Herba De Santiago

A herba de Santiago ou herba do sapo (Senecio jacobaea) é unha planta de flor brava moi común da familia Asteraceae que se atopa distribuída por toda Europa, normalmente en espazos abertos e en terreos con certo grao de humidade, ben drenados.

Herba de Santiago
Herba De Santiago
Senecio jacobaea
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Asterales
Familia: Asteraceae
Subfamilia: Asteroideae
Tribo: Senecioneae
Xénero: Senecio
Especie: S. jacobaea
Nome binomial
'Senecio jacobaea'
L.

É común en Galiza en prados e lameiros, floreando de maio a agosto. Caracterízase polo seu recendo lixeiro.

Descrición

É unha planta herbácea bianual ou perenne. Os vástagos son ergueitos, rectos, teñen uns poucos pelos, e acadan unha altura de 0,3 a 2 metros. As follas son lobuladas pinnadas e o lóbulo do extremo está embotado. En inglés ten moitos nomes que inclúen a verba fart (que fede), por mor do fedor das súas follas. En galego tamén recibe o nome de herba do sapo. As flores son capítulos hermafroditas dun diámetro de 1,5 a 2,5 centímetros, rematado plano e se presentan en acios mestos, os floretes (falsos pétalos) son de cor amarela brillante. Ten un período de floración longo dende xuño a novembro.

A polinización fana as abellas, moscas e lepidópteros (avelaíñas e bolboretas). Nunha estación, unha planta pode producir 2000 a 2500 flores amarelas en 20 a 60 capítulos, de remate plano corimbos. Con estas cifras, as cantidades de sementes que se producen pode ser tan grande como de 75.000 a 200.000, aínda que moi poucas destas dan lugar a plantas novas e a investigación demostrou que as sementes non viaxan a gran distancia da planta proxenitora.

Taxonomía

Acéptanse dúas subespecies:

  • Senecio jacobaea ssp. jacobaea - a planta típica, cos floretes (falsos pétalos) radiantes na inflorescencia.
  • Senecio jacobaea ssp. dunensis - sen os floretes radiantes da inflorescencia.
Herba De Santiago 
Herba de Santiago
Herba De Santiago 
Herba de Santiago

Hábitat e distribución

Pódese atopar ao longo dos beirados dos camiños, en barbeitos, e medra en todas a zonas frescas e de precipitacións relativamente abundantes. En Galiza aparece en lamazais e carreiros.

É nativa do continente eurasiático. En Europa desenvólvese extensamente, dende Escandinavia ao Mediterráneo. En Gran Bretaña considérase mala herba. Nos Estados Unidos introduciuse, achándose principalmente nos estados do norte e do oeste: California, Idaho, Illinois, Maine, Massachusetts, Míchigan, Montana, Nova Jersey, Nova York, Oregón, Pennsylvania e Washington.

En América do Sur naturalizouse na Arxentina. Tamén aparece no norte de África, no continente asiático na India e en Siberia. Amplamente distribuída como mala herba en Nova Zelandia e Australia.

Ecoloxía

É o alimento das larvas de Cochylis atricapitana, Phycitodes maritima, e Phycitodes saxicolais. É ben coñecida por ser o alimento das eirugas da avelaíña: Tyria jacobaeae.

As larvas absorben os alcaloides da planta que chegan a ser desagradábeis para os depredadores, un feito anunciado polas cores amonestadoras negras e amarelas. O vermello e o negro, cores da avelaíña adulta de actividade diúrna son tamén cores desagradábeis para moitos dos seus depredadores potenciais.

É a planta hóspede para o coleóptero Longitarsus ganglbafueri.

Efectos velenosos

É unha planta herbácea, coñecida dende hai tempo polas súas propiedades tóxicas, especialmente no gando.

Usos populares

Úsase coma hipoglucemiante, venotónico, emenagogo, anteidismenorréico. Está indicada en problemas circulatorios (como en varices), que ademais acelera a aparición da menstruación e que por último combate as molestias ocasionadas polo ciclo menstrual. Cómpre non esquecer que a planta é tóxica: así, sábese que no gando produce importantes lesións hepáticas e que así mesmo estas afeccións pódeas provocar no home. Utilizouse en época medieval até mediados do século XX en inflamacións dos ollos, para dores e úlceras cancerosas, reuma, ciática e gota, para os casos dolorosos.

Cultivo

Non se ten información de ningún cultivo nin cultivar existente desta planta.

Sinonimia

  • Senecio foliosus Salzm.
  • Senecio jacobaeoides Willk.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Herba De Santiago DescriciónHerba De Santiago TaxonomíaHerba De Santiago Hábitat e distribuciónHerba De Santiago EcoloxíaHerba De Santiago Efectos velenososHerba De Santiago Usos popularesHerba De Santiago CultivoHerba De Santiago SinonimiaHerba De Santiago NotasHerba De Santiago Véxase taménHerba De SantiagoAsteraceaeEuropaGaliza

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ApóutegaManuel Lugrís FreireElena Rivo LópezMareas vivasSoutopenedo, San Cibrao das ViñasCharles DarwinDiego CalvoEva MejutoDonicelaPadre CasaresRebbie JacksonInforme semanalBautistaBelén CachafeiroIsidoro Millán González-PardoDodecágonoOU-125ProxyHenry CavillPorráns, Barro, BarroJules VerneProvincia de LugoCarles FrancinoThe Murder CapitalParlamento de GaliciaChanéCarles PuigdemontUcraínaCospeitoÁreas lingüísticas do galegoTonhito de PoiJean SebergXesús Alonso MonteroXosé Manuel PiñeiroMaspalomasOU-115Ánxel CasalA derradeira leición do mestreMasturbaciónOs posesivos galegosColombiaAlaine AgirreJesús Vázquez AlmuíñaSolución finalDiego Folgar ToimilHectágonoAnxo Lorenzo SuárezTeresa PortelaPilar BahamondeJosé González VázquezLugares de PantónEspañaVehículo aéreo non tripuladoFrida KahloIlduara MenendizPortugalSergei EisensteinOcasoElemento inverso2018David MellaVacaLuísa VillaltaCambedoAutarquíaVicente RiscoJavier CasqueiroEva Iglesias MiguénsJosé López CamposDicionario biográfico de Galicia🡆 More