Filosofía: Estudo de problemas xerais e fundamentais

A filosofía (do grego - φιλοσοφία philos / sophia, amor á sabedoría) é o estudo das cuestións xerais e fundamentais relacionadas coa natureza da existencia humana; do coñecemento; da verdade; valores morais e estéticos; da mente; tanto da lingua como do universo no seu conxunto en suma pódese dicir que é a procura do coñecemento puro sen deixarse corromper por sistemas preestabelecidos.

Filosofía
Filosofía: Historia, Orixes históricas, Correntes e tópicos
O pensador, de Auguste Rodin, representación clásica dun home inmerso nos seus pensamentos.
Orixe do nomeΦιλοσοφία, grego
OrixeGrecia antiga, séc. VII a.C., Tales de Mileto
Influenciasmitoloxía
Influenciadosarte, ciencia, política, dereito, ética, teoloxía, relixión
Persoeiros principaisHeráclito · Confucio · Demócrito · Sócrates · Platón · Aristóteles · Epicuro · Séneca · Plotino · Agostiño · Avicena · Averroes · Aquino · Escoto · Ockham · Machiavelli · Bacon · Descartes · Vico · Leibniz · Espinoza · Hobbes · Berkeley · Locke · Montesquieu · Hume · Rousseau · Voltaire · Burke · Kant · Hegel · Kierkegaard · Schopenhauer · Mill · Marx · Nietzsche · Peirce · Husserl ·
Definicióné o estudo de cuestións fundamentais relacionadas coa existencia, o coñecemento, a verdade, valores morais e estéticos, para mente e para lingua.
Coñecida porestimular o pensamento lóxico e crítico
Pretendeconstruír concepcións globais do mundo
Divídese enFilosofía occidental, Filosofía oriental
Ramificaciónsepistemoloxía, ontoloxía, ética, metafísica, filosofía social, filosofía política, estética, lóxica

A filosofía responde ó desexo de saber, busca coñecer as causas das cousas, indagando a verdade e os seus problemas. Neste senso é máis crítica que dogmática. Ata o século XVIII-XIX, facía referencia ó conxunto de saberes desinteresados e racionais, que tiñan por obxecto a comprensión xeral do home e do mundo, buscando conclusións sobre as súas causas últimas e bases máis profundas, polo que se diferencia da ciencia, que estuda de xeito único as materias que entran no seu propio campo, dende o punto de vista da súa descrición e explicación por causas próximas.

A filosofía aspira a un coñecemento racional da realidade polas últimas causas, e por iso, considerábase ciencia. Porén, coa nova e máis restritiva noción de ciencia, que aparece na época moderna vinculada ó método matemático e experimental, a filosofía deixa de considerarse ciencia a partir do século XIX.

As súas disciplinas son a lóxica e a teoría do coñecemento, a metafísica, a estética e a ética. A psicoloxía, o mesmo que as demais ciencias, desenvolveuse a partir da filosofía.

Historia

Como disciplina, a historia da filosofía pretende ofrecer unha exposición sistemática e cronolóxica dos conceptos e doutrinas filosóficas. Algúns teóricos ven isto como parte da historia intelectual, pero tamén investiga cuestións que non están cubiertas pola historia intelectual, como se as teorías dos filósofos do pasado son verdadeiras e se mantiveron filosoficamente relevantes. A historia da filosofía preocúpase principalmente de teorías baseadas na indagación racional e na argumentación; algúns historiadores enténdeno nun sentido máis laxo que inclúe mitos, ensinanzas relixiosas e tradición proverbial.

A principal característica que Aristóteles ve nunha persoa filósofa é que non é especialista. O sophós (o sabio), é un coñecedor de todas as cousas sen posuír unha ciencia específica. O seu ollar derrámase polo mundo, a súa curiosidade insaciable faino investigar tanto os misterios do kosmos como os da physis (a natureza), como as que din respecto ao home e á sociedade. No fondo, o filósofo é un revelador, alguén que afasta o veo daquilo que está a cubrirnos os ollos e procura mostrar os obxectos na súa forma e posición orixinal, actuando como alguén que atopa unha estatua no fondo do mar cuberta de brións e algas, e progresivamente, afastándoas unha a unha, revélanos a súa forma real.

Para Platón, a primeira actitude do filósofo é admirarse. A partir da admiración faise a reflexión crítica, o que marca a filosofía como busca da verdade. Filosofar é dar sentido á experiencia.

Na actualidade, entre outras múltiples, diferentes e, porén, válidas definicións, pódese afirmar que filosofía é o estudo racional, crítico e obxectivo de todos ou calquera dos achados do pensamento humano. É dicir, a actividade filosófica consiste en pensar razoando sobre aquilo que se atopa ó noso redor: dende a natureza ata os propios mecanismos internos de razoamento. Filosofar é, pois, tanto pensar acerca do mundo como pensar acerca do propio pensamento.

