Número Enteiro: Número natural, oposto negativo ou 0

Os enteiros, ou números enteiros, inclúen os números naturais (1, 2, 3, ...), os seus opostos (números enteiros negativos -1, -2, -3, ...) e máis o número 0.

Tamén se pode definir o conxunto dos números enteiros como o subconxunto dos números reais nos que a parte fraccionaria vale cero.

O conxunto de todos os enteiros represéntase como Z (máis apropiadamente, ), que ven de Zahlen (do alemán, "número").

Os números enteiros poden adicionarse ou subtraerse, multiplicarse e mais compararse. A principal razón da existencia dos números negativos é que fai posíbel resolver todas as ecuacións de primeiro grao (coa forma ax + b = 0). Para a incógnita x; nos números naturais apenas algunhas destas ecuacións eran resolúbeis.

Os matemáticos expresan o feito de que todas as leis usuais da aritmética son válidas nos enteiros dicindo que (Z, +, *) é un anel conmutativo.

A orde de Z dáse por ... < -2 < -1 < 0 < 1 < 2 < ... e fai de Z unha ordenación total sen límite superior ou inferior. Chámaselle a un enteiro positivo se é maior que cero ; o propio cero non se considera un positivo. A orde é compatíbel coas operacións alxébricas no seguinte sentido:

  1. se a < b e c < d, entón a + c < b + d
  2. se a < b e 0 < c, entón ac < bc

Como os números naturais, os enteiros forman un conxunto infinito contábel.

Os enteiros non forman un corpo xa que, por exemplo, non existe un enteiro x tal que 2x = 1. O menor corpo que contén os enteiros son os números racionais.

Unha importante propiedade dos enteiros é a división con resto: dados dous enteiros a e b con b≠0, podemos sempre achar enteiros q e r tales que: a = b q + r e tal que 0 ≤ r < |b| (vexa módulo ou valor absoluto). q chámase o cociente e r o resto da división de a por b. Os números q e r son unicamente determinados por a e b. Esta división torna posíbel o Algoritmo Euclidiano para calcular o máximo divisor común, que tamén mostra que o máximo divisor común de dous enteiros pode ser escrito como a suma de múltiplos destes dous enteiros.

Todo isto pode ser resumido dicindo que Z é un Dominio Euclidiano. Isto implica que Z é un dominio de ideal principal e que todo número enteiro pode ser escrito como produto de números primos de forma única (desde que o 1 non sexa considerado primo), que é o Teorema Fundamental da Aritmética.

O ramo da matemática que estuda os enteiros chámase de teoría dos números.

Un enteiro é frecuentemente un tipo primitivo en linguaxe de programación normalmente con 1, 2, 4, ou 8 bytes de lonxitude (8, 16, 32, ou 64 bits). Porén, un computador pode apenas representar un subconxunto dos enteiros con estes tipos, xa que os enteiros son infinitos e unha cantidade de bits fixa limita a representación a un máximo de 2 á potencia do número de bits (2^8 para bytes, 2^32 para arquitecturas de 32-bit etc).

Tags:

CeroDousNúmero naturalTresUn

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Nicky HaydenReino de GaliciaLuis García-ReyListenbourgÁngeles VázquezPorto do SonHenry MooreCelta de Vigo FortunaTino SaquésHipótese do bufón da corteAlice in ChainsSan AmaroVicente RiscoSéculos EscurosXapónXabi AlonsoFollas novasIsabel PreyslerCandela PeñaLuis ZaheraArturo Vila MoureMasa folladaMiguel CorgosLugares de VilamarínA CoruñaAnselmo López CarreiraQueiroaÁlvaro CunqueiroEncarna AmigoAC-221NarónParsifalMediaWikiJaime de ArmiñánCaso DreyfusFabiola GarcíaMatías Prats LuqueBrad PittContido libreShumi no idenFranciaFelaciónAltos do GolánIraqFernando SarabiaAlcaldes da EstradaGalería de imaxes de flores de GaliciaJake GyllenhaalPrimeira República GalegaBandeira de GaliciaFrida KahloFrancisco Caamaño GonzálezCarballoIsabel MorenoBoimorto, Boimorto, VilamarínPerífrases verbais galegasUNESCOAbrilJosé López CamposTuiOcéano ÍndicoLiga Nacional de Hockey Hielo Femenina 2008-2009Vitoria OgandoCamiño de SantiagoErnesto ValverdeOU-320Anxo AngueiraVox populiNós (revista)Grupo EroskiO PinoCanal de Suez🡆 More