Félix Antoine Tshisekedi Tshilombo, nado en Kinshasa o 13 de xuño de 1963, é un político congolés, é o dirixente da partido Unión para a Democracia e o Progreso Social, o partido de oposición máis antigo e máis grande da República Democrática do Congo.
A partir do 9 de xaneiro de 2019, é o Presidente electo da República Democrática do Congo, sucedendo a Joseph Kabila.
O 31 de marzo de 2018, foi elixido para dirixir o UDPS, despois da morte do seu pai, predecesor e fundador do partido, Étienne Tshisekedi, o 1 de febreiro de 2017.
Tamén o 31 de marzo de 2018, Félix Tshisekedi foi elixido polo seu partido para ser o candidato presidencial da UDPS nas eleccións xerais que tiveron lugar o 30 de decembro de 2018.
O 9 de xaneiro de 2019, anunciouse que Tshisekedi fora elixido presidente da República Democrática do Congo.
Como presidente do Congo RDC, foi elixido en febreiro de 2021 presidente rotatorio da Unión Africana.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Félix Tshisekedi, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.