Giovanni Pierluigi Da Palestrina: Compositor italiano de repertorio coral do Renacemento

Giovanni Pierluigi da Palestrina, nado o 3 de febreiro de 1525 e finado o 2 de febreiro de 1594, foi un compositor italiano de repertorio coral do Renacemento.

Foi o máis famoso representante da Escola Romana, no século XVI. Palestrina exerceu unha grande influencia no desenvolvemento da música sacra na Igrexa Católica.

Giovanni Pierluigi da Palestrina
Giovanni Pierluigi Da Palestrina: Traxectoria, Produción, Obras principais
Nacemento1525
 Palestrina, Estados Pontificios
Falecemento2 de febreiro de 1594
 Roma, Estados Pontificios
SoterradoBasílica de San Pedro
NacionalidadeEstados Pontificios
Instrumento(s)Órgano
Parella/sLucrezia Gori
Na rede
IMDB: nm1119243 Spotify: 0BS8IrFmvK1tXenMULjwem iTunes: 2622451 Last fm: Giovanni+Pierluigi+da+Palestrina Musicbrainz: 4daeb526-6c4c-4f77-bdf5-4a0fcb714bfe Songkick: 1105 Discogs: 822410 IMSLP: Category:Palestrina,_Giovanni_Pierluigi_da Allmusic: mn0001213399 Find a Grave: 9921638 Deezer: 12944 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Giovanni Pierluigi Da Palestrina: Traxectoria, Produción, Obras principais
Estatua dedicada ao compositor na cidade de Palestrina

Compositor prolífero, publicou moito en vida e as súas obras foron apreciadas como óperas primas da polifonía.

Traxectoria

Giovanni Pierluigi da Palestrina naceu en Palestrina, unha localidade próxima a Roma que daquela fromaba parte dos Estados Pontificios. As súas aptitudes musicais o levaron a que de pequeno entrara a formar parte do coro da Basílica de Santa María a Maior (Santa Maria Maggiore) de Roma; estudou con Robin Mallapert, Robert de Fevin, Giaccomo Coppola e Firmin Lebel. Xa novo, contra o 1544, volveu á súa Palestrina natal para exercer de organista da catedral da cidade, baixo a advocación de San Agapio, onde permaneceu ata o ano 1551.

Giovanni Pierluigi Da Palestrina: Traxectoria, Produción, Obras principais 
Frontispicio do misal de Giovanni Pierluigi da Palestrina, adicado a Xulio III. Nel móstrase ao compositor presentando esta obra ao Papa.

Cando o bispo de Palestrina accedeu ao trono papal co nome de Xulio III o ano 1551, nomeou o xove Pierluigi da Palestrina mestre do coro da Cappella Giulia e cantor da Capela Sistina do Vaticano, todo proporcionándolle unha gran protección e obviando a súa condición de secular casado. Tres anos máis tarde, en 1554, Palestrina poblicou o seu primeiro libro de misas. Adicado a Xulio III, este foi o primeiro libro de misas dun compositor italiano do que se ten constancia. Palestrina tamén gozou da protección do sucesor de Xulio III, Marcelo II, que tamén o protexera cando era cardeal. O seu curto mandato (22 días) non evitou que Palestrina o homenaxeara cunha das súas obras máis célebres, a Missa Papae Marcelli, a seis voces, interpretada por primeira vez en Roma o 21 de abril de 1565. Do mesmo xeito, o compositor deixou de gozar do favor papal co ascenso de Paulo VI á cátedra vaticana, xa que o destituíu do seu cargo, segundo algúns porque a súa condición de casado era pouco axeitada, segundo outros, por ter escrito madrigais, que eran pezas de carácter profano; posiblemente foi por ambas as dúas razóns.

En 1555 foi nomeado sucessor de Orlando di Lasso como mestre de capela da Basílica de San Xoán de Latrán, onde en 1560, segundo a tradición, escribiu as súas primeiras Lamentacións. Pouco despois, en 1560, abandonou o cargo desta igrexa romana a raíz dunha discusión sobre o financiamento dos músicos, e en 1561 pasou a ser o mestre de capela en Santa María a Maior de Roma, onde se formara sendo un neno. En 1563 publicou o seu primiro libro de motetes. Naqueles anos axudou o seu compañeiro e compositor Giovanni Maria Nanino a fundar unha academia de música, que co tempo conseguiu gran renome e onde se conservan as súas concepcións musicais.

