Inferno: Segundo o cristianismo, lugar onde as almas dos condenados recibirán castigo eterno

O inferno é, desde o punto de vista de varias relixións, mitoloxías e filosofías, un lugar onde van as almas dos pecadores que morreron en pecado mortal.

A orixe do termo é latina infernum 'as profundidades' ou 'mundo inferior'.

Inferno: Na Biblia, O inferno na cultura popular galega, Notas
Visión do inferno na Divina Comedia de Dante. Ilustración de Gustave Doré.

Dende moi cedo o inferno acadou un significado negativo, xa que era o lugar onde ían parar as almas condenadas despois da vida, a diferenza do ceo, lugar de eterna salvación.

Ao longo da historia houbo moitas interpretacións sobre o inferno. Destaca a obra cumio de Dante Alighieri, a Divina Comedia.

O xardín das delicias de Hieronymus Bosch adopta unha representación tríptica do dualismo entre a harmonía do ben e a anarquía, desorde e caos do mal.

Na Biblia

No cristianismo existen diversas concepcións respecto ao inferno, correspondentes ás diferentes correntes cristiás. A idea de que o inferno é un lugar de condenación eterna, tal como preséntase hoxe para diversas correntes cristiás, nin sempre foi e aínda non hai consenso entre os cristiáns. Nos primeiros séculos do cristianismo, houbo quen defendeu que a permanencia da alma no inferno era temporal, unha vez que inferno significa "sepultura", de onde, segundo os Evanxeos, a persoa pode saír cando resucita. Essa idea é defendida hoxe por varias correntes cristiás.

No Antigo Testamento

  • Seol: Xénese, 37:35, 42:38, 44:29, 44:31 etc.
  • Hinnom: Xeremías 19:6 etc.

No Novo Testamento

  • Hades: Evanxeo de Mateu 11:23 16:18. Evanxeo de Lucas 10:15. Actos dos Apóstolos. 2:27,31. 1 Corintios 15:55. Apocalipse 1:18 6:8 20:13,14
  • Gehenna: Evanxeo de Mateu 5:22,29,30, 10:28, 18:09, 23:15,33. Evanxeo de Marcos 9:43,45,47, Lucas 12:05, Carta de Santiago 3:6.
Inferno: Na Biblia, O inferno na cultura popular galega, Notas 
Detalle do inferno, na igrexa de Santa María de Labrada, Guitiriz

Locucións

  • Estar un nos quintos infernos: estar algo ou alguén moi lonxe.
  • Mandar a un ós quintos infernos: despedir a alguén de malos modos.
  • Ser un moi mixiriqueiro pro inferno: ser alguén moi delicado, que se queixa por todo e en calquera circunstancia.
  • ¡Vaite ó inferno!: expresión de ira coa que se rexeita a alguén.

Refraneiro

  • Caldo sen pan no inferno o dan.
  • De boas intenciós está o inferno cheo.
  • Está o inferno cheo de mal agradecidos.
  • O inferno está cheo de bos desexos.
  • O inferno está cheo de bos desexos, e o ceo de boas obras.
  • San Xoán trae o inferno e san Andrés o inverno.
  • Un soilo demo non fai inferno.

Cantigueiro

  • Dúas cousas hai no mundo/ que non podio comprender:/ Que un cregho vaia ó inferno/ e un ciruxano morrer.
  • Murmura, murmuradora,/ murmura de min e doutro,/ que no inferno hai unha cama/ pra descansares un pouco.
  • Teño que cantar e rir,/ teño de pasar o tempo,/ o que estea no inferno/ que se meta máis adentro.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía


Inferno: Na Biblia, O inferno na cultura popular galega, Notas 
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

Inferno Na BibliaInferno O inferno na cultura popular galegaInferno NotasInferno Véxase taménInfernoAlmaRelixión

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Templo expiatorio da Sagrada FamiliaLuis AvilésFA CupTruman CapoteLista de castelos de PortugalLeón, EspañaArmentón, Armentón, ArteixoPíntega comúnListenbourgLuis Carrero BlancoCircuíto Internacional de XangaiJosé Manuel Rodríguez PuenteLista de voces dos animaisA memoria da choivaÑ+CuñadosMCabo VerdeTorre EiffelRaúl Santamaría GonzálezGalería de imaxes de arañas de GaliciaHTMLAtarfePontevedraNicholas HoultDjalminhaFidel CastroDavid WalliamsPrimeiras NaciónsCatedral de BurgosRubén BarajaWikiquoteWikipediaSan Juan de OrtegaLuis López DiéguezElemental (filme de 2023)A Pobra do CaramiñalCurva feixónManuel ComesañaLíbanoMilánMorgan FreemanLa Voz de GaliciaMondoñedoCarlos CasaresArmand DuplantisCerdedo-CotobadeNoelia ReyFrancisco Porto MellaPerífrases verbais galegasValladolidLousameAturuxo (folclore)BordeosXosé Luís BernalEntíns, OutesDonicelaCésar NovoaJohnny DeppOllos de augaZ (filme)ZíngaroPedro AlonsoChurrascoConflito das EncrobasInfinitoManuel ManquiñaAzucarillo KingsSabela (cantante)Canle (enxeñaría)Selo postalSapoconcho común🡆 More