Orixes históricas

Filosofía: Historia, Orixes históricas, Correntes e tópicos 
A Filosofía e profesións liberais

A palabra filosofía gaña, en dimensións específicas de tempo e espazo, concepcións novas e diferentes tornando difícil a súa exacta localización.

Historicamente, a filosofía comeza con Tales de Mileto, aínda que este principio histórico sexa máis un punto de referencia que unha discusión xa acabada. Aristóteles escribiu que a filosofía foi posible a través do lecer, pois, unha vez resolvidos os seus problemas de vivenda, alimentación, vestiario, e sendo dispensados da necesidade do traballo pesado, os gregos puideron dedicarse á investigación filosófica.

Tales foi o primeiro dos filósofos Presocráticos, ou filósofos da Physis, que buscaban a arché, que era un principio que, alén de ser o principio de todas as cousas, debería tamén compor (ou formar parte de) todas as cousas, e mesmo ser a última de todas as cousas.

Platón é quen inicia esta nova linguaxe, a filosofía como a coñecemos, a busca da esencia, a ontoloxía, dos conceptos universais en detrimento do coñecemento vulgar e sensorial. Anteriormente a el, a filosofía era discutida por sabios, era o amor pola sabedoría daqueles que experimentaran a propia ignorancia, concepto, ao que parece, atribuído por Pitágoras.

Por moito tempo a filosofía incluía todo o que era coñecemento, abonda con ver a vasta obra de Aristóteles, que abrangue desde a física ata a ética. Aínda hoxe é difícil definir o obxecto exacto da filosofía.

Os seus obxectos propios son:

  • Metafísica: concernente aos estudos daquilo que non é físico (physis), do coñecemento do ser (ontoloxía), do que transcende o sensorial e tamén da teoloxía.
  • Epistemoloxía: estudo do coñecemento, teoriza sobre a propia ciencia e de como sería posible a aprehensión deste coñecemento.
  • Ética: para Aristóteles, é parte do coñecemento práctico xa que nos mostraría como debemos vivir e actuar.
  • Estética: a procura do belo, a súa conceptuación e cuestionamento. O entendemento da arte.
  • Lóxica: a procura da verdade, o seu cuestionamento, a razón.

Correntes e tópicos

Materialistas vs Idealistas

Os filósofos divídense en dúas grandes correntes: materialistas e idealistas. O termo materialista aplícase a aqueles que cren que o universo (todo o que existe) está formado de materia, e existe obxectiva e independentemente da existencia de seres cognoscentes capaces de percibilo. Os idealistas son aqueles que sosteñen que o mundo non ten existencia independente dos seres cognoscentes.

Ramas da filosofía

As cuestións filosóficas pódense agrupar en varias ramas. Estes agrupamentos permiten aos filósofos centrarse nun conxunto de temas similares e interactuar con outros pensadores que estean interesados nas mesmas preguntas.

Estas divisións non son nin exhaustivas nin mutuamente excluíntes. (Un filósofo podería especializarse na epistemoloxía kantiana, ou na estética Platónnica, ou na filosofía política moderna). Ademais, estas investigacións filosóficas ás veces se solapan entre si e con outras investigacións como a ciencia, a relixión ou as matemáticas.

Estética

A estética é a "reflexión crítica sobre a arte, a cultura e a natureza". Aborda a natureza da arte, da beleza e do gusto, o gozo, os valores emocionais, a percepción, a creación e valoración da beleza. Defínese de forma máis precisa como o estudo dos valores sensoriais ou sensorio-emocionais, ás veces denominados xuízos de sentimento e gusto. As súas principais divisións son a teoría da arte, a teoría literaria, a teoría do cinema e a teoría da música. Un exemplo da teoría da arte é discernir o conxunto de principios que subxacen na obra dun artista ou movemento artístico concreto, como a estética cubista.

Ética

Filosofía: Historia, Orixes históricas, Correntes e tópicos 
O colexio imperial de Pequín foi un centro intelectual para a ética e os clásicos confucianos durante as dinastías Yuan, Ming e Qing.

A ética, tamén coñecida como filosofía moral, estuda o que constitúe a boa e a mala conduta, os valores correcto e incorrecto, e o ben e o mal. As súas principais investigacións inclúen a exploración de como vivir unha boa vida e a identificación de normas de moralidade. Tamén inclúe a investigación de se hai unha mellor maneira de vivir ou unha norma moral universal, e se é así, como chegamos a coñecela. As principais ramas da ética son a ética normativa, a metaética e a ética aplicada.

