Francisco Fernando De Austria: Herdeiro ao trono austrohúngaro (1863-1914)

Francisco Fernando, arquiduque de Austria-Este, nado en Graz o 18 de decembro de 1863 e finado en Saraxevo o 28 de xuño de 1914, foi arquiduque de Austria, Príncipe Imperial de Austria, Príncipe Real de Hungría e Bohemia, e dende 1896 ata a súa morte, o herdeiro ao trono austrohúngaro.

O seu asasinato en Saraxevo precipitou a declaración de guerra de Austria contra Serbia que desencadeou a primeira guerra mundial.

Infotaula de personaFrancisco Fernando de Austria
Francisco Fernando De Austria: Traxectoria, Véxase tamén
Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(de) Franz Ferdinand von Österreich-Este Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de decembro de 1863 Editar o valor em Wikidata
Graz (Imperio Austríaco) Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xuño de 1914 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Saraxevo (Imperio Austrohúngaro) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCastelo Artstetten (pt) Traducir (1914–) Editar o valor em Wikidata
Member of the House of Lords (Austria) (en) Traducir
8 de xaneiro de 1884 –
Monarca
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Austríaco
Cisleitania Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Viena
Imperio Austrohúngaro Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarGeneral de cavalaria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloArquiduque
Duke of Modena (en) Traducir
Archduke of Austria-Este (en) Traducir
Prince of Modena (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Habsburgo-Lorena (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeSofía Chotek (1900–valor descoñecido) Editar o valor em Wikidata
FillosSofia de Hohenberg (pt) Traducir, Ernesto de Hohenberg (pt) Traducir, Maximiliano de Hohenberg (pt) Traducir, stillborn son von Hohenberg (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisCarlos Luís da Áustria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Maria Anunciata de Bourbon-Duas Sicílias (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMaria Annunziata von Österreich (pt) Traducir, Margarida Sofia da Áustria (pt) Traducir, Isabel Amália da Áustria (pt) Traducir, Oto Francisco da Áustria (pt) Traducir e Ferdinand Karl von Österreich (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
28 de xuño de 1914Asasinato de Saraievo Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Francisco Fernando De Austria: Traxectoria, Véxase tamén Editar o valor em Wikidata

Francisco Fernando De Austria: Traxectoria, Véxase tamén Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0033626 WikiTree: Habsburg-Lothringen-60 Find a Grave: 7019333 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Nacemento e primeiros anos

Foi o fillo máis vello do arquiduque Carlos Luís de Austria, (irmán máis novo do emperador Francisco Xosé) e da súa segunda dona, a princesa María Annunciata das Dúas Sicilias. Cando só tiña doce anos, o seu curmán, Francisco V de Módena morreu, e nomeou Francisco Fernando como o seu herdeiro, a condición de que engadise o apelido De Leste ao propio. Francisco Fernando entón converteuse nun dos homes máis ricos de Austria.

Cando naceu, non había motivo para crer que se convertería no herdeiro do trono austrohúngaro. Proporcionóuselle a estrita educación que era normal nun arquiduque con énfase na aprendizaxe da historia e na formación dun carácter moral. Dende 1876 até 1855 o seu titor foi o historiador Onno Klopp. En 1877 Francisco Fernando entrou no exército, co rango de terceiro tenente.

De mozo, Francisco Fernando desenvolveu dúas grandes paixóns: a caza e viaxar. Calcúlase que matou máis de cinco mil cervos ao longo da súa vida. En 1883 visitou Italia por primeira vez para ver as propiedades que lle deixara o Duque Francisco V de Módena. En 1885 visitou Exipto, Palestina, Siria e Turquía. En 1889 viaxou a Alemaña.

En 1889 a vida de Francisco Fernando cambiou radicalmente, o seu curmán, o príncipe herdeiro Rodolfo, suicidouse na súa cabana de caza en Mayerling, deixando o pai de Francisco Fernando, o arquiduque Carlos Luís, como o primeiro na liña sucesoria ao trono. Polo tanto, o máis probable era que Francisco Fernando, á súa vez, o sucedese.

Matrimonio e familia

Francisco Fernando De Austria: Traxectoria, Véxase tamén 
Arquiduque Francisco Fernando (á dereita) coa súa familia.

En 1895 Francisco Fernando coñeceu a condesa Sofía Chotek nun baile en Praga. Para ser unha posible parella dun membro da dinastía Habsburgo, debíase pertencer a unha das dinastías reinantes -ou que reinase- en Europa. Os Chotek non eran unha desas familias, aínda que eles incluían entre os seus antepasados, na liña feminina, a príncipes de Baden, Hohenzollern-Hechingen, e Liechtenstein.

Sofía era dama de compañía da arquiduquesa Sabela, dona do arquiduque Federico, duque de Teschen. Francisco Fernando comezou a visitar a vila do arquiduque Federico en Pressburgo/Pozsony (actualmente Bratislava). Sofía escribiu a Francisco Fernando durante a súa convalecencia por tuberculose cando foi enviado á illa de Lošinj, no mar Adriático. Mantiveron a súa relación en segredo durante máis de dous anos.

A arquiduquesa Sabela asumiu que Francisco Fernando estaba namorado dunha das súas fillas. En 1889, con todo, este esqueceu o seu reloxo nun dos campos de tenis da súa casa. Ela abriu o reloxo, esperando atopar alí a fotografía dunha das súas fillas; no seu lugar, atopou a foto de Sofía, a cal foi inmediatamente despedida tralo suceso.