Palestrina sempre se mostrou insatisfeito coas reformas da liturxia dictadas polo Concilio de Trento, e que converteu en non canónicas algunhas das súas misas e outras obras temperás, salpicadas de interposisións profanas alleas ao texto oficial. Por este motivo e apoiándose na súa propia fama, Palestrina dimitiu do seu cargo para pasar, no ano 1567, ao servizo do cardeal Ippolito d'Este, que mantiña a súa propia capela. Nesta época tamén se lle propuxo ser o mestre de capela na corte do emperador Maximiliano (cargo que declinou), e tamén recibiu a protección da Casa de Gonzaga en Mantua. Finalmente, en 1571 volveu asumir a dirección da Cappella Giulia na Basílica de San Pedro do Vaticano, onde acabou os seus días no cargo creado para el de Compositor da Capela Papal. El sucedeu neste cargo a Rogerio Giovanelli (1560-1615).

Palestrina perdeu a dous dos seus fillos, a súa muller —Lucrezia Gori, coa que casara en 1547— e a tres irmáns en 1580, a causa das grandes epidemias. En plena crise decidiu facerse sacerdote, mais finalmente renunciou para casar coa rica viúva romana Virgínia Dormoli, coa que tivo éxito comerciando con peles. Máis aliviado economicamente, puido compoñer e publicar algunhas das súas mellores obras. A pesar disto, Paulo IV non toleraba a presenza de casados nos coros vaticanos e Palestrina tivo que alonxarse do Vaticano, aínda que seguiu vinculado ás capelas de San Xoán de Latrán e Santa María a Maior. En 1571 recuperou o ser cargo en San Pedro do Vaticano, onde permaneceu ata a súa morte.

O seu prestixio estendíase por Europa; era moi famoso e a súa reputación aínda se incrementou máis logo da súa morte. Morreu de pleurite en 1594 e, de acordo co costume da época, foi enterrado o mesmo día da súa morte, nun ataúde liso cunha placa de chumbo que rezaba Libera me Domine. Ao funeral, multitudinario, tres coros cantaron un salmo de cinco partes.

Produción

O corpus musicale palestriniano foi escrito na súa maioría en Roma para uso principalmente litúrxico, é dicir, para a misa e o oficio relixioso. Unha boa parte da súa produción tivo lugar no período do seu último cargo na basílica de San Pedro do Vaticano. O coro da capela vaticana era, naquel tempo, máis vasto que o de calquera outra igrexa (en 1594 estaba composto, en total, por 24 cantantes), mais non se adoptou ao uso de instrumentos, con excepción do órgano.

A linguaxe polifónica de Palestrina non se distanciou tanto da maneira tradicional dos mestres franco-flamengos (os nórdicos foron os seus primeiros mestres en Roma). A arte contrapuntística de Palestrina desenvolveuse, sobre todo, en dirección á intelixibilidade da palabra e a unha sonoridade ordenada de maneira que se evitase a enunciación simultánea de textos diferentes.

No que se refire ao desenvolvemento das liñas melódicas, é evidente a influencia do canto gregoriano. Neste sentido, podemos dicir que o compositor aplicaba as regras do Concilio de Trento.

Obras principais

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • TAMMINGA, L. (edición a cargo de). Ricercate sugli otto toni (Roma, Biblioteca Corsiniana Mus. M 14.) / Thesaurum absconditum (Roma, Biblioteca Corsiniana Mus. S 10). Andromeda Editrice, 2003, ISBN 88-88643-11-7

Ligazóns externas

Tags:

Giovanni Pierluigi Da Palestrina TraxectoriaGiovanni Pierluigi Da Palestrina ProduciónGiovanni Pierluigi Da Palestrina Obras principaisGiovanni Pierluigi Da Palestrina NotasGiovanni Pierluigi Da Palestrina Véxase taménGiovanni Pierluigi Da Palestrina

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

XestaChorimaAires da miña terraSeseoPúrpuraFederico García LorcaNoelia ReyMascatoPokémonManuel MaríaÁngeles VázquezCruz de BorgoñaLorenzo LamasManchesterTreboadaBárbaroManuel RivasNormativa oficial do galegoLeonardo DiCaprioCarballo comúnPardo de CelaAsociación Galega de DeseñoCasto Sampedro FolgarHenry CavillHistoria da lingua galegaToni KroosPO-204Alfonso Daniel Rodríguez CastelaoFederico ValverdeAna BarberoÁlex FidalgoLista de ríos de GaliciaNaturezaNoa PresasEvolución humanaOleirosBenito CorbalErling HaalandBenito MussoliniGalegoAdolf HitlerChe GuevaraAlexandre BóvedaRakel WinchesterParadigmas dos verbos irregulares galegosCaldas de ReisDepuración franquista do maxisterioAndrea MaceirasPO-213OU-602InsectosArgimiro Marnotes FernándezArancha NogueiraRafael NadalNoiaSardeñaLuis ZaheraFillas de CassandraCanle (enxeñaría)George SandDeci-Cantigas de Santa MaríaJesús Vázquez AlmuíñaEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Distritos de PortugalPaulino PereiroHelmut NewtonMarcos PereiroLareiraRobin WilliamsOU-603Diego VillaresMasculino e feminino en galegoLugo🡆 More