Os tres puntos de vista principais en ética acerca do que constitúen as accións morais son:

  • Cconsecuencialismo, que xulga as accións en función das súas consecuencias. Un destes puntos de vista é o utilitarismo, que xulga as accións en función da felicidade (ou pracer) e/ou da falta de sufrimento (ou dor) que producen.
  • Deontoloxía, que xulga as accións en función de se están de acordo co deber moral. Na forma estándar defendida por Immanuel Kant, a deontoloxía preocúpase de se unha elección respecta a moralidade doutras persoas, independentemente das súas consecuencias.
  • Ética das virtudes, que xulga as accións en función do carácter moral do axente que as realiza e se se axustan ao que faría un axente idealmente virtuoso..

Epistemoloxía

Filosofía: Historia, Orixes históricas, Correntes e tópicos 
Dignaga fundou unha escola de epistemoloxía e lóxica budista.

A epistemoloxía é a rama da filosofía que estuda o coñecemento. Os epistemólogos examinan as fontes putativas de coñecemento, incluíndo a experiencia perceptiva, a razón, a memoria e o testemuño. Tamén investigan cuestións sobre a natureza da verdade, a crenza, a xustificación e a racionalidade.

O escepticismo filosófico, que suscita dúbidas sobre algunhas ou todas as reivindicacións de coñecemento, foi un tema de interese ao longo da historia da filosofía. Xurdiu cedo na filosofía presocrática e formalizouse con Pirrón, o fundador da escola occidental máis antiga de escepticismo filosófico. Ocupa un lugar destacado nas obras dos filósofos modernos René Descartes e David Hume e seguiu sendo un tema central nos debates epistemolóxicos contemporáneos.

Un dos debates epistemolóxicos máis salientables é entre o empirismo e o racionalismo. O empirismo fai énfase na evidencia observacional a través da experiencia sensorial como fonte de coñecemento. O empirismo asóciase co coñecemento a posteriori, que se obtén a través da experiencia (como o coñecemento científico), así mesmo pon énfase na razón como fonte de coñecemento. O racionalismo está asociado co coñecemento a priori, que é independente da experiencia (como a lóxica e as matemáticas).

Un debate central na epistemoloxía contemporánea é o das condicións necesarias para que unha crenza constitúa un coñecemento, entre as que se atopan a verdade e a xustificación. Este debate foi en gran parte o resultado dos intentos de resolver o problema de Gettier. Outro tema común nos debates contemporáneos é o problema de regresión, que se produce cando se tenta ofrecer unha proba ou xustificación para calquera crenza, declaración ou proposición. O problema é que calquera que sexa a fonte de xustificación, esa fonte debe ser ou ben sen xustificación (nese caso debe ser tratada como un fundamento arbitrario para a crenza), ou debe ter algunha xustificación adicional (nese caso a xustificación debe ser ou ben o resultado dun razoamento circular, como no coherentismo, ou o resultado dunha regresión infinita, como no infinitismo).

Metafísica

Filosofía: Historia, Orixes históricas, Correntes e tópicos 
O comezo da Metafísica de Aristóteles nun incunable decorado con miniaturas pintadas a man.

A metafísica é o estudo dos trazos máis xerais da realidade, como a existencia, o tempo, os obxectos e as súas propiedades, os conxuntos e as súas partes, os acontecementos, os procesos e a causación e a relación entre a mente e o corpo . A metafísica inclúe a cosmoloxía, o estudo do mundo na súa totalidade e a ontoloxía, o estudo do ser, xunto coa filosofía do espazo e do tempo.

Un punto importante de debate é entre o realismo, que sostén que hai entidades que existen independentemente da súa percepción mental, e o idealismo, que sostén que a realidade está construída mentalmente ou doutro xeito inmaterial. A metafísica trata o tema da identidade. Esencia é o conxunto de atributos que fan dun obxecto o que é fundamentalmente e sen o cal perde a súa identidade, mentres que accidente é unha propiedade que ten o obxecto, sen a cal o obxecto aínda pode conservar. a súa identidade. Os particulares son obxectos que se di que existen no espazo e no tempo, en oposición aos obxectos abstractos, como os números, e os universais, que son propiedades que posúen múltiples particulares, como a cor vermella ou un xénero. O tipo de existencia, se é o caso, de universais e obxectos abstractos é un tema de debate.

Lóxica

A lóxica é o estudo do razoamento e da argumentación.

Razoamento dedutivo é cando, dadas certas premisas, as conclusións están inevitablemente implicadas. As regras de inferencia utilízanse para inferir conclusións tales como, modus ponens, onde dado "A" e "se A entón B", entón "B" debe concluírse.

