Estados Membros Da Otan

A OTAN (Organización do Tratado do Atlántico Norte) é unha alianza internacional composta de 30 estados membros de Europa, América do Norte, e Asia.

Estabeleceuse coa sinatura do Tratado do Atlántico Norte o 4 de abril de 1949. O Artigo Cinco do tratado expón que se un ataque armado acontece contra algún dos estados membros, será considerado un ataque contra todos eles, polo que os demais estados membros asistirán ao membro atacado, con forzas armadas se é preciso.

Estados Membros Da Otan
embros da OTAN resaltados en azul.
Estados Membros Da Otan
Cronoloxía dos países que deveñen membros da OTAN ata 2020. Os países marcados en azul escuro eran xa membros da OTAN nese momento, mentres que os países marcados co azul claro indican os novos membros.

Dos 30 países membros, 27 atópanse principalmente en Europa, dous en América do Norte, e un en Asia. Entre 1994 e 1997, creáronse foros máis amplos para a cooperación rexional entre a OTAN e os seus veciños, como a Asociación para a Paz, a iniciativa do Diálogo mediterráneo e o Consello de Asociación Euro-Atlántico.

Todos os membros teñen exércitos, agás Islandia, que non posúe un exército típico (mais ten unha garda costeira e unha pequena unidade de especialistas civís para as operacións da OTAN). Tres dos membros da OTAN son países con armamento nuclear: Francia, Reino Unido e Estados Unidos. A OTAN conta con 12 estados membros fundadores. Tres novos estados asociáronse entre 1952 e 1955, e un cuarto membro uniuse en 1982. Dende 1999 a 2020, despois da fin da Guerra Fría, a OTAN engadiu 14 membros máis.

Actualmente a OTAN recoñece a Bosnia e Hercegovina, Xeorxia, e Ucraína como membros candidatos na súa política de ampliación de Portas Abertas.

Fundación e cambios na afiliación

Dezaoito estados uníronse á OTAN dende a súa fundación en 1949 por 12 países (Bélxica, Canadá, Dinamarca, Francia, Islandia, Italia, Luxemburgo, Países Baixos, Noruega, Portugal, Reino Unido e Estados Unidos). O maior aumento de membros produciuse en 2004 cando se uniron 7 países. Ata agora, ningún país saíu da alianza.

As adicións do século XX inclúen a Grecia e Turquía en 1952, Alemaña do Oeste en 1955, e España en 1982. Tres países do antigo Pacto de Varsovia, Hungría, República Checa e Polonia adheríronse en 1999. Coa reunificación alemá en 1990 incorporouse o territorio da antiga Alemaña do Leste. En maio do 2000, 10 países do Báltico e de Europa do Leste formaron o grupo Vilnius para cooperar para afiliación na OTAN.

As adicións do século XXI comezaron en 2004 cando se uniron sete estados do grupo Vilnius (Bulgaria, Estonia, Letonia, Lituania, Romanía, Eslovaquia, Eslovenia). Os tres restantes asociáronse posteriormente, Albania e Croacia en 2009 e Macedonia do Norte en 2020. Montenegro uniuse en 2017.

