Ittoqqortoormiit

Ittoqqortoormiit (en lingua danesa: Scoresbysund), é un asentamento no municipio de Sermersooq no leste de Groenlandia.

A súa poboación era de 345 habitantes en 2020.

Modelo:Xeografía políticaIttoqqortoormiit
Ittoqqortoormiit
Imaxe

Localización
 70°29′07″N 21°58′00″O / 70.4853, -21.966721°58′00″O / 70.4853, -21.9667
EstadoDinamarca
País autónomoGroenlandia
ConcelloSermersooq Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación345 (2020) Editar o valor em Wikidata
Creación1925 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal3980 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webittoqqortoormiit.gl Editar o valor em Wikidata

O nome danés de Scoresbysund deriva do nome do explorador do Ártico e baleeiro William Scoresby, que foi o primeiro en trazar un mapa da área en 1822. O nome groenlandés Ittoqqortoormiit significa "habitantes da Casa Grande" no dialecto do leste de Groenlandia. A rexión é coñecida pola súa fauna que inclúe osos polares, bois almizcleros, e focas.

Xeografía

Ittoqqortoormiit atópase en Liverpool Land, preto da desembocadura da costa norte do fiorde de Kangertittivaq. Fiorde que desemboca no Mar de Groenlandia.

Historia

Ittoqqortoormiit 
Interior da igrexa de Ittoqqortoormiit.

Ittoqqortoormiit foi fundada en 1925 por Ejnar Mikkelsen e ao redor de 80 colonos Inuit (70 persoas de Tasiilaq e catro familias do oeste de Groenlandia). Eles foron levados a bordo do buque Gustav Holm, e establecéronse a 400 km ao sur do último asentamento Inuit coñecido no nordés de Groenlandia (Eskimonæs en Dødemandsbugten na costa sur de Clavering Ø, 27 km ao suroeste do máis avanzado Daneborg, 1823).

O acordo foi alentado polo poder colonial de Dinamarca, que nese momento tiña un interese crecente no nordés de Groenlandia. Ao mesmo tempo, a colonización tiña a intención de mellorar a deterioración das condicións de vida en Tasiilaq, desde onde os colonos estaban máis ou menos voluntariamente transferidos. Os colonos pronto prosperaron debido ás boas condicións de caza da nova zona, que era rica en focas, morsas, narvais, osos polares e raposos árticos.

Antes, con todo, a mesma zona fora o fogar dunha densa poboación dos Inuit no pasado, como o testemuñan as ruínas e outros restos arqueolóxicos.

Transporte

Ittoqqortoormiit é unha das localidades máis remotas de Groenlandia. Está servida polo heliporto de Ittoqqortoormiit, cos helicópteros de Air Greenland transportando pasaxeiros entre o asentamento e o aeroporto de Nerlerit Inaat. Tamén se pode chegar en barco durante algúns meses do ano. Hai dúas saídas semanais de Air Islandia desde Reiquiavik, sincronizado cos voos a Kulusuk no sueste de Groenlandia. Air Greenland ofrece unha comunicación indirecta por aire co resto do país a partir de Kulusuk.

Economía

Os cazadores locais, desde hai varias xeracións, viven da caza de baleas e osos polares, e segue sendo, ata a actualidade, un importante factor cultural-económico da zona. A carne e os seus subprodutos desempeñan un papel directo na economía das familias de cazadores. Os ingresos obtéñense polo comercio destes produtos, pero estas opcións son de tempada e variables.

Ittoqqortoormiit atópase preto de grandes poboacións de camaróns e fletáns negros, pero a presenza de xeo impide a explotación destes recursos durante todo o ano, e como resultado a pesca non está amplamente desenvolvida no municipio.

O turismo, pola contra, está crecendo en importancia. Os edificios abandonados no asentamento Uunarteq son utilizados polos habitantes locais, como casas de campo durante o verán.

Ittoqqortoormiit 
Casas de Ittoqqortoormiit.

Poboación

A poboación de Ittoqqortoormiit flutuou nas últimas dúas décadas, con lixeiro descenso nos últimos anos.

Ittoqqortoormiit 

Notas

Véxase tamén

Tags:

Ittoqqortoormiit XeografíaIttoqqortoormiit HistoriaIttoqqortoormiit TransporteIttoqqortoormiit EconomíaIttoqqortoormiit PoboaciónIttoqqortoormiit NotasIttoqqortoormiit Véxase taménIttoqqortoormiitGroenlandiaLingua danesaSermersooq

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

25 de abrilPosicións sexuaisManuel MurguíaFerroAtlánticaColocación do pronome átono en galegoTanxugueirasPink FloydKHTML5Irene FerrerasBarcelonaJulio Alén MontesPetróglifoOvidio RodeiroO divino saineteÁrbores senlleiras de GaliciaAlfonso Basterra CamporroLista das aves de GaliciaVeneciaNava CastroLingua galegaLista de etimoloxías dos concellos de GaliciaA EstradaManuel Veiga TaboadaAsalto do bou EvaMarcos CarbonellReino de GaliciaManchester United Football ClubNormativa oficial do galegoVorticelaVila de CrucesCarlos de Matos GomesÁreas lingüísticas do galegoXosé Luís BernalAves de rapinaXuetas007 Casino RoyaleGuepardoManuel Curros EnríquezO Pino, O PinoTaylor SwiftAmieiroComadres das LetrasSistema operativoJuan Jacobo Durán LorigaNeurotransmisorSanta CompañaFernando AramburuRabirrubio tizónIlustrísimaEster ExpósitoArco do Triunfo de ParísManuel RivasÁlex de la IglesiaPadre CasaresRoisDragon BallPatricia Argerey VilarOs ÁnxelesMigración das avesHTMLA ComarcaCarlos NegroCarmen Blanco GarcíaMoinanteGarbiñe MuguruzaFieito realOs EoasLa Puebla de ArganzónAlberto Fortes🡆 More