Garduña: Mamífero depredador nocturno da familia Mustelida

A garduña, fuíña, furatoxos, martaraña, martuxa, martuxo rabisaco ou gatela (Martes foina) é un mamífero depredador nocturno de tamaño mediano da familia Mustelidae.

En estado adulto, a garduña mide entre 40 e 50 cm de lonxitude sen contar coa cola, que mide entre 21 e 27 centímetros, e o seu peso oscila entre 1 e 2 kg. Moi semellante á marta, non en balde teñen antepasados comúns; distínguese desta polo seu babeiro de cor branca que se abre en pinza cara ás extremidades dianteiras. Ten un excelente oído e moi boa vista e olfacto.

Garduña
Garduña: Hábitat, Comportamento e alimentación, Reprodución
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Suborde: Caniformia
Familia: Mustelidae
Subfamilia: Mustelinae
Xénero: Martes
Especie: M. foina
Nome binomial
Martes foina
Distribución Martes foina
Distribución Martes foina

Distribución Martes foina
Distribución no mundo
Distribución no mundo

Distribución no mundo
Garduña: Hábitat, Comportamento e alimentación, Reprodución
Esqueleto.

(Vexa embaixo a área de distribución da Garduña en Galicia)

Hábitat

É estritamente nocturna e pódese ver por toda a Península Ibérica por fragas, toxeiras, pedregais ou zonas rurais e suburbanas. Vive en zonas moi asolladas, normalmente prados, zonas montañosas e rochosas con pouca vexetación. Adaptouse a lugares onde vive o home e caza en granxas, pero tamén se pode atopar en fragas e bosques de aciñeiras.

Comportamento e alimentación

Aliméntase de pequenos roedores, pequenos mamíferos, paxaros, anfibios, ovos, insectos, froita e mel. É un animal solitario. Desprázase rapidamente a saltos polo seu amplo territorio de caza que pode ser de 2 a 10 km e non dubida en defendelo doutros machos adultos. Adoita dispoñer de varios tobos entre penedos e caracochas de árbores vellas que ocupa indistintamente. Moi a miúdo vive soa na súa toqueira (un oco entre rochas, nunha árbore ou o ocupado anteriormente por outro animal), marca o seu territorio que, normalmente, é de 80 hectáreas. É basicamente nocturna e silenciosa.

Reprodución

As garduñas alcanzan a madureza sexual entre os 18 meses e os 3 anos. A garduña ten dúas épocas de reprodución ao ano, a primeira durante o mes de febreiro e a outra entre xuño e agosto. Ao seren de costumes solitarios, machos e femias unicamente se xuntan para aparearse. Os machos pelexan e berran, percorren longas distancias ata atoparen unha femia. Este período de saída dura uns 15 días. A femia reterá os espermatozoides vivos do macho no seu interior ata máis ou menos o mes de xaneiro debido á implantación diferida. A xestación dura uns 56 días. Cría a partir do mes de marzo en tobos ou debaixo das cavidades dos bloques de pedras. Pode ter de 3 a 7 crías. Aliméntanas grazas aos seus catro glándulas mamarias.

Subespecies

Recoñécense as seguintes: subespecies:

  • Martes foina foina
  • Martes foina bosniaca
  • Martes foina bunites
  • Martes foina kozlovi
  • Martes foina intermedia
  • Martes foina mediterranea
  • Martes foina milleri
  • Martes foina nehringi
  • Martes foina rosanowi
  • Martes foina syriaca
  • Martes foina toufoeus

Notas

Ligazóns externas

Tags:

Garduña HábitatGarduña Comportamento e alimentaciónGarduña ReproduciónGarduña SubespeciesGarduña NotasGarduña Ligazóns externasGarduñaMartaMustelidae

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

RedondelaCicutaLabios (xenitais)PonteareasDeportivo da CoruñaNee BarrosCanle (comunicación)Real Club Celta de VigoAna María Fernández MartínezSharon Stone1 de agostoBarcelonaMar MediterráneoEspazo Común GaleguistaGame BoyMarisol Díaz MouteiraEuskal Herria BilduSydney SweeneyPotasioIsaac NewtonMáquina de vaporJohann Sebastian BachHomer SimpsonFernando de Casas NovoaConvento de Santa Clara de Santiago de CompostelaFaiaChimpínLuis García-ReyEspañaPraza da QuintanaHipólito de SaMondariz-BalnearioCabo VerdeWikipediaThe ArtistMasculino e feminino en galegoK'inich Janaab' PakalCabo TouriñánPorto da LúaDaniel de la TorreEduardo PondalDavid WalliamsDolores VillarinoMondoñedoCreampieSecretaría Xeral de Política LingüísticaRosario Porto OrtegaVilanova de ArousaOvidio RodeiroJesús Vázquez AlmuíñaMarta DarribaPosicións sexuaisMarie CuriePúrpuraBurelaXoán Manuel PintosSanta CombaSempre en GalizaDomingo de AndradePili PampínAlberto Núñez FeijóoAlejandro JodorowskyAnder CanteroFrancisco de GoyaHTML5YouTubeEstoniaLista de presidentes dos Estados Unidos de AméricaTrasar de Carballo, Cartelos, CarballedoIsabel II do Reino UnidoLista de nomes masculinos en galegoFauna de Galicia🡆 More