Países membros

Bandeira Mapa Estado membro Capital Adhesión Poboación Área
Estados Membros Da Otan 
Estados Membros Da Otan 
Albania Tirana 1 de abril de 2009 3,088,385 28 748 km2 (11 100 sq mi)
Estados Membros Da Otan 
Estados Membros Da Otan 
Alemaña Berlín 8 de maio de 1955 79,903,481 357 022 km2 (137 847 sq mi)
Estados Membros Da Otan 
Estados Membros Da Otan 
Bélxica Bruxelas 24 de agosto de 1949 11,778,842 30 528 km2 (11 787 sq mi)
Estados Membros Da Otan 
Estados Membros Da Otan 
Bulgaria Sofía 29 de marzo de 2004 6,919,180 110 879 km2 (42 811 sq mi)
Estados Membros Da Otan 
Estados Membros Da Otan 
Canadá Otava 24 de agosto de 1949 37,943,231 9 984 670 km2 (3 855 103 sq mi)
Estados Membros Da Otan 
Estados Membros Da Otan 
Croacia Zagreb 1 de abril de 2009 4,208,973 56 594 km2 (21 851 sq mi)
Estados Membros Da Otan 
Estados Membros Da Otan 
Dinamarca Copenhague 24 de agosto de 1949 5,894,687 42 943 km2 (16 580 sq mi)
Estados Membros Da Otan 
Estados Membros Da Otan 
Eslovaquia Bratislava 29 de marzo de 2004 5,436,066 49 035 km2 (18 933 sq mi)
Estados Membros Da Otan 
Estados Membros Da Otan 
Eslovenia Liubliana 29 de marzo de 2004 2,102,106 20 273 km2 (7 827 sq mi)
Estados Membros Da Otan 
Estados Membros Da Otan 
España Madrid 30 de maio de 1982 47,260,584 505 370 km2 (195 124 sq mi)
Estados Membros Da Otan 
Estados Membros Da Otan 
Estados Unidos Washington, D.C. 24 de agosto de 1949 334,998,398 9 833 520 km2 (3 796 743 sq mi)
Estados Membros Da Otan 
Estados Membros Da Otan 
Estonia Talín 29 de marzo de 2004 1,220,042 45 228 km2 (17 463 sq mi)
Estados Membros Da Otan 
Estados Membros Da Otan 
Francia París 24 de agosto de 1949 68,084,217 643 427 km2 (248 429 sq mi)
Estados Membros Da Otan 
Estados Membros Da Otan 
Grecia Atenas 18 de febreiro de 1952 10,569,703 131 957 km2 (50 949 sq mi)
Estados Membros Da Otan 
Estados Membros Da Otan 
Hungría Budapest 12 de marzo de 1999 9,728,337 93 028 km2 (35 918 sq mi)
Estados Membros Da Otan 
Estados Membros Da Otan 
Islandia Reiquiavik 24 de agosto de 1949 354,234 103 000 km2 (39 769 sq mi)
Estados Membros Da Otan 
Estados Membros Da Otan 
Italia Roma 24 de agosto de 1949 62,390,364 301 340 km2 (116 348 sq mi)
Estados Membros Da Otan 
Estados Membros Da Otan 
Letonia Riga 29 de marzo de 2004 1,862,687 64 589 km2 (24 938 sq mi)
Estados Membros Da Otan 
Estados Membros Da Otan 
Lituania Vilnius 29 de marzo de 2004 2,711,566 65 300 km2 (25 212 sq mi)
Estados Membros Da Otan 
Estados Membros Da Otan 
Luxemburgo Luxemburgo 24 de agosto de 1949 639,589 2 586 km2 (998 sq mi)
Estados Membros Da Otan 
Estados Membros Da Otan 
Macedonia do Norte Skopje 27 de marzo de 2020 2,128,262 25 713 km2 (9 928 sq mi)
Estados Membros Da Otan 
Estados Membros Da Otan 
Montenegro Podgorica 5 de xuño de 2017 607,414 13 812 km2 (5 333 sq mi)
Estados Membros Da Otan 
Estados Membros Da Otan 
Noruega Oslo 24 de agosto de 1949 5,509,591 323 802 km2 (125 021 sq mi)
Estados Membros Da Otan 
Estados Membros Da Otan 
Países Baixos Ámsterdam 24 de agosto de 1949 17,337,403 41 543 km2 (16 040 sq mi)
Estados Membros Da Otan 
Estados Membros Da Otan 
Polonia Varsovia 12 de marzo de 1999 38,185,913 312 685 km2 (120 728 sq mi)
Estados Membros Da Otan 
Estados Membros Da Otan 
Portugal Lisboa 24 de agosto de 1949 10,263,850 92 090 km2 (35 556 sq mi)
Estados Membros Da Otan 
Estados Membros Da Otan 
Reino Unido Londres 24 de agosto de 1949 67,081,000 243 610 km2 (94 058 sq mi)
Estados Membros Da Otan 
Estados Membros Da Otan 
República Checa Praga 12 de marzo de 1999 10,702,596 78 867 km2 (30 451 sq mi)
Estados Membros Da Otan 
Estados Membros Da Otan 
Romanía Bucarest 29 de marzo de 2004 21,230,362 238 391 km2 (92 043 sq mi)
Estados Membros Da Otan 
Estados Membros Da Otan 
Turquía Ancara 18 de febreiro de 1952 82,482,383 783 562 km2 (302 535 sq mi)

Notas

Tags:

América do NorteAsiaEuropaForzas armadasOTAN

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Octavio AugustoSólido platónicoPetróglifoAlexandre BóvedaMetonimiaHoliXela AriasEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Panteón de Galegos IlustresBimba y LolaCarlos NegroNCIS (serie de televisión)María Jesús MonteroConíferasNava CastroWalls (álbum de Louis Tomlinson)Océano ÍndicoHindemburg Melão Jr.María VillamarínGoogleOtto von BismarckSuízaOliveiraEconomía de EspañaBubelaLista de ríos de GaliciaCastiñeiroPunto medioCarles PuigdemontLagarto arnalManchester United Football ClubRakel WinchesterMontserrat García ChavarríaRedondelaEstadio Municipal de RiazorO Coello, Caldelas de Tui, TuiCirrio comúnJuan Jacobo Durán LorigaJosé Luis GilCentro público integradoUbaldo RuedaSalvador IllaArnaldo OtegiVillablino23 de abrilNormativa oficial do galegoGloria FuertesAlberto Núñez FeijóoMediaWikiLugoBelén do Campo PiñeiroSamuel Eto'oGame Boy LightLoboUniversidade de VigoGarbiñe MuguruzaChinche das camasMiñocaXosé Neira VilasLois PereiroAves non voadorasDistritos de PortugalPili PampínXosé Luís Méndez FerrínGuepardoPorto, PortugalJorge PeteiroGalesDía do LibroAs dúas Marías🡆 More