Francisco Fernando rexeitou a posibilidade de casar con ninguén máis. O papa León XIII, o tsar Nicolao II de Rusia, e o emperador alemán Guillerme II, enviaron representacións para falar en favor de Francisco Fernando ante o emperador Francisco Xosé, argumentando que un desacordo entre Francisco Xosé e Francisco Fernando sería perturbador para a estabilidade da monarquía.

Finalmente, en 1899, o emperador permitiulle casar con Sofia, coa condición de que o matrimonio fose morganático e que os seus descendentes non tivesen dereitos sucesorios. Sofía non compartiría o rango do seu esposo, nin o seu título, precedencia ou privilexios; como tal, non aparecería normalmente en público ao seu carón.

A voda celebrouse o 1 de xullo de 1900, en Reichstadt (hoxe Zákupy) en Bohemia; Francisco Xosé non acudiu, nin o fixo ningún arquiduque, incluídos os irmáns de Francisco Fernando. Os únicos membros da familia imperial que estaban presentes eran a madrastra de Francisco Fernando, María Teresa, e as súas dúas fillas. Despois do matrimonio, Sofía recibiu o título de Princesa de Hohenberg (Fürstin von Hohenberg) co trato de A súa Serena Alteza (Ihre Durchlaucht). En 1909, déuselle o máis importante título de Duquesa de Hohenberg (Herzogin von Hohenberg) co tratamento de A súa Alteza (Ihre Hoheit). Isto incrementou o seu status considerablemente, pero aínda estaba no cerimonial da corte por detrás de tódalas arquiduquesas. Cando algunha cerimonia requiría que a parella aparecese, con outros membros da realeza, Sofía era forzada a permanecer moi por baixo da liña de importancia, separada do seu marido.

Os fillos de Francisco Fernando foron:

  • Princesa Sofía von Hohenberg (1901-1990), casou co Conde Federico von Nostitz-Rieneck (1891-1973)
  • Maximiliano, Duque de Hohenberg (1902-1962), casou coa Condesa Sabela von Waldburg zu Wolfegg und Waldsee (1904-1993)
  • Príncipe Ernesto von Hohenberg (1904-1954), casou con María-Teresa Wood (1910-1985)
  • Un fillo nonato (1908)

Asasinato

Francisco Fernando De Austria: Traxectoria, Véxase tamén 
1911 Graf und Stift Rois De Blougne tourer que conducía ao arquiduque Francisco Fernando cando foi asasinado

O 28 de xuño de 1914, aproximadamente ás once da mañá, Francisco Fernando e a súa dona foron asasinados en Saraxevo, capital da provincia austrohúngara de Bosnia e Hercegovina, por Gavrilo Princip, membro da Nova Bosnia e un dos varios asasinos organizados pola Man Negra. O acontecemento, coñecido como o Asasinato de Saraxevo, foi un dos desencadeamentos da primeira guerra mundial.

É moi pouco coñecido o seu costume de levar a roupa sempre impecablemente repasada e abotoada; ata tal punto levou este gusto pola pulcritude que se facía coser a roupa durante os desfiles ou paradas militares, para evitar que as solapas abrisen co vento. No día do atentado, o feito de levar a casaca cosida impediu que se lle puidese socorrer a tempo, tapándolle a ferida de bala ou detendo o fluxo de sangue cun simple pano, o que orixinou unha hemorraxia abundante e a consecuente morte.

Francisco Fernando foi soterrado coa súa dona Sofía no Castelo de Artstetten, Austria.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Francisco Fernando De Austria TraxectoriaFrancisco Fernando De Austria Véxase taménFrancisco Fernando De Austria18 de decembro18631896191428 de xuñoArquiduqueAsasinato de SaraxevoAustriaBohemiaDeclaración de guerraGrazHungríaImperio AustrohúngaroPrimeira guerra mundialSaraxevoSerbia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

OU-414Nova narrativa galegaAlgodónCortizaCésar Lorenzo GilMurosVilalbaReal Academia GalegaFornelos de MontesAnder IturraspeKGalipediaAmesXabi AlonsoCasto Sampedro FolgarArañasÁlvaro CunqueiroTrabanca Sardiñeira, O Carril, Vilagarcía de ArousaMetro-Goldwyn-MayerÉvoraPilar RaholaToñito BlancoMiro VillarToñi VicenteCosta da MortePadrendaPhil FodenEscherichia coliEduardo PondalSalgueiroBazoIngrid WashinawatokHeredeiros da CrusShakiraNova YorkMonarquía absolutaPrehistoriaCongreso dos Estados Unidos de AméricaMitoloxía galegaAlberto Fernández MartínezProvincia de LugoFrancisco AsoreyAmeixónFederico García LorcaMargaret ThatcherA Picoña, Salceda de CaselasGoogleRevolución dos CaraveisAikidoOurenseFC Bayern MünchenMaría Martínez AllegueMoinanteErling HaalandRa verdeToxoCarme Giralt i RosésCurtisGame Boy AdvanceHoward HughesHerminio BarreiroA fonte do xuramentoTeixugoLista de programas de Televisión EspañolaPaíses BaixosÑuXosé Manuel PiñeiroMaría do Socorro Ortega RomeroOU-603Interferencia lingüísticaAna María Fernández MartínezLista de episodios de Dragon Ball ZContactorIrene Urdangarin y Borbón🡆 More