballo EnríquezJosé Manuel LageChatGPTNicaraguaBradley CooperTeixugoFundación WikimediaAgadirSegunda guerra mundialHTML5J. R. R. TolkienDragon BallÁreas lingüísticas do galego1934Gaivota de cabeza negraKylian MbappéUcraínaTransistorHelicobacter pyloriBilbaoItalo SvevoHototogisuChen Shui-bianLista de palabras galegas de orixe celtaGuarda, PortugalCarlos Sainz Vázquez de CastroO CarrabouxoMarta EturaMáximo RamosRakel WinchesterHuelvaContactTristán UlloaAmador Vázquez VázquezGame Boy AdvanceBarcoLista de nomes femininos en galegoFonoteca 92Boris JohnsonEmma Bonino8 de marzoPatriarcado latino de XerusalénManuel FragaPadroádego de Protección da MullerDecímetroÉdith PiafGustav KlimtRosario Porto OrtegaJulián MuñozPontevedra1911Provincias e territorios do CanadáChroicocephalusCuncas de Axtroki🡆 More