Porque o bo razoamento é un elemento esencial de todas as ciencias, disciplinas das ciencias sociais e humanidades, a lóxica converteuse nunha ciencia formal. Os subcampos inclúen lóxica matemática, lóxica filosófica, lóxica modal, lóxica computacional e lóxica non clásicas. Unha cuestión importante na filosofía das matemáticas é se as entidades matemáticas son obxectivas e imparciais, chamada realismo matemático, ou inventadas, chamada antirrealismo matemático.

Mente e linguaxe

A filosofía da linguaxe explora a natureza, as orixes e o uso da linguaxe. A filosofía da mente explora a natureza da mente e a súa relación co corpo, como se caracteriza polas disputas entre o materialismo e o dualismo. Nos últimos anos, esta rama relacionouse coa ciencia cognitiva.

Filosofía da ciencia

A filosofía da ciencia explora os fundamentos, métodos, historia, implicacións e propósito da ciencia. Moitas das súas subdivisións corresponden a ramas específicas da ciencia. Por exemplo, a filosofía da bioloxía trata especificamente das cuestións metafísicas, epistemolóxicas e éticas nas ciencias biomédicas e da vida.

Filosofía política

Filosofía: Historia, Orixes históricas, Correntes e tópicos 
Thomas Hobbes, máis coñecido polo seu libro de 1651 Leviatán, que expuxo unha influente formulación da teoría do contrato social

A filosofía política é o estudo do goberno e a relación dos individuos (ou familias e clans) coas comunidades, incluíndo o estado. Inclúe preguntas sobre xustiza, dereito, propiedade e os dereitos e obrigas do cidadán. A filosofía política, a ética e a estética son materias tradicionalmente ligadas, baixo o título xeral de teoría do valor xa que implican un aspecto normativo ou avaliador.

Filosofía da relixión

A filosofía da relixión ocúpase de cuestións relacionadas coa relixión e as ideas relixiosas desde unha perspectiva filosoficamente neutral (a diferenza da teoloxía, que parte de conviccións relixiosas). Tradicionalmente, as cuestións relixiosas non eran vistas como un campo separado da filosofía propiamente dita, e a idea dun campo separado só xurdiu apartir do século XIX.

Os temas inclúen a existencia de Deus, a relación entre razón e fe, cuestións de epistemoloxía relixiosa, a relación entre relixión e ciencia, como interpretar as experiencias relixiosas, cuestións sobre a posibilidade dunha vida despois da morte, o problema da linguaxe relixiosa e a existencia de almas e respostas ao pluralismo relixioso e a diversidade.

Metafilosofía

A metafilosofía explora os obxectivos, os límites e os métodos da filosofía. Debátese sobre se a metafilosofía é un tema anterior á filosofía ou se forma parte inherentemente da filosofía.

Filósofos

da Antigüidade

Presocráticos

Sofistas

do Clasicismo grego

Helénicos

Romanos

Medievais

Renacentistas

Modernos

Contemporáneos

Cronoloxía

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Perez Carrasco, Francisco Javier e Rodríguez Álvarez, Manuel (1999). A filosofía, outra historia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-314-4. 

Outros artigos

Tags:

Filosofía HistoriaFilosofía Orixes históricasFilosofía Correntes e tópicosFilosofía Ramas da filosofíaFilosofía FilósofosFilosofía CronoloxíaFilosofía NotasFilosofía Véxase taménFilosofía

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

BurgosXosé Ramón Fernández-OxeaFolha de S. PauloCélula nai pluripotente inducidaO comparativo galegoComunismoRacing Club de FerrolVoxDineína5 de setembroRianxoColocación do pronome átono en galegoDécada de 1940Víctor CoyoteXardaMiguel Nicolaievich de RusiaCarlos Sainz Vázquez de CastroAs aves na cultura popular galegaBéjarCuarzoCastro CaldelasC (linguaxe de programación)Comarca da UlloaMar MediterráneoProvincia de CastellóPeriódicoHenry CavillTonhito de PoiSiemens AGVilagarcía de ArousaEmma WatsonFederico García LorcaCandela PeñaGalicia estremeiraAlcaldes da CoruñaÁsturesProvincias de EspañaHindemburg Melão Jr.BoiroA CoruñaMitocondriaPTristán UlloaMoucho comúnPedro RieloSan Miguel de Presqueiras, ForcareiLista de ríos de GaliciaCeltas CortosXosé de CoraPablo Iglesias TurriónRubén AlbésPríncipe de AsturiasEscáncerCristina LosadaCruz de BorgoñaAlfred HitchcockQEDLlanesAlbaceteDani AlvesCopa Mundial de Clubs da FIFACasco de LeiroSingletonDune (filme de 2021)Glándulas uterinasSunita WilliamsRobert OppenheimerEva FernándezBicarbonatoWashington, D.C.Patronato de Protección da MullerÑMiguel Ángel Zabalza BerazaMieres, Asturias🡆 More