Extrema Esquerda

Extrema esquerda ou esquerda revolucionaria son termos utilizados en política para describir movementos, partidos políticos e gobernos que promoven e sosteñen certas posicións de esquerda.

A extrema esquerda promove o igualitarismo pleno e oponse a un sistema económico, social ou político estratificado. O termo úsase frecuentemente para dar a entender que unha persoa ten unha posición política extrema moi cara á a esquerda, en ocasións, fóra do marco institucional.

Ao igual que sucede con grupos de extrema dereita, as persoas que se autoidentifican coa extrema esquerda teñen certa desconfianza cara ao sistema xurídico-político establecido e son críticos co devandito sistema. Os estudos electorais revelaron que presentan un grao de abstención maior que as persoas identificadas coa esquerda.

Historia

O termo esquerda política ten a súa orixe no lugar da Asemblea Nacional en que se sentaban, durante a Revolución francesa os representantes xacobinos, que avalaban medidas que favorecesen ás clases máis pobres da sociedade. O termo 'extrema esquerda ' foi utilizado para describir persoas ou grupos que manteñen posicións extremas de igualdade social e apoian un cambio radical político e social mediante a forza ou un cambio abrupto revolucionario.

Orixes

Unha das primeiras manifestacións da extrema esquerda foi no período revolucionario iniciado coa Revolución francesa. Ese proceso revolucionario levou a cabo un proceso abrupto e rápido de transformación social e das institucións. Nalgún período non faltou o uso da violencia incontrolada, como as levadas a cabo polo Comité de Salvación pública, dirixido por Maximilien Robespierre. Posteriormente estas actividades sería respondida non menos violentamente durante a reacción thermidoriana levada a cabo por conservadores monárquicos.

Notas

Tags:

Esquerda políticaEstratificación socialIgualitarismoPolítica

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Escolas de Ensino Galego SementeManuel Veiga TaboadaSydney SweeneyEspañaCélula pancreática acinarTuiUniversidade de Santiago de CompostelaAves acuáticasRoisXabier FortesJesús Gil y GilSonia FerrerAires da miña terraDomingo VillarTameiga, MosEstadio Municipal de RiazorCarbohidratoSonsoles EspinosaJorge Sanz MirandaRede privada virtualMatriz cadradaMaría Rei VilasFederico García LorcaCastro de Punta do BicoPraza da QuintanaArturo RegueraMaría a BalteiraRoberto Vidal BolañoTanxugueirasXogo da chaveSusana FortesManchester United Football ClubLauren BacallXavier AlcaláSalvador IllaIdade MediaBorja VereaHistoria de DinamarcaVilasantarA EstradaXosé Luís BernalCohesiónVorticelaMemorias dun neno labregoACarmen Blanco GarcíaRaquel AtanesAbraham MateoAgustín Fernández PazDeportivo da CoruñaMario CaneiroAna María Fernández MartínezPilatesReino de GaliciaSanta CompañaVichelocregoSéculos EscurosPaulino PedretDiego Rivas RegoLila comúnAlberto AvendañoÍñigo AlfonsoSalgueiroFerroAtlánticaXosé Ramón Fernández-OxeaBipartito galegoLa Voz de GaliciaInterrogación retóricaFillas de Cassandra🡆 More