Gisaengchung: Filme de 2019 dirixido por Bong Joon-ho

Gisaengchung (en coreano: 기생충), distribuído en Galicia co título en castelán Parásitos, é un filme surcoreano de suspense e comedia negra de 2019 dirixido por Bong Joon-ho, quen tamén elaborou a historia orixinal e coescribiu o guión con Han Jin-won.

Está protagonizado por Song Kang-ho, Lee Sun-kyun, Cho Yeo-jeong, Choi Woo-shik e Park So-dam, e conta a historia dos membros dunha familia pobre que artella un plan para converterse en empregados da casa dunha familia rica pretendendo ser profesionais altamente cualificados sen relación entre eles.

Gisaengchung
Gisaengchung: Personaxes, Notas, Véxase tamén
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinal기생충
DirectorBong Joon-ho
Produtor
  • Kwak Sin-ae
  • Moon Yang-kwon
  • Bong Joon-ho
Guión
  • Bong Joon-ho
  • Han Jin-won
Baseado enHistoria de Bong Joon-ho
Intérpretes
  • Song Kang-ho
  • Lee Sun-kyun
  • Cho Yeo-jeong
  • Choi Woo-shik
  • Park So-dam
MúsicaJung Jae-il
FotografíaHong Kyung-pyo
MontaxeYang Jin-mo
EstudioBarunson E&A
Distribuidora
  • CJ Entertainment (Corea do Sur)
  • Neon (Estados Unidos)
EstreaFestival de Cannes: 21 de maio de 2019
Gisaengchung: Personaxes, Notas, Véxase tamén 30 de maio de 2019
Duración132 minutos
OrixeGisaengchung: Personaxes, Notas, Véxase tamén Corea do Sur
XéneroSuspense
Orzamento11 millóns de dólares
Recadación167,6 millóns de dólares
Na rede
https://www.parasite-movie.com, https://www.madmanfilms.com.au/parasite e https://www.parasitemovie.co.uk
IMDB: tt6751668 Filmaffinity: 520465 Allocine: 255238 Rottentomatoes: m/parasite_2019 Mojo: parasite2019 Allmovie: v716252 TCM: 2219757 Metacritic: movie/parasite
Facebook: ParasiteMovie Twitter: ParasiteMovie Instagram: parasitemovie Netlix: 81221938Editar o valor em Wikidata

Gisaengchung tivo a súa estrea internacional no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019 o 21 de maio de 2019, onde se converteu no primeiro filme coreano en gañar a Palma de Ouro e o primeiro filme en conseguilo con voto unánime dende La Vie d'Adèle do Festival de 2013. O filme estreouse en Corea do Sur a través de CJ Entertainment o 30 de maio de 2019 e no resto do mundo durante 2019 e comezos de 2020. Recibiu a aclamación da crítica, entrando en moitas clasificacións dos mellores filmes da década. Recadou 167,6 millóns de dólares en todo o mundo, converténdose no filme con maior recadación de Bong e de Corea do Sur.

Na 92ª edición dos Óscar, o filme conseguiu seis nomeamentos, e gañou catro premios, incluíndo mellor filme, mellor director, mellor guión orixinal e mellor filme internacional, converténdose no primeiro filme surcoreano en gañar o premio da Academia, así como o primeiro filme en lingua non inglesa en conseguilo. Na 77ª edición dos Globos de Ouro, o filme gañou o premio ó mellor filme en lingua non inglesa, e tamén recibiu catro nomeamentos ós BAFTA, gañando os premios de mellor filme en lingua non inglesa e mellor guión orixinal.

Personaxes

  • Song Kang-ho como Kim Ki-taek, pai da familia Kim
  • Lee Sun-kyun como Park Dong-ik, pai da familia Park
  • Cho Yeo-jeong como Yeon-gyo, nai da familia Park
  • Choi Woo-shik como Kim Ki-woo, fillo da familia Kim
  • Park So-dam como Kim Ki-jeong, filla da familia Kim
  • Chang Hyae-jin como Chung-sook, nai da familia Kim
  • Jeong Ji-so como Park Da-hye, filla da familia Park
  • Jung Hyeon-jun como Park Da-song, fillo da familia Park
  • Lee Jung-eun como Gook Moon-gwang, como ama de chaves
  • Modelo:Illm como Geun-sae, marido de Moon-gwang
  • Park Geun-rok como Yoon, o chofer
  • Jung Yi-seo como a xerente da pizzería
  • Park Seo-joon como Min-hyuk (cameo)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Gisaengchung PersonaxesGisaengchung NotasGisaengchung Véxase taménGisaengchung

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Java (linguaxe de programación)Federico García LorcaEuskal Herria BilduAsalto do bou EvaLucía VeigaMetonimiaXogo da chaveHLA-CAves de rapinaAWStatsListenbourgPortugalCandela PeñaTeléfonoWalls (álbum de Louis Tomlinson)Concello de CotobadeEstadio Municipal de RiazorLingua casteláTameiga, MosEleccións municipais de 2015 en GaliciaLingua intereslavaXurxo de CapadociaAna María Fernández MartínezVillablinoVorticelaManuel RivasO Milladoiro, Biduído, AmesManuel MaríaLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingOvidio RodeiroFrancisco Fernández del RiegoPrimeira República GalegaInternetLista de paísesGuillermo Alonso BarciaOtto von BismarckArroazPaulino FernándezDaniel de la TorreCarballo comúnÍñigo AlfonsoJorge Sanz MirandaNuno García PicoLista de nomes masculinos en galegoThe ArtistBuxoRastroAguaneiroIrene FerrerasHernán CortésMiguel Ángel Zabalza BerazaPitbullMallorcaManuel Curros EnríquezGarcilaso de la VegaHoliCarles PuigdemontEscudo de GaliciaCSSCélula pancreática acinarLista de países por superficieXosé Neira VilasRianxoEster ExpósitoGame Boy Color🡆 More