John Ray: Botánico británico

John Ray, nado na vila de Black Notley, preto de Braintree, Essex, o 29 de novembro de 1627 e morto o 17 de xaneiro de 1705, foi un naturalista inglés, ás veces considerado o pai da historia natural británica.

Infotaula de personaJohn Ray
John Ray: Traxectoria, O concepto de especie, A Filosofía
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de novembro de 1627 Editar o valor em Wikidata
Black Notley (Reino de Inglaterra) Editar o valor em Wikidata
Morte17 de xaneiro de 1705 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Black Notley (Reino de Inglaterra) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBlack Notley (St. Peter and St. Paul) Churchyard (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaInglaterra Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónTrinity College
St Catharine's College, Cambridge (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria natural Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbotánico , zoólogo , teólogo , ornitólogo , briólogo , naturalista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Cambridge Editar o valor em Wikidata
Membro de
Royal Society (1667–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraSoprano Editar o valor em Wikidata

Obra
Obras destacables
Abreviación dun autor en botánicaRay Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Ray-11897

Traxectoria

Até 1670, asinou como John Wray. Contrariamente a outros naturalistas da súa época, non era médico. Por tanto non se interesaba polas plantas por razóns farmacolóxicas senón por motivos máis científicos. Ray é considerado como o fundador da botánica moderna.

Fillo dun ferreiro, tivo a oportunidade de estudar en Cambridge. Como alí non se realizaban cursos sobre botánica, estudou pola súa conta esta disciplina.

Botánica

En 1660, apareceu de forma anónima, unha obra sobre a flora dos arredores de Cambridge (Catalogus stirpium circa Cantabrigiam nascentium) onde plasmou as súas primeiras observacións. Cada vez que abordaba unha especie nova, proporcionaba información sobre o seu hábitat, descrición morfolóxica, a súa floración e indicacións terapéuticas. A obra tivo un grande éxito.

En 1670, publicou Catalogus plantarum Angliæ et insularum adjacentium, primeira obra sobre a flora inglesa. Este traballo foi o resultado de numerosas actividades de recollida de plantas por todo o país. Algunhas das especies cultivábaas no seu xardín de Cambridge.

Planeou a publicación dunha flora europea e realizou viaxes a Europa. Comezou a publicar en 1686 Historia plantarum generalis, primeiro tentativa dunha flora mundial. Ray engadiu ás especies europeas as plantas que lle foron enviadas por exploradores europeos.

Ray tentou unha primeira clasificación natural das plantas e expuxo o seu método en tres obras: Methodus plantarum nova (1682), o primeiro volume de 'Historia plantarum (1686) e en Methodus emendata (1703).

Separou as monocotiledóneas das dicotiledóneas de forma clara, probablemente inspirado por Teofrasto, e as ximnospermas das anxiospermas. Separou tamén as plantas sen flores das plantas con flores.

Grazas a el, o vocabulario botánico enriqueceuse considerablemente. Débenselle a el termos como cotiledón ou pole. Tamén empregou o vocabulario de Marcello Malpighi, de Karl Sigismund Kunth ou de Nehemiah Grew.

Ray tamén tentou a realización dunha clasificación aproximada das distintas clases de champiñóns.

Ornitoloxía

John Ray: Traxectoria, O concepto de especie, A Filosofía 
Frontispicio do The Wisdom of God, 2ª ed. de 1692

En 1676, Ray publicou Ornithologia libri tres de Francis Willughby, morto prematuramente. Esta versión latina traduciríase ao inglés dous anos máis tarde. Considérase que Ornithologia é unha das obras fundadoras da ornitoloxía moderna. Non se coñece cal foi a participación de Ray en devandita obra, a súa amizade con Willughby, explica sen dúbida a súa discreción sobre este punto.

Ambos viaxaran xuntos por Europa. En Holanda, observaron as colonias de garzas e corvos mariños.

O concepto de especie

Nos séculos XVII e XVIII numerosos zoólogos e botánicos utilizaran os conceptos de xénero e especie pero sen darlle un fundamento rigoroso, o que deu lugar á proliferación de nomes atribuídos ás especies descritas.

Atribúese a Carl von Linné a definición destes conceptos, mais unha lectura coidadosa dos textos de Ray, que Linneo citou en numerosas ocasións, amosa que Ray describira dunha forma moi similar á de Linneo, estes conceptos trinta anos antes.

Na súa Historia plantarum, Ray indica tamén que as plantas non poden transmitir ás súas descendentes características adquiridas accidentalmente. Precisou que os individuos pertencentes a unha especie dan lugar a individuos idénticos a eles. Tamén apuntou a ausencia de descendencia fértil no caso de cruzamento entre individuos de especies distintas.

Queda integrar nesta visión das especies, as diferenzas individuais. Para Ray, estas débense unicamente a accidentes ou restricións do medio (como o clima, o sol ou a alimentación). A diversidade de aparencias das especies domésticas, ao non impedir as cruces, constituía para Ray unha proba suplementaria da estabilidade das especies.

Ray cría que o número de especies do mundo estaba fixo desde a creación do mundo e nunca concibiu a posibilidade dunha certa evolución.

A Filosofía

John Ray publica en 1691 The Wisdom of God Manifested in the Works of the Creation, que sería editada vinte e tres veces entre 1691 e 1846. A primeira edición véndese totalmente en menos dun ano. O suxeito deste libro non era verdadeiramente orixinal, outros autores xa o fixeron. Ray interésase con numerosos suxeitos como a influencia da Lúa sobre as mareas, a forma das células, os movementos de aves e peixes etc.

O seu texto sería aproveitado por William Paley (1743-1805) no seu Natural Theology de 1802, e os seus exemplos de adaptación por Charles Darwin (1809-1882).

Tags:

John Ray TraxectoriaJohn Ray O concepto de especieJohn Ray A FilosofíaJohn Ray162717 de xaneiro170529 de novembroEssexInglaterra

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

BilbaoProsthecobacterAbrótegaSegunda República EspañolaLista de xentilicios de concellos galegosChairaXXXTentacionOU-403Gerardo Pardo de VeraLinguas indoeuropeasAlgodónFauna de GaliciaDavid BroncanoSantiago CañizaresA Picoña, Salceda de CaselasVilachán, Negreira, NegreiraVacaRamón Otero PedrayoSonDeSeuSardeñaReis de EspañaIsraelSiddhartha GautamaLondrinaChris HemsworthJuan Manuel LilloAnselmo López CarreiraAristótelesPrimeira guerra mundialEpisodios NacionalesO porco de péLista das canles de YouTube máis subscritasIago AspasOU-404Concellos de GaliciaTamara CanosaLingua casteláÁ lus do candilJosé Luís Baños de CosO Castro de Beiro, OurenseCaralloSalvador Puig AntichFilipinasBahrainOs outros feirantesHistoria de ItaliaArsenal F.C.Trabanca Sardiñeira, O Carril, Vilagarcía de ArousaPaulo Carlos LópezCecilia (cantante)María Xesús LorenzanaWolfgang Amadeus MozartAbel CaballeroGrupo NósAndrea MaceirasProxyXunta de GaliciaManuel RivasOU-903El Heraldo Gallego (Montevideo)QuenllaFlorentino PérezEnrique Jardiel PoncelaRefraneiro galego sobre o panSabela RamosBurroLista de deputados da XII Lexislatura do Parlamento de GaliciaXabier DíazÁnxel CasalElvira Suanzes FernándezProvincia de LugoDesoxitimidina monofosfatoConfederación muiscaMasturbación coas mamasEucaliptoHindemburg Melão Jr.Manchester City F.C.🡆 More