Un imán é un obxecto que posúe un campo magnético, dentro do cal exerce unha forza de atracción ou repulsión sobre outros imáns e sobre certos metais.
O seu magnetismo explícase por causa das pequena correntes eléctricas que se dan no interior da materia, producidas debido ao movemento dos electróns nos átomos, dando cada unha orixe a un xeito de "imán microscópico". No imán, cada unha desta polaridades está aliñada coas outras, sumando as súas propiedades.
As dúas lendas que tradicionalmente se relacionan co descubrimento dos imáns:
A pedra de imán natural é a magnetita. Debe o seu nome á rexión grega de Magnesia, en Tesalia, onde se cre que foi descuberta por primeira vez. Segundo escritos posteriores, o primeiro en describir as súas propiedades foi o prescrático Tales de Mileto. Así , segundo Aristóteles:
Parece que tamén Tales, segundo comentan, supuxo que a alma era algo que move, si en verdade dixo que a pedra (magnética) ten alma porque move o ferro. (Da alma, I 2, 405)
Platón no seu diálogo Ión di que a magnetita non só atrae aneis de ferro, tamén lles imparte un poder similar para atraer a outros aneis. Deste xeito fórmanse cadeas de aneis colgados uns dos outros. Estes eran chamados os aneis de Samotracia, illa grega onde os mineiros descubriran este fenómeno que hoxe chamamos magnetización por indución.
Pero, parece que foi Empédocles o primeiro en tratar de atopar unha explicación ao fenómeno. Para el, o ferro é "empurrado" cara ao imán porque produce emanacións e porque o imán é unha substancia porosa, de xeito que o tamaño dos poros do imán corresponde ao das emanacións do ferro, así este á arrastado tras das emanacións e atraído. Unha explicación moi semellante á dada por Lucrecio na súa obra De rerum natura.
O primeiro estudo con carácter científico da magnetita realizouno Pierre Pelerin de Malicourt (século XIII). Foi o primeiro en definir os polos magnéticos e as leis da atracción e da repulsión.
En 1600, William Gilbert, na súa obra De magnete describiu as propiedades dos imáns e foi o primeiro en considerar a Terra como un xigantesco imán para poder explicar así o funcionamento do compás.
Na natureza só atopamos un tipo de imán, a magnetita, unha variedade de óxido de ferro. Nunca perde a súa capacidade magnética. Pode ser utilizada para crear imáns temporais. Presenta unha división natural en dous polos ou metades (positiva e negativa), tal que se o dividimos en varias partes, cada unha delas será ás súa vez un novo imán. Os polos de mesmo signo exercen unha forza de repulsión entre eles, os polos de distinto signo atráense. Ambos polos exercen unha forza de atracción sobre o ferro non imantado.
Os imáns manufacturados, fabricados polo ser humano, poden ser permanentes ou electroimáns. Os primeiros están feitos de materiais que, unha vez imantados, e dentro duns determinados parámetros, manteñen a súa magneticidade. Os segundos, están feitos de material non magnetizado, pero que se converte en imán polo paso dunha corrente eléctrica.
Poden estar feitos de distintos tipos de materiais:
Un electroimán é un imán artificial que consta dun núcleo de ferro puro, e rodeado por unha bobina de cable pola que pasa unha corrente eléctrica. A súa grande vantaxe reside en que permite activar e desactivar a vontade o efecto magnético. O seu inconveniente é que depende sempre dunha fonte de enerxía eléctrica para funcionar.
O imán é, en boa medida, unha tecnoloxía oculta. Está presente en case toda a tecnoloxía que usamos, pero apenas os percibimos, posto que na meirande parte dos seus usos os atopamos formando parte doutras máquinas ou dispositivos máis complexos.
O seu principal uso é o almacenamento de información, aínda que a chegada de novas tecnoloxías o está deixando obsoleto. Trátase de materiais facilmente magnetizables, orientando as súas moléculas segundo un código determinado pode almacenarse e, posteriormente, co lector axeitado, recuperarse información. Por exemplo:
¿Venden ustedes también imanes curativos? No. Los imanes que se venden en otras partes como «imanes curativos» a precios desorbitados son casi siempre los mismos imanes que nuestros imanes de neodimio, solo que muchísimo más caros.
A posibilidade de poder activar ou desactivar a vontade o magnetismo dun obxecto ten amplas aplicacións:
Antes que cheguen ao LHC, as partículas son aceleradas nunha serie de aceleradores lineais e circulares interconectados: cando atinxen a velocidade máxima que unha parte da cadea de acelerador pode conseguir, son disparados cara ao próximo. Sen outra forza, a deriva das partículas a levaría en liña recta. Se necesitan máis de 50 tipos de imáns para envialos ao longo de rutas complexas sen que perdan a súa velocidade. Todos os imáns no LHC son electroimáns. Os principais dipolos poden xerar poderosos campos magnéticos de 8,4 Tesla -máis de 100.000 veces máis potente que o campo magnético da Terra. Os electroimáns usan unha corrente eléctrica de 11.850 amperios para producir este campo magnético, e unha bobina supercondutora permite que as altas correntes flúan a sen perder enerxía por causa da resistencia eléctrica.
O sistema magnético do ITER vai ser o meirande sistema magnético superconductor nunca construído. Dez mil toneladas de imáns, cunha capacidade combinada de almacenamento de enerxía magnética de 51 Gigajoules, producirán os campos magnéticos que iniciarán, confinarán, manterán e controlarán o plasma do ITER. Fabricados en niobio-estaño (Nb3Sn) ou niobio-titanio (Nb-Ti), os imáns convértense en supercondutores cando son arrefriados con helio ata a temperatura de 4º Kelvin (-269 °C).
Para conectarse co corpo do coche, o pneumático experimental Goodyear Eagle-360, utiliza a levitación magnética. O pneumático colga do coche mediante campos magnéticos, similares aos dos trens de levitación magnética, o que incrementa o confort dos pasaxeiros e reduce o ruído.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Imán |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Imán, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.