Gezer

34°55′08″L / 31.859, 34.919

Gezer (tamén Gazer) foi unha cidade dos filisteos.

Gezer
Megálito en Gezer.

Historia

Orixes e época antiga

Atopáronse evidencias de poboamento do Paleolítico, e foi habitada no neolítico por trogloditas da cultura Natufiana (cultura do Wadi Natuf), que serían expulsados de alí polos pobos semitas; o establecemento semita (cananeo) foi destruído, pero refíxose e converteuse en bastante importante; foi ocupada polo faraón Tuthmosis III, pero, malia iso, recuperou pronto a súa importancia e construíronse as murallas exteriores e un túnel de auga. No século –XV aparece gobernada por Yapahu de Gezer e Muhazu; acto seguido aparecen Milkilu (sobre -1400 – 1365), Baalu-Shipti (metade de século) Yapuhu (segunda parte do século) e Addadanu (finais do século). Foi destruída ben polo faraón Merneptah ou ben por Joshua ben Nun e os israelitas e permaneceu deserta ata pasado o -1200, cando chegaron os filisteos. Un rei de nome Horam aparece despois do -1200.

Os filisteos

Estes construíron a acrópole e ergueron a cidade, que foi poboada por filisteos mesmo en tempos de Saúl e David. Este último, despois da batalla de Baal-perazim (a 4 km ao noroeste de Xerusalén) perseguiu os filisteos desde Geba ata Gezer (que foi o punto máis afastado ata onde chegou). Nas inmediacións de Gezer estaba a cidade de Ramla, que estaba habitada polos xesubitas, e tamén foi ocupada polos israelitas. En tempo do rei Salomón foi ocupada por un faraón (talvez Siamon) que a cedeu como dote da súa muller, unha princesa exipcia. Salomón reforzou as súas defensas (así como as de Hazor e Megiddo).

Foi atacada polo faraón Shoshenk I e máis tarde por Tiglatpileser III de Asiria, que a ocupou e en cuxas mans permaneceu, e despois nas de babilonios e persas, ata a conquista macedonia sobre o -332. Despois pertenceu a Exipto e finalmente aos seléucidas. Os seléucidas usárona de base en tempo da revolta dos macabeos e restauraron as súas defensas (despois do -170). Simón Macabeo conquistou a cidade sobre o -140 e o seu fillo Xoán Hircano construíu nela unha fortaleza.

Roma

No século seguinte (-63) pasou a Roma. Continuou baixo poder romano ao longo do Imperio, incluíndo o período bizantino, ata que caeu en mans dos árabes sobre o 635. Quedan restos dos baños romanos e bizantinos.

Idade Media

Durante as cruzadas librouse a batalla de Montgisard (preto de Ramla) entre Saladino e as forzas do Reino de Xerusalén o 25 de novembro de 1177, batalla que se supón que ocorreu nas inmediacións da antiga localización de Gezer. Aínda era unha pequena cidade baixo os mamelucos, pero baixo os otománs construíuse a aldea de Abu Shuseh, supostamente no outeiro próximo á antiga cidade.

Hoxe

Crese que é a moderna Tel Gezer (Tell al-Jezer ou Abu Shusheh), na estrada entre Xerusalén e Yafo a uns 30 km ao oeste de Xerusalén. O lugar foi descuberto o 1871 por Charles Clermont-Ganneau e entre 1902 e 1907 foi estudado por Robert Macalister, que atopou algúns restos. Outras escavacións serían feitas por Alan Rowe (1934), G.E. Wright (1964-1965), William Dever, Yigael Yadin, e a Universidade de Andrews. A escavación retomouse en xuño de 2006 por un consorcio de institucións baixo a dirección de Steve Ortiz del Center for Archaeological Research of the New Orleans Baptist Theological Seminary, e de Sam Wolff da Autoridade de Antigüidades de Israel.

Un dos achados é o chamado Calendario de Gezer, unha placa cunhas inscricións polas que se deron diversas explicacións a modo de hipóteses, pero que, en xeral, parecen indicar as estacións agrícolas para os granxeiros. Tamén se atoparon 10 monumentos megalíticos probabelmente de orixe cananea, nove pedras fitos con inscricións e seis portas similares ás roubadas en Hazor e Megiddo.

Tags:

Gezer HistoriaGezerCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

NavantiaEncarna AmigoCaso DreyfusTormentaPopulusRío ObiPedro MadrugaErros e TánatosEduardo PondalAnxo AngueiraMelideOU-320Ramón NicolásCamerúnEleccións municipais en NarónSilva bravaIsabel MorenoCelta de Vigo FortunaKevin SpencerMariano RajoyXabi AlonsoListenbourgCoro Cantigas e Agarimos (Fonoteca 92)Lugares de GaliciaReal Club Celta de VigoBRICSBurgosMorfoxénesePili PampínChachoFiúnchoManuel Curros EnríquezCastro de Punta do BicoPanteón de Galegos IlustresMasturbación coas mamasXosé Neira VilasNeptunoParadigmas dos verbos irregulares galegosJosé Manuel ParadaRafael NadalGrupo EroskiMikel ArtetaCB DornaPobo xitanoLista de cidades de IsraelMiguel CorgosCopa do Rei (hóckey sobre xeo)MurosBruce SpringsteenEminemJosé Manuel LageAmesO CarballiñoMiguel Ángel Zabalza BerazaConcellos de GaliciaTopónimos célticos en GaliciaRicardo DarínMúsica de Nova ZelandiaCoveloAlcaldes da EstradaPorto da LúaRichard WagnerProvincia da CoruñaContactHTMLSéculos EscurosLista de presidentes da República Portuguesa🡆 More