O Gran Premio Seumas McNally é o principal premio outorgado no Independent Games Festival, evento anual que ten lugar durante a Game Developers Conference.
O premio leva o nome do programador Seumas McNally (1979–2000), fundador da compañía de videoxogos independente Longbow Digital Arts que faleceu por mor dun linfoma de Hodgkin pouco tempo despois de recibir o premio no ano 2000 polo xogo Tread Marks. O premio inclúe unha cantidade en metálico de 30 000 dólares.
Ata a edición de 2016 houbo 19 videoxogos que recibiron o premio, con máis de 50 seleccionados como finalistas. Fire and Darkness converteuse no primeiro receptor do premio na edición de 1999 do Independent Games Festival. O premio estivo dividido en dous nas edicións de 2004 e 2005, pero fusionouse de novo nun único premio dende a edición de 2006. Dende a edición de 2011 inclúese unha lista de "Mencións Honorables", composta por xogos non seleccionados entre os finalistas.
Gish foi o único finalista que gañou o premio nunha edición posterior. FTL: Faster Than Light foi o primeiro en incluírse tanto como mención honorable como finalista, en 2012 e 2013. The Stanley Parable conseguiu o mesmo feito, sendo mención honorable en 2013 e finalista en 2014. Os xogos nomeados non teñen que estar publicados para poder optar ó premio. Por exemplo, cando Fez gañou no ano 2012 o xogo aínda estaba en proceso de certificación.
Ano | Gañador | Desenvolvedor | Finalistas | Mencións honorables | Ref. |
---|---|---|---|---|---|
1999 | Fire and Darkness | Singularity Software |
| — | |
2000 | Tread Marks | Longbow Games |
| — | |
2001 | Shattered Galaxy | Nexon |
| — | |
2002 | Bad Milk | Dreaming Media |
| — | |
2003 | Wild Earth | Super X Studios |
| — | |
2004 | Savage: The Battle for Newerth eOasis | S2 Games e Mind Control Software | — | ||
2005 | Gish e Wik and the Fable of Souls | Chronic Logic e Reflexive Entertainment | — | ||
2006 | Darwinia | Introversion Software |
| — | |
2007 | Aquaria | Bit Blot |
| — | |
2008 | Crayon Physics Deluxe | Kloonigames |
| — | |
2009 | Blueberry Garden | Erik Svedang |
| — | |
2010 | Monaco | Pocketwatch Games |
| — | |
2011 | Minecraft | Mojang |
|
| |
2012 | Fez | Polytron |
|
| |
2013 | Cart Life | Richard Hofmeier |
|
| |
2014 | Papers, Please | Lucas Pope |
|
| |
2015 | Outer Wilds | Team Outer Wilds |
|
| |
2016 | Her Story | Sam Barlow |
|
| |
2017 | Quadrilateral Cowboy | Blendo Games |
|
| |
2018 | Night in the Woods | Infinite Fall |
|
| |
2019 | Return of the Obra Dinn | Lucas Pope |
|
|
Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario
This article uses material from the Wikipedia Galego article Gran Premio Seumas McNally, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.